Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ESTATUA SEDENTE DE ALFREDO BRAÑAS
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171135418153/estatua-sedente-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 21-02-2018 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
CESAR LOMBERA MORET
Cesar Lombera Moret nado en Baracaldo(1953)
escultor galego,traballa entre Catoira e Santiago. Autor das estatuas das Marías e de Valle-Inclán no xardín da Alameda compostelan.Fixo unha na vila de Carballo de bronce en homenaxe á Alfredo Brañas Menéndez, onde dará categoria hístorica ao personaxe e relieve visual a rúa Coruña,frente a súa casa natal(bar O Mexillón). A escultura amosa a un Brañas sedente a tamaño natural,esculpido en bronce,aluminio e aceiro.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171134971023/cesar-lombera-moret align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Cesar Lombera Moret coa súa obra das Marías en Santiago de Compostela no xardín da Alameda.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171135168693/cesar-lombera-coas-marías align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 21-02-2018 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
SALVADOR CABEZA DE LEÓN
Compañeiro de Alfredo Brañas no grupo rexionalista compostelán.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171127035108/salvador-cabeza-de-león align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 21-02-2018 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
SEVERINO MARIÑO MUÑIZ
Fotografía de Severino Mariño Muñíz,marido da nosa compañeira da promoción do 1963 do Colexio Leus de Carballo MARÍA TERESA MUÑÍZ VÁZQUEZ.
Severino Mariño finou onte e será enterrado hoxe, mércores día 21 de Febreiro do ano 2018 ás 5 do serán no cemiterio de San Xoán de Carballo. Na foto o día que Severino foí nomeado Carballés do Ano,pola súa longa vida laboral ao frente do seu negocio de Chocolates Mariño no ano 2016.

O NOSO MÁIS SENTIDO PESAME a MARÍA TERESA e ás súas fillas CARMEN e MARÍA .
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171126546038/severino-mariño-muñiz align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 21-02-2018 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
JUAN BARCIA CABALLERO (Primeira parte )
Juan Barcia Caballero (1852-1926) amigo e médico de Alfredo Brañas Menéndez,colabora na prensa ligada á igrexia e ao Cardenal Payá(arcebispo de Santiago),de ideoloxia rexionalista,participou na constitución da Asociación Rexionalista Galega. De ideoloxia conservadora,formou parte activa con Alfredo Brañas e outros compañeiros do grupo rexionalista compostelán como Manuel Murguía,Salvador Cabeza de León e José Tarrio.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171104836273/juan-barcia-caballero align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Fotografía de Juan Barcia Caballero de xoven cando acadou o título de médico en Santiago.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171105027593/juan-barcia-caballero-2 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 20-02-2018 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
PARTITURA DO HIMNO DE ALFREDO BRAÑAS
POLÉMICA SOBRE OS HIMNOS GALEGOS

A finales do século XIX a partir de 1880,xa existian varias cancións que se postulaban como melodía oficial do país.Así,existia un chamado HIMNO GALEGO,composto pola letra do médico e periodista ANDRÉS MURUAIS e música do compositor pontevedrés FELIPE PAZ CARBAJAL. Outro exemplo foí o HIMNO POPULAR REXIONAL,composto en 1893 polo escritor GALO SALINAS e o músico VARELA SILVARI.
Nese tempo tamén surxiu outro intento de establecer unha melodía oficial por parte de LUÍS TAIBO GARCÍA,que arranxou musicalmente un texto de ALFREDO BRAÑAS,títulado CASTA DOS CELTAS.
Sacamos a conclusión de que antes de que OS PINOS chegasen a ser considerado como un dos elementos identitarios de Galiza,moitos galegos cantaron outras melodías e pronunciaron outras letras que servían igualmente de himno.Na centuria do século XIX é cando a maioria das nacións europeas crean e oficializan un himno nacional(Dinamarca 1840-Italia 1846-Austria 1847,Grecia 1864-Noruega 1864 etc).
Hai que lembrar que a letra do himno imprimiuse na Habana e introduciu varios erros (Pondal falaba de " valeroso clan e " non valeroso chan ". https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171101861008/partitura-do-himno-de-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Copia orixinal do Himno de Alfredo Brañas.

No primeiro certamen celebrado en Pontevedra en 1880 coa convocatoria dun premio para un Himno a Galicia,nos XOGOS FLORAIS de 1880,que foí gañado polo texto de ANDRÉS MURUAIS,logo irán aparecendo outras propostas,finalmente fracasadas en 1911,texto de ALFREDO BRAÑAS ,música de LUÍS TAIBO GARCÍA ou en 1913 (texto de Ramón Cabanillas,e música de ADOLFO CAMPOS LÒPEZ).

De todos estas,esquencendo outras de menor relevo,só dúas foron verdadeiramente importantes por teren certa difusión e aceptación popular: o HIMNO DE ALFREDO BRAÑAS/TAIBO GARCÍA,porque conviviu algún tempo co pondaliano en actos das Irmandades sendo adoptado máis tarde como oficial polas MOCIDADES GALEGUISTAS.
O outro foí o de RAMÓN CABANILLAS,que foí adoptado como himno no seo do importante movemento agrarista que se desenrola nas primeiras decadas do século XX (ACCIÓN GALEGA 1915).

Foí en Cuba no seo da activa comunidade galega onde o himno pondaliano foí oficializado sendo interpretado solemnemente por primeira vez o día 20 DECEMBRO DO ANO 1907 no Gran Teatro da Habana,é enviado a Galiza en 1909,ainda que en Galiza non se oficializará ata 1912,coincidindo co traslado dos restos mortales a Mondoñedo de Pascual Veiga dende Cuba. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171101935788/partitura-do-himno-de-alfredo-brañas-menendez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 20-02-2018 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
Fotografía do pai do Rexionalismo Alfredo Brañas Menéndez.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171101487233/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

El periodico LA PATRIA GALEGA,que dirixia con Manuel Murguía.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171101633073/la-patria-galega align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 20-02-2018 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
PARTITURA DO HIMNO DE ALFREDO BRAÑAS
A partitura de Deus Fratesque Gallaeciae composta polo médico,musicólogo e membro correspondente da Academía, Luís Taibo García (1877-1954).
Foí a música da composición da letra do himno de Alfredo Brañas a comenzos do século XX.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171063330593/partitura-do-himno-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-02-2018 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS (poema Deus Fratesque Gallaeciae)
HIMNO GALLEGO

Letra : Alfredo Brañas
Música : Luís Taibo García.


HIMNO

Casta dos celtas,esperta axiña!
ergue do fango da escravitú!
pátrea da ialma,teus ceibes cantos
enchen o mundo de norte a sur.

Dos meus pasados bendita terra,
Nai amorosa da miña nai
creva as cadeas que te asoballan
e cingue a croa da libertá.

Cantai galegos,o himno xigante
dos pobos libres,dos pobos grandes;
cantai,galegos,a idea santea
da independeza da nosa Pátrea.

Os de Castela son castelaos
os de Galiza galegos son,
pero non somos,como españoles,
Nin eles amos,nin servos nós.

Das costas bravas de Finisterre
astra as douradas beiras do Sil,
ruxen os berros de guerra a morte
contra os tiranos do meu país.

Ártabros forte,feros brigantes,
sombras quiridas doutras edades,
prestade alentos ós que batallan
por esta meiga pequena Pátrea.

DEUS FRATESQUE GALLAECIA(DIOS Y LOS HERMANOS GALLEGOS).

https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171S057532938/alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-02-2018 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
HIMNO GALEGO DE ALFREDO BRAÑAS
Na fotografía Alfredo Brañas cuns compañeiros( é o segundo sentado pola esquerda).

O HIMNO GALEGO DE BRAÑAS

A composición de Alfredo Brañas, DEUS FRATESQUE GALLAECIAE,musícada en 1911 por Luís Taibo García,foí empregada polas mocidades galeguistas de ULTREYA coma un dos seus himnos.

Non podemos situar con exactitude cando foí publicado por vez primeira este poema do escritor e ideólogo do rexionalismo galego,Alfredo Brañas.

Victoriano Taibo García-irmán do médico e musícologo Luis Taibo García autor do acompañamento musícal do poema- relátanos o proceso da súa descuberta e conversión en himno polas xuventudes galeguistas de primeiros do século XX.

DEUS FRATESQUE GALLAECIAE

ULTREYA (organización xuvenil galleguista fundada en 1932 en Noia),recibe o nome dun titulo dun canto dos peregrinos neerlandeses ao chegar ao sartego do Apóstolo Santiago). O HIMNO DOS ULTREYA era o poema DEUS FRATESQUE GALLAECIAE de Alfredo Brañas. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171052287278/un-grupo-de-compañeiros-con-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0> NA FOTOGRAFÍA ollamos o home que lle puxo musica aos versos do himno galego de Alfredo Brañas chamado LUÍS TAIBO GARCÍA.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171052493248/luís-taibo-garcía align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-02-2018 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal