Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
BENITO PÉREZ GALDÓS e EMILIA PARDO BAZÁN |
|
Fotografía de Benito Pérez Galdós. Nado nas Palmas en 1843 e finado en Madríd no ano 1920.Foi novelista,dramaturgo,cronista e político español.Reside en Madríd na casa do seu sobriño José HURTADO DE MENDOZA.
Galdós escapaba dos atosigantes veráns madrileños e ficaba a Santander,onde chega a mercar unha casa na zona do Sardiñeiro,a coñecida como finca de San Quintín,visitada por moitos escritores nos días do verán,en especial polo santanderino JOSÉ MARÍA PEREDA,un bo amigo seu e do carballés ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ,a pesar de ter ideoloxías moi contrarias ámbolos-dous.
Benito Pérez Galdós foi asediado e boicoteado polos sectores máis conservadores da sociedade española,alleos ao seu valor intelectual e literario.Diversos estudiosos,coinciden en que ese sabotaxe dos poderes fácticos,encabezados por unha igrexa tradicionalista e unha dereita política retrógada,débese as súas ideas anticlericales e as súas crenzas políticas republicanas e socialistas. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173124195693/benito-pérez-galdós align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Emilia Pardo Bazán.Condesa de Pardo Bazán(título que lle concedeu no ano 1908 o rei Alfonso XIII,foi unha noble e aristócrata novelista,periodista,ensayista,crítica literaría,poetisa,dramaturga,catedrática e conferenciante.Nada na Coruña en 1851 e finada en Madríd no ano 1921.
Era amiga de Galdós,que foi chamativa a relación que mantivo con Emilia Pardo Bazán,escritora xa consagrada e popular,porque foi unha relación de igual a igual,na que as teorías amorosas de Don Benito as puxo en práctica a súa amante.
Foron uns modernos do século XIX,que caeron en un único convencionalismo:á clandestinidade.
Entre 1888 e 1890 comportiron horas sin ningunha prudencia nin miramentos:"Fixemoslle a mamola ao mundo necio,que prohibe estas cousas; a Moisés,que as prohibe tamén,con igual éxito,a realidade,que nos encadena;a vida que fuxe;a os anxeliños do ceo,que se cren os únicos felices,porque están en el Empíreo con cara de bobos tocando o violín.,Felices,nós,escribiu nunha carta doña Emilia a don Benito. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173124238988/emilia-pardo-bazán align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Emilia Pardo Bazán no Ateneo de Madríd,orando sobre Literatura Contemporanea Francesa.(CADRO DE XAQUÍN VAAMONDE).
Toda a correspondencia de Emilia Pardo Bazán perdeuse. Ou ben a súa filla Blanca(1878),de nome María de las Nieves,finada sin descendencia,deixa a casa familiar de rúa Tabernas nº 11 na Coruña a Real Academia Galega. á queimou ou,según a lenda,destruiuna Carmen Polo en Meirás,o pazo coruñés regalado a Franco por forzosa suscripción popular. O máis probable é que acontecesen ás duas cousas,que a súa filla tivese medo da literatura comprometida e que Carmen Polo se cargase o que atopara nos caixóns.
Emilia Pardo Bazán deixounos duas obras formidables "OS PAZOS DE ULLOA"(1886)e " LA MADRE NATURALEZA"(1887) https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173124276043/emilia-pardo-bazán-no-ateneo-de-madríd align=left vspace=5 hspace=5 border=0>               |
|
|
|
EUGENIO MONTERO RIOS |
|
MONTERO RIOS. Nado en SANTIAGO en 1832 e finado en Madríd no ano 1914.
Efectivamente,a aportación de Galiza a política centralista foi importante.Poucos países comprenderon o xeito de utilizar os esquemas parlamentarios para desenrolarse.Montero Rios e tantos outros impuxeron un xeito de actividade política,pero sin que eso signifique ningún beneficio profundo para o país de orixe. Os gobernadores e ministros galegos,como os non galegos,facián unha política centralista,que é cousa moi diferente de apoiar ou defender certos aspectos da vida rexional. Dentro da política centralista estaba a loita parlamentaria,o caciquismo electoral,el compadreo político e outras formas,e MONTERO RIOS,por exemplo foi un extraordinario mestre en todo iso.
Eugenio Montero Rios e Alfredo Brañas Menéndez,foron destacados protagonistas da vida política do século XIX,pero sin dúbida algunha con miras diferentes. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173103676603/eugenio-montero-rios align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
HOTEL SUIZA EN SANTIAGO: Primeiro estuvo ubicado na rúa da Conga e logo pasou ao nº 18 da rúa Cardenal Payá,tocando ca plaza de Mazarelos,alzase un edificio modernista de tres plantas.Na foto orixinal do que foi nalgún tempo o Hotel Suizo,refinado,pero sin derroche de lujos.Inaugurado como tal en 1904,de 36 habitacións.
En 1913 Montero Rios,presidiu no Hotel Suiza o banquete da inauguración da Escola de Veterinaria do Horreo,hoxe reconvertida en Sede do Parlamento de Galiza.No exterior unha placa recorda que Ernest Hemingway foi o hóspede máis ilustre que definia a Santiago como á máis fermosa do mundo. Rendiulle homenaxe a cidade do Apostol,pollendolle o nome de Santiago ao protagonista do libro "EL VIEJO Y EL MAR ". https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173103745073/hotel-suiza align=left vspace=5 hspace=5 border=0>      |
|
|
|
CASA Nº 81 DA RÚA DA SAÚDE |
|
Casa nº 81 da rúa da saúde de Carballo onde naceu Xesús San Luís Romero,e fora zapateiro,logo de marchar para Cuba,e seu pai deixar a zapatería,o dono da casa Ruperto Navaza arrendoulla aos irmáns Alvaro para barberia e peluqueria.(que se ollean na foto un deles na porta),a mediados do século XX. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173072154268/casa-onde-naceo-xesús-san-luís-romero align=left vspace=5 hspace=5 border=0>  |
|
|
|
CASA NATAL DE XESÚS SAN LUÍS ROMERO |
|
Doble fotografía da casa natal do poeta de Carballo Xesús San Luís Romero,a foto superior representa a casa ao día de hoxe, á inferior como era a casa a finales do século XIX,e principios do XX.
A casa pertencia ao carballés Ruperto Navaza Blanco,e estaba numerada con nº 81 da rúa da Saúde.Ao seu carón facendo esquina habia outra casa,que tamén daba a rúa Fomento(que no século XX habia un bar chamado O Barracón),e na súa casa natal habia unha barbería ( A de Alvaro):Que son ás portas que ollamos nas dúas fotos. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173038989438/casa-natal-de-xesús-san-luís-romero align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Ruperto Navaza Blanco fixo documento de venta o 1 de xulio de 1991 da casa nº 81 da rúa da saúde,onde nacera e fora zapateiro Xesús San Luís Romero aos compradores José Viña García e Sofía Ramos González.
--------DOCUMENTO DE VENTA ORIXINAL----------- -----------------------------------------------
UNA CASA DE PLANTA BAJA,SEÑALADA CON EL NÚMERO OCHENTA Y UNO,EN LA CALLE DE LA SALUD,HOY COMPUESTA DE BAJO UN PISO Y DOS BUHARDILLAS Y SEÑALADA CON NÚMERO DOS DE LA CITADA CALLE DE LA SALUD,TIENE UNA SUPERFICIE DE SESENTA METROS CUADRADOS.etc.....
Xa teño a aceptación dos propietarios para deixar colocar unha placa en homenaxe a Xesús San Luís Romero na fachada da casa e o compromiso do Alcalde de Carballo para levalo a cabo.     |
|
|
|
JOSÉ MARÍA FENOLLERA E IBAÑEZ |
|
José María Fenollera e Ibañez,nado en Valencia en 1851 e finado en Santiago no ano 1918,coñecido polos retratos(Alfredo Brañas,Montero Rios,José Carvajal e Cardenal Payá).
Alrededor de 1887,sín que se sepa a causa instalase en Santiago de Compostela de onde xa non sairia. Como catedrático da Escola de Bellas Artes de esta cidade,contacta coa incipiente intelectualidade galega e coa oligarquía de tendencias rexionalistas coas que Fenollera chega a identificarse,ainda que se ignora a súa tendencia ideoloxica.
Retrata entre otros a ALFREDO BRAÑAS,EUGENIO MONTERO RIOS,CARDENAL PAYÁ,JUAN BARCIA CABALLERO,ARQUITECTO PEREIRO CAEIRO,CONSUELO VELÓN GONZÁLEZ-PARDO(que era a súa esposa),un cadro desaparecido de ROSALÍA DE CASTRO,ainda que se conserva o bosquexo. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173003156598/josé-maría-fenollera-ibañez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Fotografía da dona do pintor CONSUELO VELÓN GONZÁLEZ-PARDO,formaba parte da aristocracia gallega en Santiago de Compostela,casou co pintor JOSÉ MARÍA FENOLLERA no ano 1890. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173003220183/consuelo-velón-gonzález-pardo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Edificio na foto,onde viviu e tuvo o seu estudio de traballo o pintor JOSÉ MARÍA FENOLLERA E IBAÑEZ,ubicado na Rúa do Villar nº 54,onde está ubicada a Sede Empresarial de Santiago de Compostela. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173003275963/sede-empresarial-na-rúa-do-villar-54 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Retrato de José María Fenollera chamado " A FILANDEIRA ". https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173003331738/retrato-dunha-filandeira-de-fenollera align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
José María Fenollera,convirtise nun solicitado retratista da sociedade compostelana de fín de século e recibe encargos oficiales tan importantes como como OS FRESCOS DO TECHO DO PARANINFO da Universidade de Santiago de Compostela,conservados ainda hoxe. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173003383258/boceto-do-paraninfo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>     |
|
|
|
CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS-(documentos do LEGADO) |
|
Unha vez resolto mediante compromiso o preito da Capitanía,todo un éxito para as forzas vivas da Coruña. BRAÑAS convida a Alsina,un catalanista tradicionalista,a dar unhas conferencias para que difunda as Bases de Manresa,pero o acto é un fracaso de público en Santiago e só ten unha acollida aceptable en Pontevedra,grazas ó apoio do conservador González Besada. Pero o discurso que pronuncia Brañas nesta ocasión indica que non cedía un ápice das posturas expostas un ano antes na Universidade,co que o compromiso cos rexionalistas liberais seguía a ser imposible. De feito,os brañistas composteláns inician un dobre movemento que os irá afastando do rexionalismo:no eido ideolóxico e propagandistico,achéganse cada vez máis ó carlismo e ó socialcatolicismo;e na política local,estreitan as súas relacións cos conservadores,ata o punto de que estes lle ofrecen por segunda vez unha acta de deputado a Brañas,quen finalmente non acepta. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172969093953/casa-natal-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Dous feitos contribúen a pechar definitivamene este capítulo da historia do galeguismo: a morte de Tarrio,con quen desaparece o maior activista do grupo de Brañas,e o translado de MURGUÍA á Coruña.Isto non só acentúa a decadencia do rexionalismo en Santiago,senón que focaliza territorialmente a confrontación ideolóxica.Brañas segue escribindo e dando conferencias que demostran a súa acelerada evolución ideolóxica cara ó carlismo. E xunto con Cabeza de León dedica bastantes enerxías a poñer en pé os instrumentos do emerxente socialcatolicismo na cidade: o ATENEO LEÓN XIII e o CÍRCULO CATÓLICO DE OBREIROS. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172969204363/rúa-coruña align=left vspace=5 hspace=5 border=0>   
Entrementres,o rexionalismo liberal centrado na Coruña fai outro esforzo por revitaliza-lo movemento:a creación da LIGA GALLEGA en 1897 e a posta en marcha do seu voceiro oficioso REVISTA GALLEGA. Un ano despois,Brañas e os seus decidiron imitar os coruñeses fundando o 18 de xuño de 1898 a LIGA GALLEGA de Santiago. A súa primeira xunta directiva estaba presidida polo catedrático do Instituto N. Ríos Rial. Por falta de documentación non coñecémo-la súa nómina de afiliados,pero non debian ser moitos vendo a inactividade case total deste grupo durante a súa brevisima existencia. |
|
|
|
XESÚS SAN LUÍS ROMERO (1) |
|
Xesús San Luís Romero,nado en Carballo,o 9 de setembro do ano 1872 e finado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1966. Foi fillo de zapateiro,logo escritor e político galego.
-- Fillo de Francisco San Luís,que fora zapateiro e seu irmán Ramón foi alcalde de Carballo na Primeira República. Xesús San Luís púxose a traballar como aprendíz de zapateiro; eos vinte anos emigrou á Arxentina no ano 1892. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172964589238/xesús-san-luís-romero-1 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
FOTOGRAFIA DE SAN LUIS ROMERO
---Colaborou no periódico " ECO DE GALICIA " para o que escribiu artigos co pseudonimo (un mozo bergantiñán). No ano 1900 casouse con Manuela Iglesias Sampaio,natural de Lalín,e no ano 1902 retorna a Galiza e establecerse como zapateiro en Santiago de Compostela. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172964682098/xesús-san-luís-romero-2 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
SAN LUÍS ROMERO,compuxo moitas obras dramáticas,algunhas das cales atacaban os abusos do poder dos caciques. Esta liña do teatro social,xa fora iniciada por Manuel Lugrís Freire.
O carballés San Luís públicou " O FIDALGO unha obra das mellores de Galiza,estreada no Teatro Principal en xaneiro do ano 1918,e logo " ROSIÑA " estreada en febreiro de 1921.
--Colaborou co ECO de Santiago,onde tamén foi colaborador ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172964745933/xesús-san-luís-romero-3 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>       |
|
|
|
MANUEL LUGRÍS FREIRE |
|
Manuel Lugrís Freire ,nado en Sada no ano 1863 e finado na Coruña en 1940,foi escritor e activista galleguista,pertencia ás Irmandades da Fala. Cando tiña 20 anos emigrou a Cuba,onde colaborou co periódico " ECO DE GALICIA" da Habana de Waldo Álvarez Insua,formando parte tamén do Centro Gallego dende 1884.
En segundas nupcias casouse coa pianista Purificación Gonzalez e tiveron o famoso pintor Urbano Lugrís Gonzalez. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172958604623/manuel-lugrís-freire align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Fotografia de MANUEL LUGRÍS FREIRE e a súa dona CONCEPCIÓN ORTA IGLESIAS (cubana),que finou aos tres anos de estar en Galicia.
En 1896 regresou a Galiza acompañado da súa primeira esposa a cubana Concepción Orta Iglesias,e foi cando se relaciona cos rexionalistas galegos,tomando parte en todas ás actividades galleguistas do momento como "A COVA CELTICA",xunto con Murguía,Pondal,Brañas e outros.
En 1897 entrou na directiva "DA LIGA GALEGA" na Coruña presidida por Salvador Golpe. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172958692448/manuel-lugrís-freire-e-a-súa-dona align=left vspace=5 hspace=5 border=0>  
---------- LIGA GALLEGA---------------------
A " Liga Gallega" que profesa o máis sincero e nobre afecto a Galicia.--a terra dos inxuriosos esquecimentos e das burlas máis crueis e máis sanguentas--- quere para ela unha comprida e vizosa existencia de seu,que lle permita o desenvolvimento de tódalas súas forzas efeitivas e desencolle-las atrofiada iniciativas dos seus laboriosos fillos. Desexa sin tutelas impostas por un Estado que descoñece por completo a misión que lle está encomendada,impulsa-la agricultura,desenvolve-las industrias e dar libertade certa ás súas áreas liberais. Pretende con xusticia que a súa fala non quede no estancamento,que os seus escritores e poetas teñan no mundo intelectual a consideración á que teñen dereito sin disputa as súas conceicións maravillosas e sublimes,e que os seus artistas aseguren,sen traspasa-las súas naturais fronteiras da Rexión,un nome e unha fortuna. De ningún xeito se conforma coa escravitude malamente disimulada por un corpo de leis sutís e capciosas que supoñen unha falsa independencia na que vive o labrador dos nosos campos,a modo de servo da edade media,para o que ningún sol quenta,nin día ningún lle alborexa con tonos de brilladora lus.     |
|
|
|
CENTRO GALLEGO DA HABANA |
|
WALDO ÁLVAREZ INSUA ( O QUE QUEREMOS OS REXIONALISTAS) ----Imponse a necesidade de crarexar conceitos,ordear principios,esvaecer erros e probar aos que nos condenan,sin nos coñecer,que temos un dereito perfeito,completo absoluto,que non admite ningún linaxe de dubidas,para reivindicar o que nos pertence,aquilo que formou a nosa fisonomía durante moitas centurias.
Un dos nosos primeiros rexionalistas, o douto catedrático de Dereito da Universidade de Santiago,señor don ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ,no seu notable libro O REXIONALISMO,declara:"que é indispensable a existencia dunha Xunta central ou directiva,encarregada de representar os intereses morais e materiais das diferentes rexións españolas,na loita pacifica e legal que se intente contra o actual sistema de organización política e administrativa.
O programa é conciso e breve; guerra ao CUNEIRISMO, a eses diputados que ninguén coñece nos distritos nos que son proclamados.
O Centro Gallego da Habana(nas fotos superiores),no ano 1881 crea unha costume que mais tarde sería imitada polas máis prestixiosas Asociacións de todo o mundo ,a creación de Socios e Directivos de Honor e de Merito para ás persoas que contribuíran de forma moi destacada ao desenrolo cultural,económico e demais beneficios para os membros do Centro Gallego.
De este xeito,recoñecese o merito no ano 1881 de ROSALÍA DE CASTRO,en 1887 de EMILIA PARDO BAZÁN e de MANUEL MURGUÍA,en 1889 de WALDO ÁLVAREZ INSUA(o seu creador),en 1890 ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ,e en 1895 a MANUEL CURROS ENRÍQUEZ,en 1906 a ADELARDO NOVO,en 1907 a JOSÉ CASTRO CHAME, e en 1908 a ALFREDO NAN ÁLVAREZ,seguindo esa costume en anos posteriores.
A importancia do Centro Gallego na cultura cubana tuvo un lugar destacado dende finales do século XIX.      |
|
|
|
WALDO ÁLVAREZ INSUA |
|
Waldo Álvarez Insua,nado na Estrada en 1859,con catorce anos colaborou co diario HERALDO GALLEGO,que dirixia en Ourense Valentín Lamas Carvajal.
Os seus artículos máis comprometidos viron a luz no periódico compostelán GACETA DE GALICIA,onde denunciaba o sistema político da Restauración.
Chegou a Cuba en 1877,onde fundou o ECO de Galicia na Habana en 1878. Dende as páxinas do ECO propuxo en 1879 a fundación do "ATENEO GALLEGO" esto foi considerado á primeira pedra do que ese ano seria o "CENTRO GALLEGO DA HABANA". Remata a carreira de Leis na Habana que comenzara en Santiago.
Tras a voladura do barco MAINE,regresou a España ( A Coruña ).
Dende ás páxinas do EL ECO de Galicia, Waldo Álvarez emprendeu varias campañas na defensa da colonia gallega en 1879,criticando a intención dos facendeiros cubanos de substituir a man de obra escrava por inmigrantes galegos.
Ao longo da súa vida tuvo estreita relación periodistica con MURGUÍA,LUGRÍS FREIRE e ALFREDO BRAÑAS,finando en Madríd onde residia no ano 1938.
ALFREDO BRAÑAS tuvo contactos en Cuba co periódico EL ECO de GALICIA (LA HABANA) e co seu homónimo de Bos Aires. Tendo colaboracións con diversas temáticas,dende critica-literaria,asuntos,académicos,xuridicos,políticos,económicos,históricos,relixiosos..,mais sempre como referencia fundamental a defensa dos intereses de Galicia. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172925765468/waldo-álvarez-insua align=left vspace=5 hspace=5 border=0>     
¿Qué precuramos os rexionalistas? Ben o saben todos cantos afectan desdén cara nós e non queren tomarse o traballo de lér o que escribimos. Buscamos moderación nos impostos contributivos,verdade nos repartos veciñais; respeto á propiedade rural,a esa propiedade que,estando fóra do radio das cidades,cae enteira baixo a infame xurisdicción do cacique de aldea,monstro mitolóxico que ficou entre nós,sin dúbida,como unha proba do paso dos homes helénicos pola nosa terra;seguranza para a vida onde se considera lícito o homicidio por motivos electorais;pudor en cantos exercen cargos militares,municipais,civís,e sacerdotaís,e,ante todo e sobro todo,que cesen esas tutelas cortesás que acican tanto a existencia provincial,que rematará por desaparecer.  |
|
|
|
|
|
|
|
|