Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DON MANUEL TASENDE RIVEIRO
Fotografía da familia do noso compañeiro Rafael,na celebración dos 102 anos do seu pai na súa casa en Lemaio (A Laracha ).
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/154344260608/don-manuel-tasende-pai-de-rafael align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 11-12-2016 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
FRANCISCO VARELA CRUZ
Fotografía do noso compañeiro Paco Cruz nos tempos actuales,xa xubilado de Unión Fenosa neste ano pasado 2015 o mesmo que José Gabín Dominguez,que volveron a encontrarse cos anos,logo de ser colegas de estudios coincidiron na mesma empresa UNION FENOSA, e xubilaronse o mesmo ano (cousas do destino).Paco é natural de Laracha,donde xogou alguns anos o fútbol,agora xa xubilado vive coa súa familia na Coruña,ainda que decote vai a saudar aos seus paisanos.Este escrito foi feito en Decembro do ano 2016.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/154252849158/francisco-varela-cruz
Comentarios (0) - Categoría: Libros de calificación - Publicado o 10-12-2016 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao pai do noso compañeiro Rafael.
Estos días foi publicado na Voz de Galicia o Homenaxe do centenario do pai do noso compañeiro da Promoción do 63 RAFAEL TASENDE AREOSA,chamado Don MANUEL TASENDE RIVEIRO como o veciño de maior idade do municipio da Laracha e natural de Montemaior,celebrou os seus 102 anos na súa casa de Areosa no Iglesario de Lemaio. Vive co seu fillo Marcelino e coa súa nora María del Carmen Molk.Ten oito fillos, dos cales 3 homes e dúas mulleres están implicados na medicina, 11 netos e 7 bisnetos,na fotografía o noso compañeiro Rafael (de profesión Odontólogo na Coruña, está colocado detrás de seu pai. O Alcalde da Laracha agasallouno con unha placa e un ramo de flores a DON. MANUEL TASENDE RIVEIRO.


ESTE ARTIGO FOI PUBLICADO POLA VOZ DE GALICIA O SABADO 10 DE DECEMBRO DO ANO 2016.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/154287306443/homenaxe align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 10-12-2016 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
O CARRUSEL OS CABALLITOS
Despois de falar do Teatro de Barriga Verde,non podemos esquecer o Carrusel dos Caballitos,que nos visitaban sempre por o San Xuán,e tantas veces demos unha volta os compañeiros da Promoción do 63.Os caballitos é unha plataforma rotatoria con asientos que teñen forma de cabalos de madeira ou outros animais,a maioria das veces desplazanse de arriba ata abaixo para asemellar o galope do cabalo.Tamén poden chamarse Tiovivos (o nome podia referirse ao pasar un cortexo funebre por diante do seu negocio do Carrusel oiunse a súa voz ¡ESTOU VIVO! ¡ ESTOU VIVO! e por esta intre a xente púxose ese nome.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/154217906823/os-caballitos align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 09-12-2016 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ SILVENT MARTÍNEZ
Barriga Verde na foto subido a escada antes da función ¡ EU SON BARRIGA VERDE ! coreaba aquel home subido nunha escada,( tiña ascendencia francesa,nacemento extremeño e adopción galega,nado en Badajoz en 1886 e finado en 1970,foi pionero do espectáculo das marionetas na galicia de mediados do seculo XX.Era un home alto,humorista,solia ser serio e formal,inimigo das falacias e incapaz de facer dano a ninguén,actúa nas mellores festas e romarías de Galicia. Animaba a xente a entrar mentres dicía a alta voz.

PASEN,SEÑORES PASEN,
A FUNCIÓN ESTÁ A ESCOMENZAR.
¿ HAI QUEN SE QUEDA FORA ?
¡ POIS SI QUE ESTAMOS LISTOS !
Entre as obras lembraredes compañeiros as seguintes. XOGO DO PAO,ENTERRO DA VIUVA ALEGRE,XOGO DE PELOTA,TORO POLO RABO,O CURA E O ENTERRO FATAL.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/154212980523/josé-silvent align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 08-12-2016 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO DE BARRIGA VERDE
Fotografía do Teatro de José Silvent Martínez (coñecido como o de BARRIGA VERDE ),que acudia á Carballo nas festas do San Xuán.Quen non se acorda cando eramos rapaces é xuntabamos unhas pesetas para a entrada. Na nosa decada dos sesenta a función costaba un peso,durando cada sesión trinta minutos,como reclamo vestiase sempre de payaso acompañado dos redobles do seu fillo Alfonso.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/154210918833/teatro-de-barriga-verde align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 08-12-2016 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ GONZALEZ RODRIGUEZ
Fotografía do noso compañeiro José Gonzalez (Pepe Perito),como era coñecido entre nós,o retrato é dos anos sesenta. Despois de estudiar Medicina na facultade de Santiago,exerciu a súa profesión por varios pobos,entre eles, A Baña,Bembibre (de donde proceden os seus orixines por parte de nai),O Ezaro,é recalando ao día de hoxe no centro de saúde de Ponteceso,donde vive na atualidade.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/154087406788/josé-gonzalez-rodriguez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 06-12-2016 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE DA XUBILACIÓN
Homenaxe sorpresa ao noso compañeiro da Promoción do 1963,José Antonio Viña Patiño. A celebración tuvo lugar no Restaurante carballés Río Sil;colegas do mundo docente,compañeiros e adversarios políticos e outros amigos acudirón a festa do homenaxe celebrada en Carballo con motivo da súa xubilación como profesor.
Acudiu moita xente,sobre medio centenar de persoas entre elas na foto a súa dona,seu irmán,súa irmán e o seu fillo Sergio Viña.A cea celebrouse en Xulio do 2016.A noticia foi publicada pola VOZ DE GALICIA o 28 de Xulio do 2016.A NOSA MÁIS SINCERA FELICITACIÓN DA PROMOCIÓN DO 1963.


http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153876692733/xubilación align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 01-12-2016 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal