Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FERNANDO ROSENDE CANCELA (profesor de Alfredo Brañas)

PROFESORES DE ALFREDO BRAÑAS NA CARREIRA DE DEREITO EN SANTIAGO.

FERNANDO ROSENDE CANCELA .-- (1803-1886). Catedrático de Dereito Romano na Universidade de Santiago durante máis de cincuenta anos e Decano da Facultade de Dereito case vinte.
Nado en Pontevedra en 1803 e finado en Santiago no ano 1886.
Accede á cátedra de Dereito Romano,na Universidade de Santiago de Compostela o 6 de xuño de 1830,tomando posesión da mesma do día 30.
Foi profesor de Dereito Romano de Alfredo Brañas sobre os anos 1875.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172351804868/catedráticos-de-derecho align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

JOSÉ LÓPEZ ROMERO

Catedrático de Dereito Canónico na Universidade de Santiago y de Teoría y práctica dos procedementos xudiciales e práctica forense e de Dereito Procesal civil,penal,canónico e administrativo da Universidade de Sevilla.
O 1 de outubro de 1867 foi nomeado catedrático numerario de Dereito Canónico de la Facultade de Dereito da Universidade de Santiago,tomando posesión o 30 de outubro cun soldo de 1200 escudos.
FOI PROFESOR DE DEREITO CANÓNICO DE ALFREDO BRAÑAS. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172351804868/catedráticos-de-derecho align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 28-03-2018 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
EMILIO VILLELGA RODRÍGUEZ
Emilio Villega Rodríguez nado en Santiago de Compostela en 1846 e finado na mesma cidade no ano 1934,foi sacerdote,teólogo e xornalista galego,colaborando no periódico de Alfredo Brañas
" EL LIBREDÓN "https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172286269763/emilio-villelga-rodríguez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SEGADE CAMPOAMOR
Ramón Segade Campoamor naceu en Santiago de Compostela en 1831 e faleceu no seu domicilio da rúa Laureles nº 13, o 14 de abríl de 1887,so tiña 55 anos.
Relacionado con Manuel Murguía,Rosalía Castro e Emilía Pardo Bazán,era de idoloxia conservadora e rexionalista. Colaborou nos periódicos EL DIARIO GALICIA REVISTA UNIVERSAL DE ESTE REINO,LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA,REVISTA GALAICA e
" EL LIBREDÓN "

Ramón Segade nunha das cartas,pidelle a Murguía que anime a Rosalía a escribir unha novela en galego,xa que consideraba que sería un éxito.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172285464998/esquela-de-ramón-segade-campoamor align=left vspace=5 hspace=5 border=0>https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172285695603/libro-de-rosalía align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS (Análise por Francisco Rodríguez )
Data 24-03-2018


A imaxe e valoración de Brañas e a súa obra distan moito de corresponder ao que foi a súa vida real e o contido e intención da súa obra Alfredo Brañas, un inconformista clarividente.

FRANCISCO RODRÍGUEZ SÁNCHEZ
Doutor en Filoloxia Romanica por Santiago,profesor de lengua e literatura.(político do Bloque)

https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172376741473 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>



A imaxe e valoración de Brañas e a súa obra distan moito de corresponder ao que foi a súa vida real e o contido e intención da súa obra. Abafada pola consideración de ter sido un católico fervente e un tradicionalista impertérrito, ou sexa, un reaccionario, como consecuencia de análises con lentes que agrandaron aspectos reais, pero accidentais, mentres desconsideraron cuestións substanciais, merece unha revisión que nos faga ver o seu inconformismo na práctica e a súa clarividencia na forma de tratar cuestións que aínda hoxe son de grande vixencia. Desde logo, Alfredo Brañas é un elo fundamental no pensamento e na acción da traxectoria do nacionalismo galego, por moito que unha terminoloxía eufemística escureza consideralo así, aínda que empregou o adxectivo nacionalista tamén. Precisamente, e iso é o substancial, non a forma de denominar publicamente o movemento que encabezou e que o tiña por principal teórico e organizador, non dubidaba de a Galiza, como Catalunya, seren nacionalidades ou nacións naturais e teren dereito a decidir con absoluta independencia respecto dos seus problemas. Nunha palabra, era un federalista histórico, xenuíno, que aspiraba a que Galiza, como tal pobo distinto, manifestase a través da vontade política colectiva o seu dereito a gobernarse, en ben das súas clases traballadoras. En lóxica consecuencia, o seu programa económico, facendístico, para Galiza consistía nun concerto (sic) e nun cupo ou achega, que a dotase de soberanía fiscal, ao tempo que formaba parte dun Estado plurinacional. Algo similar á Euskadi de hoxe ou á Nafarroa de onte e hoxe.

Aliás, deixaremos para outra ocasión este aspecto das súas propostas económicas e políticas, a maioría sen amparo posíbel na actual Constitución española, e que son profanación e Vade retro, Satana! para o españolismo na Galiza, e de difícil e custosa asunción polo actual nacionalismo por causa dun certo complexo e covardía para combater a falacia, a ficción, de que non podemos e vivimos de España. Limitémonos por agora a sinalar algunhas das súas posicións públicas, como botón de mostra do seu inconformismo, en cuestións políticas conflitivas que, no contexto finisecular do XIX, axitaron a vida do Estado español. Alfredo Brañas saíu en defensa de Salmerón cando berrou “¡Viva a República!” nunha sesión do Congreso con presenza do Rei, argumentando que non debía ser considerado subversivo, “ni ser penable con arreglo al Código Penal”. Fíxoo nun artigo publicado na Renaixensa o 20 de decembro de 1892, atacando os monárquicos pola súa posición nesta cuestión, malia non comulgar ideoloxicamente nin co político republicano nin co seu partido. Como agora cos políticos cataláns, xustificábase o acoso e a hostilidade contra Salmerón no feito de ter xurado fidelidade e obediencia ao rei lexítimo, e prometido polo seu honor gardar e facer gardar a Constitución da monarquía española. Por todos os medios e argumentos buscábase aplicarlle o Código Penal de entón. Se non era o artigo 273, que castigaba a rebelión ou sedición e a alteración da orde pública, tiña que ser o artigo 182, como castigo dun delito contra a forma de goberno, tal e como defendía Jaime Trabal (La Dinastía, 23, decembro, 1892), intentando descualificar a posición de Brañas. Este consideraba o acto de Salmerón un acto de valor cívico. Causa hilaridade se non fose algo moi actual e triste, comprobar como o matiz que Trabal considera que o fai puníbel é que o seu berro foi contestado con outro ¡Viva! pola minoría republicana. Só se así non for, podería non haber castigo, argumentaba, pois non tería habido infracción da lei, segundo el, se ben entón “no se libraría el Sr. Salmerón de haber incurrido en el mayor de los ridículos” (ibidem). Polo tanto, non había escapatoria, ou feito puníbel ou “gaminerie (infantilismo) impropia de un hombre que tiene pretensiones de político grave”.

Como se ve, a posición de Brañas, ao que se consideraba na prensa madrileña e, sobre todo, na catalá, “distinguido” e “docto” catedrático, preocupaba nos medios monárquicos, do réxime. Tal consideración intelectual chegaba a admiración total nos ambientes catalanistas. Así, foi designado para formar parte do consistorio dos Xogos Florais de 1893, ano en que se celebraba o centenario da súa restauración. Libros seus foron publicados en Catalunya, como El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario. En contraste, o seu rexionalismo era considerado un larvado perigo na Corte de España, como se pode comprobar no comentario a este libro que aparece en La Época (22, xuño, 1892). A participación de Brañas nos Xogos Florais de Barcelona en 1893 foi conflitiva. Bugarda Juliá explica o que considera a verdade do acontecido nun artigo en La Unión Católica (18, maio, 1893), cabreado polo uso que fixeran, segundo el, os xornais progresistas para atacar o prelado de Vich, Josep Morgades i Gili. Recoñece que o xeneral Martínez Campos se sentira molesto no acto de celebración dos Xogos, pero non por causa do discurso de Morgades. A causa foi “por ciertos conceptos, más o menos atrevidos, que vertió el catedrático de Santiago Don Alfredo Brañas, en el discurso de gracias que le estaba encomendado” (ibidem). Martínez Campos manifestou malestar mentres Brañas o lía por causa de análises e propostas que consideraba separatistas ou cantonalistas. A prensa madrileña transferira a irritación de Martínez Campos contra Morgades con afán de atacalo. Un xornal da Corte, El Día (8, maio, 1893) é máis claro. Indicaba que, após o discurso de Brañas, o Xeneral expresou o seu desgosto ao bispo de Vic en relación coas “esaxeracións rexionalistas” que tiña ouvido, reaccionando o público con berros de “¡Viva Catalunya!” contra a inxerencia militar, optando por se retirar Martínez Campos, “visiblemente contrariado”. O xornal opinaba, en contra do criterio doutros colegas madrileños, que non era prudente darlle ao incidente tal alcance e importancia.


Malia a cuestión lingüística ser unha das máis problemáticas de asumir na práctica, non se lle escapou a Brañas a súa importancia. Por exemplo, o 27 de xaneiro de 1900, El Correo Español publicaba o artigo de Brañas “Las lenguas regionales”. Refírese á algarada, especialmente dos progresistas, armada tanto no Congreso como no Senado, por causa da postoral do bispo de Vich, o Sr. Morgades, de quen Brañas se tiña por correlixionario e amigo. A progresía bramou, sobre todo, por o catalán ser denominado na pastoral “lingua” e non “dialecto”, alén de considerar que atentaba contra o uso do castelán. Após aclarar o que se pode entender por dialecto, Brañas constata que hai tres linguas e tres literaturas románicas na Península, castelán, galaico-portugués e catalano-provenzal. E explica que “razones políticas y sociales han dado al castellano carácter oficial, pero no le hicieron expresión única de la nacionalidad o, mejor dicho, del Estado español” (ibidem). E, en consecuencia, conclúe (nesta cuestión si, dentro da actual ortodoxia da Constitución española, tan compensatoria como falsa e idealista; xa vedes, que vella!) que o vasco, o galego e o catalán son “lenguas tan españolas como la castellana” (ibidem), acusando os liberais de querer impor a lingua “como (o Estado) impone los tributos y dicta las leyes con uniformidad avasalladora y criterio igualitario (no sentido de única, igual para todos, aclaramos nós) e injusto” (ibidem).

Co gallo da morte de Alfredo Brañas, a unha idade onde aínda cabía esperar moito del, El Correo Español (28, novembro, 1900) subliña que, por mor duns artigos publicados nese xornal sobre o rexionalismo, nun momento de censura militar, fora denunciado, e procesado, “por los caciques gallegos que lo odiaban ferozmente y que andaban buscando un pretexto para separarle de su cátedra” (ibidem). Nunca foi Brañas un acomodaticio. Era un home de pensamento e, cousa rara nas elites intelectuais, tamén un home de organización e acción. Non sei cal vai ser o plan do concello de Carballo para velar polo coidado e espallamento da parte do legado humano, intelectual e político de Alfredo Brañas que lle foi cedido. Esperamos e desexamos que contribúa a unha valoración máis xusta, equilibrada e verdadeira da súa dimensión en todas as ordes, e especialmente da súa grande contribución para dotar Galiza de c
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
EL PERIÓDICO " EL LIBREDON "
EL LIBREDÓN foi un diario gallego de carácter católico-tradicionalista que se fundou no ano 1881 en Santiago de Compostela. Os seus fundadores foron ANTONIO TOLEDO QUINTELA e ALFREDO BRAÑAS.

Dirixiuno primeiro ANTONIO QUINTELA ata a súa morte en abríl de 1885 e logo ALFREDO BRAÑAS ata o 1 de xaneiro do ano 1887. Durante o tempo que Brañas foi director o periódico sumase a posicións rexionalistas. O derradeiro director foi o tamén carballés HERMENEGILDO CALVELO RABUÑAL,ata que se transformou no PENSAMENTO GALLEGO,xa de carácter claramente carlista.

---Entre os seus colaboradores estiveron JUAN BARCIA CABALLERO, SALVADOR CABEZA DE LEÓN e ANTONIO LÓPEZ FERREIRO.

En maio do ano 1887 desaparece " EL LIBREDÓN" diario católico sucesor do EL PORVENIR ". https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172283817173/el-periódico-el-libredón align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
CONSTANTE AMOR NEVEIRO
Fotografía de Constante Amor Neveiro nado en Ames no ano 1862 e finado en Santiago no ano 1935.
Foi sacerdote,penalista e xornalista galego,e Cóengo da catedral de Santiago,exerciu de párroco na igrexa de Santa María Salomé,ubicada na rúa Nova en Santiago. Ademáis redactor na terceira etapa do periódico EL LIBREDÓN que dirixia Alfredo Brañas Menéndez nese momento.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172282747013/constante-amor-neveiro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
EL PERIÓDICO "EL LIBREDÓN"
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172282095228/el-periodico-el-libredón align=left vspace=5 hspace=5 border=0>


En el número 1574 de fecha Lunes 27 de Abril de 1885, de EL LIBREDON, figura el siguiente articulo:

A NUESTROS LECTORES Y SUSCRITORES

La empresa de este periódico, en vista del triste y nunca bien llorado fallecimiento de su antiguo director D. Antonio Toledo , acordó reorganizar su redacción en forma conveniente, a fin de regularizar la marcha y el buen orden de los trabajos literarios.
Desde esta fecha, pues , queda constituida la redacción de EL LIBREDON de la siguiente manera:
Director: D. Alfredo Brañas
Redactores: D. Constante Amor y D. Hermenegildo Calvelo
Además cuenta este periódico con la ilustrada colaboración de los Sres. Barcia Caballero, Segade Campoamor, López Ferreiro, Villelga Rodríguez y otros distinguidos escritores.
La correspondencia para suscriciones, anuncios y comunicados se dirigirá al señor administrador del periódico.
La demás correspondencia se dirigirá al Director.
No se devolverán los originales que se remitan para su inserción , quedando esta a juicio del Director

Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
VERSOS EN GALEGO DE ALFREDO BRAÑAS
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172271057038/versos-en-galego-de-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

"O Abellón"
(Alfredo Brañas 1.884)
Unha noite de inverno en que eu estaba
nun tallo xunto ó lume e me quentaba
maus e pes, dito seia con perdón,
sintín petar con forza á miña porta,
e coidando houbese algunha liorta,
fun abrir cun fungueiro e cun tizón.

Desfechéi e topéime co fociño
de Alifonso, do fillo de Goriño,
que é por certo un garrido e bon rapás.
Viña calado e feito un churumicas
porque morrera a tía das Furrucas,
que ó amañecer lle dera un paratrás.

Falamos da difunta, que era boa,
e morreu sin caérselle unha moha,
e deixa algúns cartos e un cebón.
Dimpóis que de este xeito parolamos,
dixo moito Alifonso: Agora vamos
a velala esta noite no abellón.

Moitos cicais no seipan causemente
ó que chama abellón a nosa xente
das Rías no país encantador.
Como unha forma abonda para proba,
contaréiche o que vin en Vilanova,
un día do abellón, caro lector.

Tremando co friaxe, eu e Alifonso,
dempóis de marmullar dentro un responso,
botamos a correr hastra abafar,
e chegamos a casa da difunta,
onde estaba a familia toda xunta
con mantelos coberta ó pé do lar.

Crebaba o corazón en cen anacos
ver chorar ás sobriñas, os seus fracos
corpos de bimbia en forma de delor
retorciánse loucos, e os seus berros
semellaban aqueles que os becerros
botan ó ir pra feira no calor.

-¡Adiós tía Sabela!... lle decían
a tempo que na cara as máns batían.
-¡Adiós miña vidiña, adiós meu ben!...
¡Ai, adiós para sempre miña tía!
¡Xa se acabóu a tua romería!...
Xa nunca peixe levarás pro tren!...

-¡Adiós tía Sabela Alvarez Ponte,
Cabuxa de mal nome; inda nantronte
con que noxo botácheme un carai!...
¡Que man te dabas a limpar sardiñas!
¡Xa que fuches de cabo á túas sobriñas,
dalle moitas mamorias a seu pai...!

Pouco a pouco viñeron moi calados
tíos, curmáns, parentes e achegados
e mesmo si fora en procesión...
e nun cuarto que está cerca da morta,
a rempuxóns entraron pola porta
as mociñas e os mozos do abellón.

Sentáronse no chan todos á roda;
o rapaz ca rapaza se acomoda,
cal si fora unha festa a escomenzar,
e por máis que cheirase a tía Sabela,
imprincipióu ás nove a larpadela
dimpóis que se acabara de rezar.

Primeiro unha garrafa de augardente
corréu de man en man, logo unha enchente
de sardiñas salgadas se tomóu;
e no prebe das mesmas... ¡cousa boa!
fixeron sopas con algunha broa
que enriba dos mantés se esnaquizóu.

Os noivos xa picados ca bebida
apertaban a noiva esmorecida
en contra do seu peito con amor,
e alí loitando a xuventú se axunta,
entramentes no cuarto da difunta
¡soio había un silencio aterrador!

Houbo xogos de prendas a barullo
onde tantos manearon o bandullo,
que arrematóu algún por gomitar,
e as nenas xa mareadas da concencia
impúñalles o xogo en penitencia
nas meixelas da morta ir a bicar.

Collidos pola man os concurrentes,
e fungando baixiño e entre os dentes,
foron da morta á triste habitación,
e voltando ó redor da defuntiña,
o vello, a vella, o mozo e a mociña
fungaban como funga un abellón.

¡Pobre de aquel que dese algunha fala
ou de bulir deixase pola sala!...
¡Siñal era de morte non fungar!...
As honras do abellón son tan precisas
como son para os cregos moitas misas
e o gando e o ligón para labrar.

O redor do cadavre da velliña
deron volta os mociños tan axiña,
que o piso emprincipióu a manear,
e co peso quizáis de tanta xente
afundíronse as táboas de repente
e todos a un cortello foron dar.

-¡A de Deus! ¡A de Deus! algúns berraban
que boca abaixo dun puntón colgaban
ou caíran feridos contra o chan.
As rapazas erguíanse doidas
e outras, cas pernas xa medio rompidas,
chamaban polo cura e o sacristán.

Unha vella caía escarranchada
facéndose ó caer unha esmechada
no curuto da testa, e o mirar
que mesmo polo aire enriba dela
viña con caixa e tapa a tía Sabela,
quedóu morta no sitio sin falar.



Un mozo dende arriba caiu en baixo
envolto co a cabeza no refaixo
de unha rapaza linda coma un sol,
e feitos un novelo os dous collidos,
cando deron no chan esmorecidos,
ela caiu en duro e el en mol.

Os berros cando o piso se desfonda
oíanse en tres leguas a redonda...
A xusticia nun verbo alí chegóu;
polo seu mando foron recollidos
a vella morta e os demáis feridos,
e todo asosegado se quedóu.

Que vente ou xie, faga sol ou chova,
xa non houbo outra cousa en Vilanova
por moito tempo máis de que falar,
pero xuncras me leven se as rapazas
e os mozos do abellón indo hoxe trazas
teñen polo que eu sei de escramentar.

Non hai festa sin gaita nin fogetes,
nin capa vella que non teña setes,
nin morto sin enterro nin abellón...
A familia o seu creto perdería
sin facer esa triste romería
que as cordas fan xemir do corazón.

E por parte da infamia que os parentes
recollen se non dan esas enchentes,
o difunto do seus se esquecerá;
e pois xa que as súas cinzas non honraron,
os amigos que en morte así o burlaron,
a todos dende o ceo maldicirá.

E logo a mocedá precura axiña
que donde haxa difunto ou difuntiña
se faga un abellón para loitar;
e entre tumbos e bicos, eles e elas,
andan todos alí as apalpadelas
esmagando a moral nese apalpar.


¡A familia do morto deshonrada!
¡Este sofrindo!... ¡A mocedá noxada!
vel eiquí o que esprica o abellón,
esa festa tal vez das máis xudias
que no lindo e vizoso país das Rías
é costume, feitizo e corrupción.

¿Que padrican os cregos nas eirexas
que permiten costumes tan anexas
no sigro dos aramios e da lus?...
¡Nin que fora Galicia a mourería!...
Non se fai cousa tal inda hoxe en día
na terra do serrallo e o alcuscús!

Acaben de unha vez esas romaxes,
esas festas do demo, esas salvaxes
runflas dos mesmos mortos a carón...
Como galego enxebre agora falo,
e xuro que antes morra o pé dun valo
que volver outra noite a un abellón.

--O Avellón, Teatro Principal,A Coruña,accésit(100 exemplares impresos)no Certame Literario que tivo lugar no Teatro Principal,o 24 de agosto de 1884,pola Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns da Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
VERSOS GALEGOS " De Troula "
IV

De tróula

Hai en moitos pobos
un certo costume
de andar esta noite
bulrando os veciños
que dormen en paz;
ou ben estragando
paseios e calles
con mil falcatrúas
que vou á contar.

Na vila en qu´eu vivo
inda hai señoritos
que levan nun cazo
negrumo con auga,
e con él se van
ás casas dos ricos
i alí na fachada
lles pintan o mote
que tén algún déles
ben posto en verdá ...

Relémbrome agora
qu´a un tal Manzanilla
pintábanlle a cunca
que tiña un letreiro
qu´o daba a entender.
I un tal Raposiño
o bicho lle puñan
cun rabo moi largo
e tras das galiñas
botando a correr(1)

A un xenio de demo
siñor Cinco tripas,
pintáronlle un home
que noutro cravaba
un fero puñal
I Anguéla María
á un Xan que falaba
con tal muletilla
i a outro con :


¡No tenemoz ná ... (2)
¡Careño ... Puñales ! (3)
á un que así xuraba ...
Pépé ... pé ... a un tatexo (4)
i a outro Habanero (5)
que rico se fai ...
I hastra nunha casa
d´antigua tertulia
pintaron “Colexio
de nenas vestales”
¡Que xa foi pintar ! ...(6)

Os mozos arrincan
tamén nesa noite
os bancos de pedra
qu´están nos paseios,
i os albres en frol
i están ós martilos
das portas das casas,
ou poñen atrancos
que estorben abrilas
ó espuntal o sol.
Alguns mais ousados
dan ós seus amigos
mil gromas e levan
das casas as sillas,
almohadas, colchons;
ou trocan as cousas
de váreas moradas
que mete entre todos
os que son roubados
un barullo atrós.

I en tanto nas calles
s´alcontran parrandas,
i as xentes que veñen
de mirar as froles
qu´en noite felís
seus cálices lindos
abrían as doce,
e deles salían
soavísimos cheiros
d´ignoto máis.

Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
VERSOS EN GALEGO


AUGA DE ROSAS

Cando o sol pola tarde s´agacha
i os seus raios morréndose van,
os rapaces xa guindan a sacha
e van coas meniñas
buscalas herbiñas
do mes de San Xuan.

Pois mañan as rapazas xeitosas
moi cedo se queren lavar
mans e cara con auga de rosas
qu´un ano pasaron
e non se lavaron
con auga de azahar.

Envolveitas xa tran nos mandiles
en un feixe de lindo verdor
mil herbiñas, dos ricos pensiles
as mais cobizosas
i as frores cheirosas
de vario coôr.

Traen menta, herba-dona abelleira,
fiuncho, lesta herba-luisa e romeu,
manzanilla qu`esmalta a pradeira
i a herba doncella
con moita d´abella
que se recolleu.

Cada moza xa trae o seu feixe
que acomoda nún gran barreñon,
e dimpois, sin qu´a nadie llo deixe,
com limpa auga cheo
de noite ó sereo
alí na horta pón.

Ainda apenas o día crarexa
xa as rapazas peinándose están;
e xunta élas miuda parexa
con froles se luxa
e n´auga patuxa
do mes de San Xuan.

Elas levan perfumes campestres
na cabeza, na roupa, nos pés
cal si viran dos eidos celestres
ou todalas meigas
dos agros i as veigas
saliran á ves.

Os meniños en coiro, asperaban
ver ó sol fandango beilar,
e por unha peneira axexaban,
e non se movían
pois cáxaque vían
a lus xa tembrar.

I, hastra Pepa, que foi con Benito,
do faiado á mirálo tamén ,
asegura, (e que valla o seu dito)
qu´alí pra un lado
do escuro faiado
o sol bailóu ben.

Orgullosa a rapaza de velo
ás mociñas d´aldea o contóu,
i ó botarlle élas auga no pelo
con froles cheirosas,
en auga de rosas
tamén se bañóu.

III
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-03-2018 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal