Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A HORA FINAL DE ALFREDO BRAÑAS

A Gaceta de Galicia fundada por Manuel Bibiano Fernández Redondo,era o diario máis vello de Compostela,onde Brañas ensaiou diversos xéneros periodísticos; publicou poemas e contos e fixo crítica literaria dos libros dos seus correlixionarios rexionalistas. A Gaceta de Galicia fixo unha descrición detallada do proceso gripal que o levou á morte.O periódico dera conta do primeiro momento no que Brañas se sentiu obrigado a gardar cama,por efecto dunha indisposición xeral,propia da estación que atravesaba.Nas mans do seu médico de cabeceira Xoán Barcia Caballero,mellorou moito,aínda que non dun xeito absoluto,e unha tarde notou un malestar xeral en todo o corpo,un cansazo e unha fatiga,e asi llo anunciou aos compañeiros que aínda non estaba de todo ben,e regresou para a súa casa,para volver ó seu leito,do que xa non se levantaría.Reunidos os doutores que o asistían,empezaron a temer pola súa vida.Comenzou a ser alimentado só con leite,e notábaselle un grande abatemento,moita debilidade de forzas,e,sobre todo bastante delirio.Agravouse tanto a súa doenza nun determinado momento,que tivo que anticipalo viático,dando con isto motivo para que moita xente se decatase de que a situación era moi grave,nun proceso que todo o mundo seguía moi atento en Santiago.
Despois de recibilo viático,aínda se agravou máis o estado de BRAÑAS.Os doutores,xa como recurso derradeiro,acordaron darlle un baño,pero naquel momento non o había,e chovía a cachón,mais non foi óbice para que se buscase noutra parte,saíndo familiares e amigos a procurar aquel baño de zinc que se prescribira facultativamente. Con solícito cuidado fue introducido el paciente en el liquido elemento,que estaba a temperatura adecuada,din os relatores. Ante o temor de que sobreviñese un ataque de colapso,dous médicos tiñan preparada a xiringa,pra lle dar inxeccións de cafeina,mentres outro observaba nas tempas o movemento do sangue.Notouse algunha melloría,a medida que se aplicaban os baños,mais non tardou en se agrava-la situación.O enfermo volveu ser víctima de ataques febrís e a naturaleza vencida polo sufrimento,foi perdendo vizo, ó se face-lo día 21 de enfermedade,data fatal,que os médicos esperaban con medo,todo isto son ás palabras dos relatores da súa morte
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 31-03-2020 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
DISENSIÓNS ENTRE ALFREDO BRAÑAS E MANUEL MURGUÍA

A Revista LA PATRIA GALLEGA,xorde a raíz dos Xogos Florais de 1891,durante os que se presenta en sociedade a ASOCIACIÓN REXIONALISTA GALEGA, que estaba presidida por Manuel Murguía,con ALFREDO BRAÑAS,e SALVADOR CABEZA DE LEÓN como vicepresidentes que ademáis de colaboradores,acompañabanos CURROS ENRIQUEZ,EDUARDO PONDAL,BARCIA CABALLERO,VÁZQUEZ DE MELLA,GALO SALINAS e PAZ NOVOA. Publícase os dias 15 e 30 de cada mes, a partir do 30 de marzo do ano 1891, era bilingue, e constaba de 12 páxinas de texto e de catro de anuncios que serven á vez de contracubertas. Organo de expresión da Asociación Rexionalista Galega,fundada en 1890 e presidida por Murguía. Cesa a publicación desta revista o 15 enero de 1892,despois da publicación de quince números. O número 12 da Revista,dous antes da súa desaparición, que sae en decembro aínda que con data do 15 de novembro,recollendo nas súas páxinas un breve comunicado asinado por Brañas,Cabeza de León e Tarrío,no que anuncian o abandono da redacción. O comunicado dirixido a Murguía como director da revista, di o seguinte: Muy respetable y querido amigo: graves y urgentes ocupaciones nos impiden continuar formando parte de la redacción de la Patria Gallega contra toda nuestra voluntad y buen deseo. Sirvase V. pues,relevarnos de todo compromiso por ahora que mucho se lo agradecerán estos sus amigos y correligionarios que le quieren de veras y son suyos afectisimos.- José Tarrío, Salvador Cabeza de León, ALFREDO BRAÑAS. Santiago 12 de Diciembre de 1891.
Marcharon sen polémica e sen facer ruido,aínda que a Gaceta de Galicia do 27-decembro 1891 comentaba que a disensión era " por no poder resistir los inconvenientes de su director, Murguía.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 29-03-2020 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
PERIÓDICO EL ALCANCE

O periódico e revista EL ALCANCE de Santiago con tirada diaria dende 1892 a 1898. Era un diario Católico,noticiario independiente,telegráfico e defensor dos intereses morais e económicos de Galicia,do que era fundador,dono e director ANTONIO FERNÁNDEZ TAFALL. Alfredo Brañas era colaborador do xornal, e o director Antonio Fernández e os seus amigos decidíron en 1893,adicarlle un número extraordinario,cunha gran portada na primeira páxina na que figuraría o icono de Brañas,enmarcado no seo dunha simboloxia galega.
O xornal El Alcance,reproducia o discurso de Brañas no banquete celebrado en honor dos poetas laureados nos Xogos Frorais de Barcelona. Aparecen nomeados no xornal os seus amigos mais intimos,Xoán Barcia Caballero e Salvador Cabeza de León,ademáis de Manuel Murguía, quen en vez de falar de Brañas,como estaba claro que debia facelo, saíun cunha evocación da xuventude e a esperanza nos novos rexionalistas. A portada do dibuxante Xosé Pena da Revista EL ALCANCE ,realza unhas follas de acanto como adorno, sobre o que se asenta o busto de Alfredo Brañas, nun cartel con cravos que realzan a obra.
Colaboraron con Alfredo Brañas neste diario, Antonio Novoa Velázquez,Enrique Labarta Pose e Barcia Caballero.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-03-2020 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
CENTRO GALEGO DA HABANA ( CUBA )

A obra cumbre de Alfredo Brañas Menéndez "
" O REXIONALISMO " desembarca na Habana. Trás o seu periplo por Bos Aires e Montevideo a obra de Brañas,viaxa a capital de Cuba, para difundir o seu pensamento.
Entrega do libro do Rexionalismo de Brañas,obra traducida o galego fai pouco polo filólogo carballés Antonio Pichel, e co limiar do ex-catedrático e historiador galego que foi presidente da Real Academia Galega entre os anos 2001 e 2009, Xosé Ramón Barreiro Fernández.
A entrega faina o carballes Chisco Ramos Gallego a Directora dos cursos e escola, Mercedes (na foto).

La Habana 26 febreiro 2020
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-03-2020 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
CONCELLO DE RIANXO

Entrega do libro de Alfredo Brañas Menéndez O REXIONALISMO, traducida a obra o galego polo filólogo carballés Antonio Pichel co limiar do ex-catedrático e historiador galego que foi presidente da Real Academia Galega entre os anos 2001 e 2009, Xosé Ramon Barreiro Fernández.
A entrega faiselle a concelleira do Consistorio de Rianxo, Sara Resúa Patiño.

Rianxo 1 marzo 2020
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-03-2020 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
CENTRO GALEGO DA HABANA
Entrega da obra cumbre de Alfredo Brañas Menéndez libro O REXIONALISMO que estaba no castelán antigo do finais do século XIX, e foi traducida o galego polo filólogo Antonio Pichel co limiar do ex-catedrático e historiador galego que foi presidente da Real Academia Galega entre os anos 2001 e 2009, Xosé Ramón Barreiro Fernández.
A entrega failla o carballés Chisco Ramos Gallego,a Secretaria ,Sonia Guerra, da UNIÓN DE SOCIEDADES GALEGAS que se agrupan no antigo CENTRO GALEGO DA HABANA, (que ollamos na foto ).

A Habana 26 febreiro 2020
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-03-2020 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal