Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

REVISTA HUMORISTICA (PERIÓDICO REXIONALISTA)
GALICIA HUMORISTICA foí considerado un periódico rexionalista publicado en Santiago de Compostela no ano 1888,era de tirada quincenal.Entre os seus colaboradores estaba Alfredo Brañas,este diario tuvo unha vida corta,foi fundado por Enrique Labarta Pose(Baio 1863-1925).

AIRE GALLEGO

Composto expresamente para a revista GALICIA HUMORISTICA,por Alfredo Brañas e adicado as súas lectoras.

Letra : de Brañas ------Música de M. Chaves

--- Rapaciña d´o lugar
--- Vinde á beilar n´o rueiro
--- Porque empezou xa o gaiteiro
--- N´a gaita á repicar
--- Vinde xá
--- vinde pois,
--- Qu´o fandango
--- Xa empezou.
--- C´o ese dengue,Maruxiña
--- Y-eses adregzos brilantes
--- Os rapaces borreantes,
--- beilarán contigo axiña.
--- Anda nena
--- ven acó
--- que xa empeza
--- ó folión.
--- Non me mires c´o eses ollos,
--- qu´e as miradas churrusqueiras
--- levan ó amor ás carreiras
--- d´as almas hastr´os refollos.
--- Non me mires,
--- non ,por Dios,
--- que relouco
--- c´o á calorhttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172038298783/revista-humoristica align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-03-2018 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS EN CAMBADOS(fillo adoptivo)
(Copia literal de la fotocopia del original del ayuntamiento de Cambados 0738990. Cincuenta y cinco).

31 de agosto de 1890. Nombramiento de Alfredo Brañas como hijo adoptivo de Cambados.

-----HIJO ADOPTIVO

---La Corporación acuerda por unanimidad nombrar hijo adoptivo a D.Alfredo Brañas Menéndez,catedrático de la Facultad de Derecho de la Universidad de Santiago,como testímonio de gratitud al loable y generoso interés que demuestra por todo lo que afectar pueda a la prosperidad de esta comarca; como un recuerdo a la memoria de su buen hacer en los primeros años de su juventud que pasó en esta localidad,como sincera prueba del cariño y afecto general aprecio que por los todos los hijos de este pueblo se le profesa y a los que le unen eternos lazos de la mas ardiente amistad.

---Con lo cual se levanta la sesión que firman los Sres. del Ayuntamiento al que yo secretario certifico. (siguen firmas de Lorenzo Fraga,Alcalde,Manuel Silva Louro,Antonio Asorey Rey,José Mª Doval Prego,Andrés Montes Fernández,Alberto Vázquez Chantada,Antonio y Juan García López.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172033691723/plaza-de-alfredo-brañas-en-cambados align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-03-2018 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ ( FALANDO GALEGO)
Alfredo Brañas pronunciou un fermoso discurso en homenaxe a Rosalía de Castro o 30 de maio do ano 1899 no Ateneo León XIII situado no Pazo de Amarante na rúa da Algalia de Abaixo en Santiago de Compostela.

--- Vai á facer axiña uns dez anos,pouco mais o menos que por ves primeira faley na lengoa rexional. Foy nós XOGOS FRORALES DE TUY no ano 1891 e relémbrome que nín o meu discurso nin todo canto alí se dixo e leeu,causou extrañeza nin dou motivo á menor queixa.
Digo que non causou extrañeza,porque d´aquela era cousa nova que se celebrase unha festa literaría tod´ela en galego,d´arriba en baixo,de pés á cabeza: e porque ben poidera haber socedido que,non estando afeitos a estas novidades,moitos creerían que era negocio de labregos falar no idioma da terra natal. Non se chegou á eso e moito laudamos todos,por honra e prestixio de noso nome.

Duas cousas teñen,pol´o qu´eu cavilo,en poca usanza a fala dos nosos pais:esto é: o costume que adquirimos de falar sempre en castellano os gallegos,uns con outros,e non ouir mas lenguaxe que o vicioso,imperfeuto e anti-prosódico que decote falan os xentes do vulgo. A proba de qu´a lengua rexional encanta á viciños e forasteiros é que cando leemos versos dos nosos grandes poétas,destonces todo se volven alabanza,excramacións e aprausos,como si o falar en verso non fora o mesmo que facelo en prosa.Non se quere caer na conta de que en toda as lengoas de mundo hay que destenguer a fala d´os señores da fala dos indoutos,a fala culta da xerga d´o pobo.

Hoxe non podia ser d´outra maneira,levantarse a louvar a Rosalía Castro,ó reiseñor gallego,á fada dos nosos campos,á pomba docisima que nos arrola coa máxica euritmia d´a sua lirica.

NO PRESENTE TRABALLO RESPETOUSE A ORTOGRAFÍA DOS TEXTOS RECOPILADOS PARA DARLLE O MESMO CARÁCTER DE ORIXINALIDADE PRETENDIDO. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172027680758/alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-03-2018 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
AURELIANO JOSÉ PEREIRA DE LA RIVA
Aureliano José Pereira,foi escritor,poeta
periodista e político.Nado en Lugo no ano 1855 e finado en Madríd no 1906.Foi director do periódico
" EL REGIONAL DE LUGO " (1888).

NO REXIONALISMO HABIA TRES TENDENCIAS CLARAS

1º --- O REXIONALISMO LIBERAL-representado pola
figura de Manuel Murguía.
2º --- O REXIONALISMO TRADICIONAL-simbolizado
pola figura de Alfredo Brañas.
3º --- O REXIONALISMO FEDERALISTA- representado
polo personaxe que temos na foto Aureliano José Pereira de la Riva.

A terceira etapa,despois do provincialismo e rexionalismo,sera a NACIONALISTA que arranca en 1916 co nacemento das Irmandades da Fala a que terá a Castelao como referencia.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172027179608/aureliano-josé-pereira-de-la-riva align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-03-2018 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA DE CASTRO E ALFREDO BRAÑAS
ALFREDO BRAÑAS,tiña un gran coñecemento da cultura galega do seu tempo,tendo unha especial predilección por ROSALÍA DE CASTRO,sendo un dos organizadores do traslado dos seus restos mortais dende o cemiterio de Santa María da Adina(Padrón) a Santiago o 25 de maio de 1891.

Na " PATRIA GALLEGA " número 5 ofreceulle un poema a Rosalía.

Á boa memoria de dona Rosalía Castro de Murguía

-- Desde que ó pé dos olivos
de Adina enterrar che vín
eu non sei por que me lembro
da miña patria infelís.....

-- Tí na cova,ela esquencida
de todos, ¡ triste de mín !,
¡ Cantándoche os teus cantares
choro por ela......e por tí..!
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172004480078/rosalía-de-castro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-03-2018 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
LA REGIÓN DE BRAÑAS
A rexión, para Brañas, é a sociedade perfecta-onde o home acada a súa plenitude social,política e humana,porque en ese horizonte político ve satisfeitas todas as súas aspiracións.
É o terceiro círculo da organización social do home,tras a familia e o municipio,a rexión é a agrupación de familias e municipios ou comunidades ligadas por certos lazos naturais e que gozan dunha existencia social autónoma dentro dos Estados independentes.

España chegou a ser a realidade que ollamos,fundamentalmente,polo que han suposto e aportáron cada unha das rexións a súa constitución e desenrolo. Sin ás rexións,España sería outra realidade moi distinta e quizais case incomprensible.

Brañas non está satisfeito coa situación de España do seu tempo,moitas veces a súa pluma reproba a unha sociedade demasiado rural,atrasada,culturalmente plana,onde a pobreza material e moral están presentes sempre. Pero non cae no desencanto que paraliza a mente,ou o que é peor,leva a ollar a realidade con ollos desencantados que só ven miseria,podredumbre e que sumerge nun lamento estéril que leva a renunciar a todo intento de mellorar.

Alfredo Brañas anima a voltar as raices que fixeron grandes aos españoles,as rexions e a Europa. Ese camiño é reivindicar o excelente e bo que se fixo.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171992914813/la-región align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-03-2018 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
EL LIBREDON (Periódico Conservador Carlista)
(Copia del orixinal cedido pola Biblioteca do Instituto Padre Sarmiento de Santiago)

NOTAS EN PRENSA

EL LIBREDON
PERIÓDICO CATÓLICO
Santiago,14 de Febrero de 1885

(En el periódico de este día en el apartado de Sección Local,leemos:
" Hoy ha contraido matrimonio en la iglesia parroquial de San Benito,nuestro querido e ilustrado compañero de redacción D. Alfredo Brañas Menéndez con la señorita doña Ramona Casulleras.

" DESEAMOS A LOS NOVIOS LA MAYOR FELICIDAD"

______________________________________________

(Copia del original cedido por la Biblioteca del Instituto Padre Sarmiento de Santiago)

NOTAS EN PRENSA

EL LIBREDON
Periódico Católico
Santiago,16 de Febrero de 1885

En el apartado de Sección Local,se lee:
" En el tren de la tarde del sabado salió para Villagarcía nuestro querido amigo y compañero el Sr Alfredo Brañas con su señora.

_______________________________________________
ESTE PERIÓDICO FOI DIRIXIDO POR ALFREDO BRAÑAS DENDE O ANO 1985 A 1987.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171991218963/el-libredón align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-03-2018 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
PAPA LEÓN XIII
Fotografía do Papa León XIII,que foi pontifice entre os anos 1878 e 1903.Coñecido como o papa economista.

A concepción do asociacionismo en Brañas resulta en liñas xerais coincidente coa expresada na Rerum Novarum de LEON XIII(1891),da que Brañas é un dos primeiros divulgadores e nalgúns aspectos precedente en Galiza. En síntese,Brañas propugna un asociacionismo artellado a partir dos seguintes principios:

Gremialismo.-ou recuperación do espíritu dos antigos gremios,en concordancia coa desautorización de toda a herdanza da Revolución Francesa e da doutrina económica liberal.

Corporativismo.- definido pola convivencia de patróns e obreiros na percura dunha harmonización dos intereses que opoñer á conflitividade entre clases.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171970476583/papa-león-xiii align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-03-2018 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
CARDENAL PAYÁ RICO
Fotografía do Cardenal Payá Rico do cal Alfredo Brañas identificabase en liñas xerais coas corrientes conciliares reformistas impulsadas polo Papa Leon XIII dende Roma e o Cardenal Payá dende Santiago e Toledo,incurre no erro,suficientemente resaltado,de esaxerar a relación de dependencia do dereito e a moral.
O extenso legado intelectual de Alfredo Brañas mantuvo desperto o interés por unhas ideas que pese a súa indiscutible coherencia e congruencia,continúan sendo cen anos despois da súa formación obxeto de análisis e interpretación non exenta de controversia.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171964131648/cardenal-payá-rico align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-03-2018 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA
De 1888 a 1892 Brañas colabora en moitos xornais e revistas de Galicia,Madrid,Barcelona e da emigración de Cuba e Arxentina.Nalgunhas publicacións con máis asiduidade e noutras esporadicamente.
El Regional (1884,federalista,radical,sucesor de El Diario de Lugo),de Aureliano José Pereira,e La Región Gallega(1886,Santiago,liberal),que dirixia Manuel Murguía.

Colara activamente tamén BRAÑAS coa Academia e a Revista de la Juventud Católica de Santiago(o primeiro número da publicación data de febreiro de 1886,aínda que a institución funcionaba desde 1884),xuntamente con Barcia Caballero,Vázquez de Mella,Enrique Labarta Pose,Salvador Cabeza de León,Ramón María del Valle-Inclán,AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA(Na fotografía,nado 1865 e finado 1919;abogado,politico,ministro de Facenda e Fomento de Alfonso XIII),e outros mozos ós que animaba e apoiaba o CARDEAL PAYÁ(que rexeu oi Arcebispado de Santiago entre 1875 a 1886).

O Cardeal Payá promoveu as obras de escavación no interior da Catedral que propiciaron os restos humanos que a bula de 1884 do Papa León XIII recoñeceu como auténticos do Apóstolo Santiago o Maior e dos seus discipulos Atanasio e Teodoro,poñendo fín desde o catolicismo ás distintas atribucións sobre tales enterramentos.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171961181213/augusto-gonzález-besada align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-03-2018 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal