Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A OBRA MAESTRA DE ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
A obra O REGIONALISMO: estudio sociológico,histórico e literario por Alfredo Brañas Menéndez,publicada no ano 1889:redactou as Bases xerales do rexionalismo e a súa aplicación en Galicia. O Rexionalismo de Brañas basabase en un catolicismo e un historicismo tradicionalista que lle sirve para reclamar as libertades antigas,ao tempo que arremete contra a industrilización,o liberalismo e o capitalismo,reclamando a volta dos Gremios e a supresión das Diputacións. Ao final da súa vida abrazou a causa Carlista,enfriandose moito o galleguismo polo que tanto pelexára.
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167279001353/a-obra-maestra-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-11-2017 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
SEDE DA FUNDACIÓN ALFREDO BRAÑAS
Fotografía da sede da Fundación Alfredo Brañas na rúa Ourense nº 11 en Santiago de Compostela,fundada por Manuel Fraga Iribarne,Romay Becaria,Mariano Raxoi e o alcalde de Carballo neses intres Manuel Varela Rey ademáis de outras personalidades do mundo da cultura como catedráticos e escritores,foi creada no ano 1983.Ao día de hoxe o seu presidente é Francisco Puy Muñoz,nado no ano 1936,licenciado en Dereito,foí catedrático de Filosofia do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167276485893/sede-da-fundación-en-santiago align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-11-2017 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
O Cardeal Miguel Payá e Rico (o segundo Xelmirez)sufriu presions xornalistas do xoven Alfredo Brañas:alias A.B.María,redactor a sazón do EL PORVENIR. O típico trepa,según o criterio de Alfredo Vicenti: " sendo xoven como é " escribe tan axiña como si fora vello e quixera facer méritos para a eternidade.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167275248243/alfredo-brañas-menendez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-11-2017 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ foi un periodista vocacional,amante da familia e fervente católico,ademais de escritor e poeta.
Un fragmento (1886)" A VISPORA DE SAN XOAN"
¡ LEMBRANZAS !
¿ Quén pode esquencer de vello
os seus tempos de rapás?
¿Quén pode esquencer a noite,
a noitiña de San Xuan
e o seu séquito de bruxas,
fogueiras,baños no mar,
augas de rosas,parrandas,
troulas,bailes...y ainda mais?
¡ Si hastra vellos como somos
os fogos imos brincar!...
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167268826578/alfredo-brañas-menendez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-11-2017 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS
Ano 1959: Co motivo do centenario do nacemento en 1959 realizase unha gran homenaxe a Alfredo Brañas,organizado polo Concello de Carballo que presidia Gregorio Chillón de la Fuente. Asistiron o profesor Baldomero Cores Trasmonte,Leandro Carré Alvarellos,membro da Real Academia Galega que ademáis representaba o Centro Galego de Montevideo e a Unidad Galega de Nova York. Interviu tamén o avogado carballés Manuel Pazos Abelenda ademáis o sobriño do homenaxeado Angel González Brañas,que era o médico de Cedeira.
Descubrironse dúas placas,dos Centros Galegos de Bos Aires e Montevideo. A do Centro Galego de Bos Aires,de bronce,tiña a inscripción: Eiqui nasceu Alfredo Brañas,11 de xaneiro de 1859.
Na foto a casa onde naceu Alfredo Brañas.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167268313143/casa-natal-de-alfredo-brañas-menendez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-11-2017 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
MONUMENTO AO ESCRITOR ALFREDO BRAÑAS
Dende o ano 1982 erguese na praza de Galicia de Carballo,un fermoso cruceiro realizado polo escultor Buciños en bronce e pedra. Na foto o día da súa inauguración con unha ofrenda floral,ao xurista,profesor axudante,catedrático de Dereito Natural e de Economia Política,ademais de edíl de Santiago de Compostela. Non obstante,Brañas sempre se sentiu orgulloso de ter nacido en Carballo,e así o ten manifestado en varias ocasións ao longo da súa vida.A OFRENDA FLORAL ANTE O CRUCEIRO DE ALFREDO BRAÑAS,FOI REALIZADA COMO SE OLLEA NA FOTO POLO POETA MANUEL MARÍA,O 29 DE XANEIRO DO ANO 2OOO. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167267975788/monumento-a-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-11-2017 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
ANTIGA ACADEMIA LEUS
Foto sacada no ano 1987,na antiga Academia Leus de Carballo,situada na rúa Vázquez de Parga, que neses intres xa ficara para a rúa Álvarez de Sotomaior. Residia nela a señora LOLA que era a avoa de Fran Méndez Torreira(no centro da foto),os outros son Kiko Iglesias e Pepe Fidalgo,que formaban o grupo Trámites de Carballo,e onde ensaiaban no galpón co permiso da avoa de Fran Méndez que nestes intres ademáis de ser o presidente da Asociación San Campio de Cances,tamén forma parte do grupo musical The Cerne.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167156540093/antiga-academia-leus-na-rúa-vázquez-de-parga align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 05-11-2017 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA DE DESPEDIDA DO PEDIATRA
Homenaxe ao pediatra carballés JESÚS VELO REGUERA pola súa xubilación. Compañeiros e traballadores dos centros de saude de Carballo,Castrillón na Coruña e Laracha,celebráron a noite do venres,día 3 de novembro do ano 2017,unha cea no Club de Golf de Larín(Arteixo),para homenaxear ao pediatra carballés JESÚS VELO REGUERA con motivo da súa xubilación.
OS COMPAÑEIROS DE ESTUDIOS DA SÚA PROMOCIÓN DO COLEXIO ACADEMIA LEUS DE CARBALLO,ÚNENSE A SÚA HOMENAXE.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167155966633/festa-de-despedida-de-jesús-velo-reguera align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 05-11-2017 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
O NAUFRAXIO DO CRUCEIRO "SERPENT"


En recordo de todos os afogados da Costa da Morte

Paco Prado
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 04-11-2017 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
JESÚS PALLAS LÓPEZ
Fotografia do compañeiro de estudios do Colexio Leus de Carballo,JESÚS PALLAS LÓPEZ,nado en San Román(Concello de A Laracha),o 7 de novembro do ano 1955. Logo de acadar o bacharelato e COU en Carballo,ficou para A Coruña a Escola de Maxisterio,onde deixou os estudios en segundo de carreira. Logo adicouse a venta como comercial en ventas de varias empresas. Ao día de hoxe no ano 2017 atopase no estado de xubilado.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167094951133/jesús-pallas-lópez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 03-11-2017 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal