Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANTIGO CEMITERIO DE CERNIDE EN CARBALLO DA ARRIBA
Na fotografía ollamos a entrada ao cemiterio de Carballo de Arriba(Cernide),a dereita está o camiño real,detrás situase a igrexa,por onde se pasa para chegar ao lugar da Brea camiño de Berdillo para continuar A Coruña.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167626592178/antigo-cemiterio-de-cernide align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 18-11-2017 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
CRUCEIRO NO ADRO DA IGREXA NOVA
A igrexa parroquial anterior,un sinxelo templo barroco de 1716,estaba no lugar de Cernide,en Carballo de Arriba.Na foto ollamos o Cruceiro que tiña,que tamen se levou para a igrexa nova.
O primeiro templo construido na vila,é dicir en Carballo de Abaixo,tiña como misión dar acollida aos fieis que se trasladaran a vivir ao novo núcleo,posto que a vella igrexa era de pequenas dimensións,e ademais,estaba moi afastada do asentamento acabado de crear,próximo aos baños. A vila nova e moderna,na que vivían as autoridades xudiciales e administrativas do partido xudicial,cunha puxante vida económica e comercial,precisaba dunha nova igrexa.As obras rematarán en 1864. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167624783428/cruceiro-no-adro-da-igrexa align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 18-11-2017 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
CEMITERIO VELLO EN CERNIDE
Durante a Idade Media e Moderna,exerceron señorio sobre o territorio carballés tanto a igrexa coma os señores laicos.O mosteiro de San Pedro de Soandres manterá señorio sobre a parroquia de San Xoán de Carballo,o mesmo que fará o santiagués de San Martiño Pinario sobre a parroquia de Santa María de Rus,que ademais participará en parte das rendas das parroquias de Berdillo e Carballo. O de San Paio de Antealtares tiña dereitos nas parroquias de Razo,Goiáns e Lema;o cabildo da catedral santiaguesa levaba parte das rendas de Ardaña,Entrecruces e Artes;as monxas de Santa Bárbara da Coruña participaban no reparto de rendas de Lema e Sofán,e o monasterio de Nosa Señora de Caión tiña o señorio de Noicela e Rebordelos.Incluso a orde do Temple mantiña propiedades nas parroquias de Cances e Sisamo.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167599614133/antigo-cemiterio-de-cernide align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 17-11-2017 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
ENTRADA DO CEMITERIO DE CERNIDE
Entre os anos 1861 e 1864 constrúese a primeira igrexa no Agro dos Campos,situada xa no novo núcleo,e foí derruido o templo barroco que habia en Cernide.Na hoxe rúa San Xosé,estivo a capela provisional dende 1897 ata 1923,ano en que se rematou o novo templo.Este local provisional de culto levantouse na horta que habia a carón da casa reitoral. Ata o ano 1924 no San Xoán non se inaugura a nova igrexa(polo cura Carballeira,e a colaboración do Arzobispo Martín Herrera),enfrente a provisional .Dentro do adro da nova igrexa podese apreciar un cruceiro do ano 1811,procedente de Cernide.
No ano 1937 comenzou o traslado da feira de Berdillo que era a feira máis importante da comarca de Bergantiños a carón do camiño real da Coruña a Fisterra dende habia máis de trescentos anos,pero atopouse cunha gran contestación por parte dos veciños e cregos das parroquias de Berdillo,Artes e Sofán,e non se chegou a materializar o traslado ata o ano 1941.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167593108768/entrada-do-cemiterio-de-cernide align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 17-11-2017 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
BALNEARIO DE CARBALLO
Ata os anos 50 do século XIX nas terras carballesas o único camiño de entrada e saida era o que atravesaba pola Lagoa,e despois de cruzar o Anllóns,enlazaba co camiño real que pasaba pola Feira de Berdillo e Cernide en dirección a Ponte Lubiáns.
En 1851 e 1852 foi construido o novo Balneario polo seu propietario Carlos Luís de Puga y Valvuena(Marqués de Torre Penela),e é cando se proxecta a carretera ata A Coruña,e será cando en 1856 a vila carballesa queda comunicada coa capital herculina a través de carruaxe de cabalos.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167588040963/balneario-de-carballo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 17-11-2017 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
CERNIDE -- CARBALLO DE ARRIBA
Cando no ano 1821,se fai a primeira división territorial en provincias e concellos.O territorio que ocupa o actual municipio de Carballo repartiuse en tres concellos: SISAMO,REBORDELOS,e SOFÁN,e Sisamo foí cabeza do partido xudicial e en 1835 ,créase xa o Concello de Carballo coas 18 parroquias actuais e o partido xudicial do mesmo nome. Ainda ata o ano 1845 no se cita Carballo como núcleo urban,senón que cando se fala da parroquia carballesa dise que está formada polas seguintes entidades ou lugares:BARREIRA,CERNÍDE,GRELA,
LAGOA,LOUREIROS,MONTE,OUTEIRO,QUINTÁNS e A BREA.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167583767408/cernide-carballo-de-arriba align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 17-11-2017 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
FEIRA DE BERDILLO
Celébranse no concello catro feiras, a de Berdillo que se celebraba o cuarto e quinto domingo do mes na parroquia de Artes,era á feira máis concurrida.O campo da feira pertencia á familia dos Ozores,fidalgos da casa de Ermeade,próxima ao lugar. Ademais estaban a de Cances o segundo sábado,a de Rus,o segundo domingo,e a do Rapadoiro (Noicela),tamén o segundo sábado.
Os camiños que cruzaban as terras carballesas estaban en mal estado,non habia ningunha estrada trazada. Faise referencia á da Coruña a Fisterra,pero tan só chegaba a Paiosaco.
Dende a feira de Berdillo xa se enlazaba co camiño real que pasando pola Brea dirixiase a Cernide polo cemiterio e igrexa de San Xoán do Carballo. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167583430758/feira-de-berdillo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 17-11-2017 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
ANTIGO CEMITERIO DE CERNIDE
O Arquivo Parroquial de Ardaña resistran a unión que houbo de Carballo con Ardaña. Pero isto debeu ser pouco tempo pois a comenzos do século XVII xa ten Carballo os seus libros Parroquiais como parroquia autónoma. A unión con Ardaña estivo favorecida pola proximidade da igrexa parroquial de Carballo(de estilo Barroco),daquela sita en Cernide,Carballo de Arriba.
Houbo nesta parroquia dúas confrarías: a de San Xoán e a do Sacramento,orixe do que actualmente son as festas patronais. Na documentación antiga o nome da parroquia aparece como SAN XOÁN DO CARBALLO,en referencia á árbore que habia ao lado da antiga parroquial,e que dará nome á actual vilahttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167583052613/entrada-do-antigo-cemiterio-vello align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 17-11-2017 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
CASA REITORAI EN QUINTÁNS
Fotografía do escudo da casa Reitorai situada no lugar de Quintáns,ao carón do camiño real preto do cemiterio e igresia antiga de Carballo de Arriba. No seculo XV seguirá unha decadencia dos mosteiros,buscarán amparo en protectores civís,aparecerán os chamados abades comendatarios que defenderán,si,pero tamén se beneficiarán dos bens e dereitos dos mosteiros. Nisto se fundan,en moitos casos,os chamados dereitos de presentación para curas das parroquias que ostentarán determinadas familias. Noutras ocasións son familias devotas que protexen á igrexa coas súas doazóns,como igrexarios,igrexas ou casas reitoraishttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167567510208/escudo-da-casa-rectoral-en-quintáns align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 16-11-2017 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
CARBALLO DE ARRIBA EN CERNIDE
Esta parroquia data de comenzos do seculo XV cando o arzobispo López de Mendoza á anexa ao mosteiro de San Pedro de Soandres,concedendolle a metade dos dereitos de sinecure. Como sinal de esta pertenza ao mosteiro larachés,en 1540 e o seu abade leva a cabo a presentación do cura da parroquia carballesa. Logo da reforma dos mosteiros feita polos Reis Católicos a finales do século XV, Soandres quedará baixo o dominio de San Martiño Pinario,e Carballo pasará a ser anexa de Santa María de Ardaña. San Xoán do Carballo era unha das menos poboadas soamente tiña sobre 120 veciños, dos que conforman o actual Concello,sobre todo se a comparamos coas de maior tamaño como Sofán ou Rus. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167566956508/carballo-de-arriba align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 16-11-2017 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal