Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Francisco Fernández del Riego,nace en Lorenzana(Lugo) en 1913 e morre no ano 2010.Foi escritor,intelectual e político español.

ALFREDO BRAÑAS pronunciou un célebre discurso durante unha homenaxe que recibíu no seu Carballo natal o 9 de marzo de 1890,titulado " A causa do rexionalismo" que está recollido por FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO no seu libro PENSAMENTO GALEGUISTA do século XIX(1983).
O día seguinte noutro discurso durante o Banquete Rexionalista de Santiago,onde tamén se lle rinde homenaxe,afirma:
"...Brindo e dou grazas ó meu querido pobo natal de Carballo que me proporcionou o maior pracer da miña vida,coa súa cariñosa felicitación.
En Carballo,a súa vila natal,dende o mesmo día da publicación do Rexionalismo " recolléronse asinaturas de entusiastas e enviáronse á Universidade Compostelana como recoñecemento. Asimesmo no ano 1900 cando morre Brañas,o Concello carballés sumase a Xunta Pro-Monumento,constituida en Santiago de Compostela,cousa que agradeceu a súa viuva Ramona Casulleras nunha carta.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171598545988/francisco-fernández-del-riego align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (1) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-03-2018 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
JUAN BARCIA CABALLERO ( Terceira parte )
Comenta Juan Barcia que á sazón,outro amigo entrañable e nunca bastante chorado,foí ANTONIO TOLEDO QUINTELA,nado en Somozas(A Coruña) no ano 1854 e finado en Santiago en 1885,foi un teólogo e xornalista galego.Fundou e dirixiu o periódico EL PORVENIR(1875)e logo o LIBREDÓN(1881)o fechar o anterior.Comenta Juan Barcia que morreu nos seus brazos pocos anos despois,tiña conmigo un periódico no que fixemos un sitio para o carballés ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ,que era ó home máis impresionable que coñecín na miña vida:o seu organismo era un manoxo de nervios .O entusiasmo era o estado habitual do seu ánimo;e á haber vivido naqueles tempos sería o máis extravagante dos románticos.Grazas,á súa actividade infatigable e á súa prodixiosa facilidade de acción non pasa a vida en soños,sinón que traduce en obras ás súas múltiples fantasias así é que tan pronto se apodera dunha idea,e sucede esto á cada momento,xa está poñendo por obra.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171587715018/juan-barcia-caballero align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-03-2018 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
JUAN BARCIA CABALLERO ( Segunda parte )
Juan Barcia Caballero( médico,escritor e catedrático),formou parte dunha notable saga de médicos composteláns.
Amigo intimo de ALFREDO BRAÑAS,decia que moito vale o idioma,que o falar a mesma lingua é un lazo fortisimo que une á os homes,como si a igualdade das verbas orixinase a comunicación dos sentementos.Dí Valera falando destas cousas,que fixo máis Camoens pola independencia de Portugal escribindo OS LUSIADAS,que todos os protocolos e diplomáticos xuntos.

Dí Juan Barcia que non hei de lembrar o lazo que ata ao galego á súa terra,e que lle impide ser felíz si non respira o aire embalsamado dos seus pinares e ás súas carballeiras,e non pode deitarse na perfumada alfombra dos seus arroos e ás súas cortiñas,que son fonte da súa soedade. Dí do seu amigo ALFREDO BRAÑAS,que moi xoven,case un neno,inquietos e bullangueiros os ollos,saíntes os pomulos,descoloridas as mexillas,retorcendose febrilmente o incipiente bigote e coa súa eterna sonrisa estampada nos beizos,tal era Alfredo Brañas,cando eu o coñecín en Madríd á onde fora co corazón cheo de esperanza e a mente repleta de ilusións. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171587043088/juan-barcia-caballeromédicoescritorcatedrático align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-03-2018 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
ANTONIO LÓPEZ FERREIRO
Antonio López Ferreiro foi colaborador de Alfredo Brañas Menéndez cando dirixia o periódico de Santiago de Compostela " EL PORVENIR" . Naceu en Santiago no ano 1837 e finou en Vedra en 1910.
Foí escritor e historiador. A Real Academia Gallega adicoulle o Días das Letras Galegas no ano 1978.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171561710838/antonio-lópez-ferreiro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

PLACA DE ANTONIO LÓPEZ FERREIRO NA SÚA CASA NATAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,NA PRAZA DA UNIVERSIDADE (enfrente da Facultade de Geografía e Historia). https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171561858633/placa-na-casa-natal-de-antonio-lópez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-03-2018 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
EL PERIODICO " EL PORVENIR "
O PORVENIR ,foí un periódico galego editado en Santiago de Compostela entre os anos 1875 e 1882.
Foí un periódico católico que nace para contrarrestrar a influencia do "Diario de Santiago" e convertese no órgano do Cardeal Payá.Fundado por Antonio Toledo Quintela e Juan Barcia Caballero,o seu primeiro director,foí Andrés Rey Varela,a quen substituiu en maio de 1876 Antonio Toledo Quintela e a partir de 1881 Alfredo Brañas Menéndez. Foron redactores seus Santiago López Mosquera e Emilio Villelga Rodríguez. Colaboradores Antonio López Ferreiro e Emilia Parda Bazán. Desapareceu a consecuencia das multas que lle impuxo o Alcalde. Logo foí substituido polo "LIBREDÓN".https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171560576453/el-periodico-el-porvenir align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-03-2018 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
PATRICIA MAÑANA BORRAZÁS
PERSONAXES COLABORADORES DA REIVINDICACIÓN DA CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS.

Patricia Mañana Borrazás,arqueóloga con maís de 15 anos de experiencia en rexistros de elementos patrimoniais,excavacions arqueóloxicas,estudios de impacto,seguementos arqueóloxicos etc. Licenciouse en Historia no ano 1997. Gran parte do seu traballo desenrolo no seo da Universidade de Compostela e no CSIC,estando nos últimos anos vinculada ao Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (Consello Superior de Investigación Cientifica). Patricia Mañana Borrazás é natural da parroquia de Vilela do Concello de Carballo,residindo ao día de hoxe en Santiago de Compostela. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171521761163/patricia-mañana-borrazás align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 04-03-2018 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
FILOMENA DATO MURUAIS (BRAÑAS MIEMBRO DE XURADO)
Filomena Dato Muruais naceu en Ourense en 1856 e finou en Moruxo(Bergondo) en 1926.Enterrada nese cemiterio ainda que non se coñece a ubicación do sartego por reformas no mesmo.
A súa obra " FOLLATOS " é o texto que lle deu sona. Nos " XOGOS FLORAIS DE TUI "en 1891 premiáronna cun " Alfilenete de turquesas e brilantes" pola poesia " O GAITEIRO DE XIXÓN".O xurado formabanno Manuel Murguía,Salvador Cabeza de León e ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ.Foí unha dos cinco poetas premiados nese certáme.
Foí unha ferviente feminista en concordia con Rosalía de Castro,que son as mellores representantes da lirica feminista do século XIX. Coetaneas súas eran Sofía Casanova e Emilia Pardo Bazán. Entre os seus admiradores está Alejandro Pérez Lugín,que aproveitou en 1912 unha das súas estadías na Coruña para entrevistar na casona de Filomena á tenra poetisa das Mariñas. ¿Por qué non se ven ustede a Madríd? Alí se defenderia vostede mellor,,aconselloulle Alejandro Pérez Lugín.Pero ela contestou cun dos seus tenros cantares,himno de cariño a esta bendita terra,que puxeron remate a conversa:
TEÑO UNHA CASIÑA BRANCA
N·a Mariña entre loureiros.
Teño paz e teño amor.
Estou vivindo n·o ceo.
Curiosamente,os mesmos versos que poñen fín a CASA DA TROIA...publicada tres anos despois. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171493829908/filomena-dato-muruais align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-03-2018 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
JUAN VÁZQUEZ DE MELLA Y FANJUL
No ano 1889 publíca ALFREDO BRAÑAS en Barcelona
O REXIONALISMO,no que están presentes as directrices do seu ideario político,onde no seu movemento están incluidos grandes figuras importantes galeguistas,entre os que poderiamos salientar: Murguía,Cabeza de León,Barcia Caballero que xa mencionamos antes e JUAN VÁZQUEZ DE MELLA nado en Cangas de Onís no ano 1861 e finado en Madríd en 1928. Ideólogo do Carlismo,ostentou o título de Conde de Monterroxo.Seu pai era galego de Boimorto.
En Vázquez de Mella os carlistas atoparon o soporte intelectual que deu carácter cientifico ao carlismo. Gran coñecedor dos avatares históricos do século XIX,consideraba a masonería como o motor das revolucións. Por iso batallou unha guerra lexislativa nas Cortes de Madríd para que fora declarada ilegal,facciosa e traidora a Patria. Tanto é así que participou no Congreso antimasónico de Trento en 1896.
ALFREDO BRAÑAS que por veces semella mudar noutros,que é un católico convencido á vez que intelectual galeguista,núcleo dunhas teorías e dunha concepción chamada rexionalismo,debemos considera-la riqueza deste carballés,comprometido coa Terra,coma un dos alicerces máis representativos do que,co tempo,sería o movemento nacionalista. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171488561128/juan-vázquez-de-mella align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-03-2018 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal