Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A PÁXINA DE D. XOSÉ PUMAR GÁNDARA
PARA VALORAR A OBRA DE D. ALFREDO BRAÑAS (1)

Coido que habería que matinar nestas cuestións:

A) A Revolución Francesa aboliu o réximen feudal e promulgou a Declaración dos Dereitos do Home e do Ciudadán. Suprimiu a monarquía e proclamou a república. Estamos nos anos finais do século XVIII. As ideas desta Revolución chegaron a España. Foron acollidas na Constitución do 1812.

B) Gran novidade,pois,a Declaración dos Dereitos do Home.Con isto bótase de menos a declaración dos dereitos dos pobos incluidos nos diversos estados aos que van chegando as ideas da Revolución.

C) En España,Javier de Burgos estableceu a actual división de provincias. Foi no 1833.Algunhas rexións foron monoprovinciais,pero Galiza foi dividida en catro provincias. A idea dominante era que Galiza merecia ser tamén unha única provincia.Isto traería ventaxas económicas.Houbo un movemento militar en Galiza no medio do século XIX porque sentían a Nosa Terra aldraxada polo centralismo. Así temos os Mártires de Carral no 1846.Defendían o provincialismo galego. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171829563043/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-03-2018 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
JUAN VÁZQUEZ DE MELLA Y FANJUL
Juan Vázquez de Mella y Fanjul,político tradicionalista,escritor e filósofo,ideólogo do carlismo,ostentou o título de Conde de Monterroso nado en Cangas de Onís en 1861 e finado en Madríd ano 1928.

Falar de influencias entre ALFREDO BRAÑAS e Juan Vázquez de Mella é un tema complicado. Son case coetáneos,pois o primeiro naceu en 1859 e o segundo en 1861. Ambos-os dous estudiaron Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e,polo tanto compartiron mestres.Ademáis movéronse nos mesmos ambientes composteláns. En 1881,participaron na creación da Academia Cientifica da Xuventude Católica,onde seguíron unidos varios anos,sendo os dous vicepresidentes da mesma.Compartiron tamén aficións periodísticas,que os levaron a dirixir revistas e diarios como EL PORVENIR,no caso de Brañas,e o PENSAMENTO GALAICO,no caso de Mella.

Cando en 1893,o ministro da Guerra,general LÓPEZ DOMÍNGUEZ,quixo trasladar a Capitania General da Coruña a León,atopou enfrente,entre outros,a ALFREDO BRAÑAS,polo que se lle abriu un expediente. Entón Vázquez de Mella,que había sido elexido diputado naquela data,defendeu a Alfredo Brañas no Congreso paralizando as posibles sancións. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171826668318/juan-vázquez-de-mella align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-03-2018 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
AVANCE DAS NEGOCIACIÓNS DO TRASLADO
Avance das negociacións da solicitude do traslado da Fundación Alfredo Brañas a Carballo.

Iº --- O venres día 9 de este mes,tuven reunión no Casino de Carballo,onde se lle propúxo a Dirección do mesmo,facer á solicitude de traslado a nome do Casino,xa que é unha entidade xurídica e é máis factible.
2º--- Fixen un borrador de solicitude e envieillo a o abogado Carlos Puga Trigás para darlle forma xurídica.
3º--- Esta semana teño que concretar unha entrevista co Secretario da Fundación Alfredo Brañas,Don Javier Ruíz de Cortazar Díaz para presentarlle o documento e expresar a opinión da nosa Plataforma.
4º--- A Fundación tén o venres día 23 unha reunión na Sede da Fundación na rúa Ourense nº 11 baixo en Santiago de Compostela onde asistirán os membros do Patroado.

Carballo día 12 de Marzo do ano 2018
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 12-03-2018 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Comentario de Francisco Fernández del Riego sobre ALFREDO BRAÑAS no seu libro "Pensamento Galeguista do Século XIX".

O douto catedrático de Dereito da Universidade de Santiago don Alfredo Brañas,recoméndalle ás Xuntas rexionais a conveniencia de instruir aos nosos campesiños,para que seipan a quen votar e por que votan.
O señor Brañas exténdese noutras consideracións importantes,que debe coñecer a mocedade galega para endereitar os seus pasos polo vieiro da posibble rexeneración,e condena o sistema actual,que nos levará,si non se detén na súa obra desvastadora e perniciosa,ao estado excepcional e de forza que profetiza o insigne Murguía.

Xa o saben os que nos lembran tan só para nos ofender,xa o sabe a mocedade galega,na cal tanto confiamos,e a cuios nobres entusiasmos entregamos a defensa dunha causa tan xusta como santa; non queremos a separación do Estado español,a independencia da nosa terra natal; desexamos a súa felicidade,o seu benestar moral e material,a súa libertade e o dereito a rexir os seus destinos interiores,cumpridos os deberes que a súa misión coas demáis rexións lle impón.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171790302258/francisco-fernández-del-riego align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-03-2018 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
BALDOMERO CORES TRASMONTE
Baldomero Cores nado en Cee en 1929, é un escritor galego,avogado,xornalista,sociólogo e catedrático, xa finado no ano 2014, que tén moita documentación sobre Alfredo Brañas Menéndez. No seu libro " De la América real a la Galicia inventada " nun apartado sobre á emigración titulado (La emigración ostensible y el síndrome migratorio),comenta:

Á emigración é unha característica fundamental dalguhas culturas. ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ,por exemplo,sostén que á emigración é un mal (per se) e un ben (per accidens). É un mal per se,según o gran lider galego,porque acusa un estado político desconcertado y corrompido. E é un ben per accidens porque contribui a estabilizar o proceso económico de Galiza mediante la irrupción de capitales obtidos no extranxeiro. En todo caso,tratase dun dos fenómenos máis visibles e máis fáciles de comprobar dentro dunha cultura que conseguiu facer da emigración un feito cultural. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171764087173/baldomero-cores-trasmonte align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 11-03-2018 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
PIO BAROJA
Fotografía de Pio Baroja y Nessi,escritor da xeneración do 98,naceu en 1872 e finou no ano 1956
Pio Baroja non ocultou totalmente o seu gusto pola acción política. Sentía a mesma febre que sufriron os homes do 98. Según a súa opinión:

O político no comprende o punto de vista do escritor,tamén sucede o revés: o escritor no coñece o punta de vista do político. Son dos puntos distintos e distantes.Pero calquera sabe o que é un diputado cunero,fabricado gubernativamente sin aparecer polo distrito electoral,como é o caso e Pérez Galdós,cando foi elexido diputado por Porto Rico,que xa é decir.

Baroja pudo ser diputado cunero,como o foi Miguel López de Carrizola y de Giles,Marqués de Mochales,cando no mesmo Cambados venceu a ALFREDO BRAÑAS en 1896.De haber gañado ALFREDO BRAÑAS naquela elección,os rumbos de Galiza poideran haber cambiado radicalmente,porque o lider rexionalista sabía cómo comportarse parlamentariamente,gozaba do don da palabra como poucos e tiña moito máis coñecemento de economía e de problemas fiscales que á maioría dos diputados. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171761970753/pio-baroja-y-nessi align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 11-03-2018 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS ( O REXIONALISMO)
En tódalas partes lóitase,trabállase e persíguese unha mesma idea. En España,cataláns e galegos,valencianos,aragoneses e vascos son os que máis se afanan por esta santa e nobre causa,e inda que o rexionalismo se impón polo seu irresistible atractivo,ainda hai quen o profesa co corazón e o nega coa cabeza;porque hai cataláns e galegos que voltan á súa terra,prefieren aos seus,falan a súa linguaxe e choran as súas miserias,pero que quezáis por conveniencia,quezáis por vaidade,defenden o unitarismo e disculpan aos nosos verdugos que procuran a ruina das nosas libertades e o abatimento e escravitude dos nosos pobos.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171719574033/alfredo-brañas-o-rexionalismo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 10-03-2018 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
DISCURSO DE ALFREDO BRAÑAS EN CARBALLO
Alfredo Brañas pronunciou un célebre discurso durante unha homenaxe que recibiu no seu Carballo natal o 9 de marzo do ano 1890,titulado " A causa do rexionalismo",que está recollido por Francisco Fernández del Riego no seu libro Pensamento Galeguista do século XIX(1983).

Pola libertade dos pobos debe sacrificar o home os seus máis caros intereses,que como o gran Cervantes decía: "La libertad es uno de los más preciosos dones que a los hombres dieron los cielos; con ella no pueden igualarse los tesoros que la tierra encierra ni el mar encubre;por la libertad asi como por la honra se puede y debe aventurar la vida;y por el contrario el cautiverio es el mayor mal que puede venir a los hombres".

Pois ben,esa querida libertade perdímola desque o poder centralista nos ten dominados e cautivos das súas petaduras e veleidades,e por eso debemos conquistar en lide aberta os nosos dereitos e as nosas libertades comunais,que son o sagro depósito e o máis rico patrimonio dos estados.

Brindo,pois,pola unión de tódalas rexións españolas,pola valente e simpática Cataluña,pola patriótica Aragón,pola baril e loitadora Basconia,polos honrados pobos de Castela,polas souriles rexións de Andalucia e Extremadura,por Asturias,a nosa irmá xemea,e por esta Galiza adorada,por esta nosa nai que nos abala en berce de flores,e nos dá por alfombra campos de esmeralda e ouro,e por teitume os seus cendais de brétemas ou o morno azul dos seus ceos. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171702388013/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 09-03-2018 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
CELESTINA MENÉNDEZ VILAS

CARTAS A SÚA NAI

( Que apareceu no orixinal dos documentos
do Legado entregado polo sobriño-neto)


" FELICIDADES MAMÁ "

Mañana es vuestro santo,madre mia,
y a mi talento con afán le exijo
que me deje decir como buen hijo
lo que un buen hijo como yo os diría.
Padezco tanto,Dios mio,es tan amarga
la miseria moral con la que lucho
que es muy exigua la palabra mucho
para expresar la pena que me embarga.

Sonrio alguna vez por compromiso
cuando cierra el dolor sus anchos brazos,
mientras tengo,mi madre,hecho pedazos
mi pobre corazón,yerto e indeciso.

Mas voy alguna vez( y esto lo cierto )
a curar y templar la pena mia.
Morir me siento á todos los momentos
pero la vida de mi Dios recibo
y vivo,madre mía,pero vivo

Con un mundo de eternos pensamientos.
¡ Quiera el santo que lleva vuestro nombre
que para bien de Ud., y de mis hermanas,
disipe Dios mis penas soberanas
que sufre un viejo-niño,un niño-hombre
y un gran favor en este día os pido
no me mateis. Oh no,en usted confio,
tengo medio corazón,mitad no es mio,
Dios lo llevó también a un ser querido.

¡ Amor materno,mi primer consuelo,
¡ Amor fraterno. Mi segundo amparo,
y después... Oh después...está bien claro
el amor conyugal es otro cielo.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171686412273/celestina-menéndez-vila align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 09-03-2018 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
ANTOLÍN FARALDO ASOREY
Antolín Faraldo Asorey,nado en Betanzos en 1823 e finado en Granada no ano 1853,foí escritor e periodista, é un dos pais do movemento provincialista galego da primeira mitade do século XIX. Entre febreiro e outubro de 1845 funda e dirixe xunto con José Rúa Figueroa e Antonio Romero Ortiz a revista EL PORVENIR.
O labor de restauración da personalidade de Galicia,no orde político e cultural,encetouse pouco antes de promediar o pasado século. Este empeño de revalorizar as vellas esencias peculiarizadoras do pais protagonizárono varios escritores románticos,aos que se deu en chamar os primeiros Precursores. A figura máis caracterizada de entre eles foi a de Antolín Faraldo,quen formulou as bases do movemento coñecido co nome de "provincialismo". Ao ir esmorecendo esta corrente,a partir do fracasado da Revolución do 1846,desaparece despois do levantamento de Solís,que tuvo como consecuencia o fusilamento coñecido como "os mártires de Carrál", produciuse un estancamento no proceso galeguizador. Noustante,andando o tempo,comezou a se abrir un novo camiño:O que,deliñado por ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ e Manuel Murguía ,recibiu a denominación de " rexionalismo".
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171633114103/antolín-faraldo-asorey align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (1) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 07-03-2018 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal