Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANIVERSARIO DO 119 PASAMENTO DE ALFREDO BRAÑAS

Na fotografía ollamos os participantes no Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingos de Bonaval,celebrado o 21 de febreiro do ano 2019, no 119 Aniversario do pasamento de Brañas.Ao Acto asistiron os alcaldes de Santiago e Carballo ademáis da familia Brañas e membros da Asociación Padroado Alfredo Brañas de Carballo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-02-2019 11:46
# Ligazón permanente a este artigo

No Panteón de Galegos Ilustres,os alcaldes dos Concellos de Santiago e Carballo e os membros da Asociación Padroado Alfredo Brañas de Carballo.No Acto da Celebración do 119 Aniversario do pasamento de Alfredo Brañas Menéndez.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-02-2019 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
NANI GARCÍA TRÍO no Pazo da Cultura en Carballo

Nani García,un dos grandes do jazz e da música contemporanea de Galicia,realizou un inesquecible Concerto acompañado do seu trio.Esta formación,curtida nos escenarios e nos festivais de jazz internacionais máis relevantes,volta reinventada,sen esquecer as súas orixes jazzisticas,que tantos éxitos lle procurou.
-Interpretou música de composición propia cun novo concepto que, o mesmo Nani García,denomina "indie jazz ".
Nani García é unha das figuras máis destacadas da música galega e internacional como compositor,intérprete,arranxista e productor de todo tipo de xéneros de vangarda.
Co seu trío, composto por Nani García (piano),Simón García(contrabajo) e Miguel Cabana(bateria),ofreceu no Pazo da Cultura de Carballo o venres día 1 de febreiro un Concerto na que primou a composición propia con un novo concepto que o propio artista denomina "indie jazz".
Retornara a Carballo o día 11 de maio deste ano 2019 para presentar xunto a Miro Casabella eo grupo Xocaloma a obra de Alfredo Brañas (LEMBRANZAS-A VISPORA DE SAN XOAN),obra que lle puxo música MIRO CASABELLA.
ESTE CONCERTO SERÁ ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN PADROADO ALFREDO BRAÑAS DE CARBALLO EN COLABORACIÓN CO CONCELLO.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-02-2019 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal