Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SANTIAGO GONZÁLEZ-BRAÑAS NO CONCELLO CO ALCALDE
PARTE DA CONFERENCIA DE ALFREDO BRAÑAS EN CARBALLO NO ANO 189O - 9 DE MARZO.

Os rexionalistas,por esto,aborrecemos o seu inútil e perigoso sistema parlamentario que agolpa o sangue do corpo social no cerebro do Estado;que encumia aos que se van ao centro e anica e empobrece aos que ficamos na circunferencia e nos radios a ese sistema parlamentario que inda sendo tamizado e purificado como o de Inglaterra reduciu á escravitude a Escocia,suxeitou con cadeas de ferro no 1848 ás Illas Jónicas que pediron a súa anexión ao reino helénico,e convierte a Irlanda en piquete de Landlords ou señores territoriales,dos seus capitalistas e banqueiros. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170806035268/santiago-gonzález-brañas-barreiro-no-concello align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
SANTIAGO GONZÁLEZ-BRAÑAS CON HURTADO E VARELA NO MEXILLÓN
Un dos nosos primeiros rexionalista,o douto catedrático de Dereito da Universidade de Santiago señor don Alfredo Brañas,no seu notable libro EL REGIONALISMO,declara : " que é indispensable a existencia dunha Xunta central ou directiva,encargada de representar os intereses morais e materiais das diferentes rexións españolas,na loita pacifica e legal que se intente contra o actual sistema de organización política e administrativa".
Explica como se ten de constituir esa Xunta e de que xeito debe funcionar. O programa é conciso e breve; guerra ao cuneirismo,a eses diputados que ninguén coñece nos distritos nos que son proclamados. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170805858793/santiago-gonzález-brañas-con-varela-e-hurtado align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
COMENDO MEXILLÓNS COMO PRIMEIRO PLATO DO MENÚ
PARTE DO DISCURSO DE ALFREDO BRAÑAS EN CARBALLO EN MARZO DO ANO 1890.

O rexionalismo é un sentimento que latexa en tódolos corazóns;non é unha mera forma política que se impón,non é unha simple transformación no organismo constitucional do Estado;é algo máis que unha teoría política ou constitucional. Por eso se olla latexar en imperios unitarios e centralizados como o de Austria,onde os hungaros defenden a súa autonomía e os croatas,galitzianos e eslavóns a súa relativa descentralización. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170804865848/comendo-mexillóns-como-primeiro-plato align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
NA COMIDA DO MEXILLÓN
LA PATRIA GALLEGA " 30 MARZO DO 1891

Cataluña chegou a ser grande e podente e a se penetrar de que era unha nacionalidade con elementos de seu e exclusivos mercede a ese culto maxestoso e solemne dos XOGOS FLORAIS : Galicia saberá imitala,seguir as súas pegadas e chegar polos mesmos camiños ao termo anceiado de tantos sofrimentos e de tan crueis abaixamentos. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170804662733/na-comida-do-mexillón align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
SOBREMESA NO MEXILLÓN NA RECEPCIÓN A SANTIAGO
" LA PATRIA GALLEGA" , 30 marzo do 1891

Pero como si non abondase o feliz agoiro dos XOGOS FLORAIS para garantir o éxito e o triunfo do rexionalismo galego,nace este armado de tódalas armas,como Minerva da cabeza de Xúpiter,con perfeita unidade de miras,dándose unha aperta de amor tódalas provincias,sin máis programa que a salvación da patria,sin máis credo que o da libertade e o da autonomia rexionais,con riguroso orde e severa discipliña;sin discutir o xefe e o apóstolo da nova idea,xefe cuio nome sabian de memoria e levaban no corazón tódolos galegos,posto que todos sabiamos de antemán que ao Salustio da nosa historia,ao eminente e respetable D. Manuel Murguía,correspondíalle de xusticia e de dereito o honroso e alto posto que se lle asignou. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170804323978/sobremesa-no-mexillón align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
ASISTENTES A RECEPCIÓN DO LEGADO NO MEXILLÓN
Fotografía onde ollamos no Mexillón os asistentes o Acto de Recepción do Legado de Alfredo Brañas do día 7 de febreiro do ano 2018.
Empezando pola esquerda FERNANDO CABEZA QUILES,JOSÉ ANTONIO PICHEL LORENZO,ANTONIO PACORET BALSA e JOSÉ MANUEL CAMEÁN VÁZQUEZ.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170795669658/asistentes-ao-agape-a-santiago-brañas-no-mexillón align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
XAN FRAGA e MANUEL PAN COLLAZO NO MEXILLÓN
" LA PATRIA GALLEGA", 30 marzo do 1891

Non se nos pregunte,pois,a onde imos e por onde imos os galegos;imos a onde van Irlanda e Hungria e Bohemia e tódalas razas eslavas; por onde foron Finlandia,Noruega,e por onde quixeron ir e non lles deixaron os mártires de Polonia,e por onde van en España a valente Cataluña,e Aragón e a Basconia.
E no entanto sabede que para nós non hai opinións,nin caciques,nin partidos políticos,nin doutrinarios,nin conservadores,nin revolucionarios:o rexionalismo galego,segundo o seu dogma capital,só consiste en pensar,sentir e querer,o que pensa,sinte e quere Galicia. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170795500203/xan-fraga-e-manuel-pan-no-mexillón align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
SANTIAGO GONZÁLEZ-BRAÑAS BARREIRO (sobriño-neto)de ALFREDO BRAÑAS no MEXILLÓN.
A CAUSA DO REXIONALISMO

Os rexionalistas non debatimos só intereses políticos ou administrativos;os meirantes e dificiles problemas do orde sociolóxico,moral,etnolóxico,histórico,cientifico e literario,absorben e atraen igualmente a nosa atención e engaiolan o noso ánimo.
Si señores; o absolutismo despótico que conquistou vilanamente a Polonia,que anicou aos pobos eslavos que desde o Vistula ao Danubio serviran de baluarte ás nacións occidentais.
En Galiza acabou coa independencia acurrando ao Mariscal Pardo de Cela nas suas fortalezas de Bendimil e Carballido,aprisionándoo na Frouxeira e dándolle garrote en Mondoñedo; ese absolutismo é o noso mortal e irreconciliable nemigo. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170791759563/santiago-gonzález-brañas-barreirosobriño-neto-de align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
INAUGURACIÓN DO CRUCEIRO EN HOMENAXE A BRAÑAS
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170791533913/inauguración-do-cruceiro-a-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-02-2018 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
CRUCEIRO EN HOMENAXE A ALFREDO BRAÑAS
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/170771702368/cruceiro-en-homenaxe-a-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 11-02-2018 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal