Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JOSÉ ANTONIO TORRES RECAREY
EN RECORDO DOS COMPAÑEIROS QUE NOS DEIXÁRON PARA SEMPRE. Fotografía do noso compañeiro CHAVITA como era conocido por nós,nado o día 6 de Decembro do ano 1951 e finado o 2 de Novembro do ano 1993,aos 41 anos de idade.Deus o teña no ceo. D.E.P
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/151300274698/recarey align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Lembranzas - Publicado o 22-11-2016 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
COLEXIO ACADEMIA LEUS
EN RECORDO DOS COMPAÑEIROS QUE NOS DEIXÁRON PARA SEMPRE.

Fotografía do Colexio Academia Leus,entrada principal do mesmo,donde as clases estaban no baixo eo internado na primeira planta.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153479445333/colegio-academia-leus align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Lembranzas - Publicado o 21-11-2016 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
REMIGIO VARELA BECERRA
EN RECORDO DOS COMPAÑEIROS QUE NOS DEIXÁRON PARA SEMPRE.
REMIGIO VARELA BECERRA nado en San Román de Cabovilaño da Laracha o ano 1950, e finado o 19 de Junio do ano 2015 aos 65 anos de idade,Deus o teña no ceo. D.E.P

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153472543543/remigio-varela-becerra
Comentarios (0) - Categoría: Lembranzas - Publicado o 21-11-2016 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Personaxes da nosa infancia
Dous dos personaxes da nosa xuventude que non podemos esquecer son os famosos MARISCO e LUISIÑO.
A nosa promoción do 63 lembraos con agarimo,aínda que Luisiño era máis próximo xa que moitas veces parabase a parolar con nos,sempre tiña algo que contar. ( de todos é coñecido a teima que tiña coas pesetas do un )

Un recordo de toda a Promoción os dous polos momentos tan felices que nos fixerón pasar.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153302682628/personajes-da-nosa-infancia align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 17-11-2016 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Estatua de Alfredo Brañas
Alfredo Brañas estuda en Santiago o bacharelato no Instituto e a carreira de Dereito na Facultade,que remata en 1878. No ano 1889 editase en Barcelona o seu libro O REGIONALISMO.
En 1885 casa con Ramona Casulleras Galiana,vivian na Rúa da Azabacheria número 5,morríu o 21 de febreiro de 1900,con 41 anos,foi enterrado no cemiterio de NOSA SEÑORA DO ROSARIO ,e en 1905 pasaria a SAN DOMINGO DE BONAVAL,que está ao lado,custeado por subscripción popular no actual Panteón de Galegos Ilustres.
Na tumba hai unha incripción que dí:
Aqui yaz Alfredo Brañas,bo cristiano,agarimo a terra gallega,sabido maestro na Escola compostelana.Deus o teña no ceo.Naceo Janeiro 11.1859.Finou febreiro 21-1900.
Na obra El Regionalismo que ten como feito máis destacado a revolta de 1846 que da lugar Os mártires de Carral.Prononciou un célebre discurso durante unha homenaxe que recibíu no seu Carballo natal o 9 de marzo de 1890.O día seguinte en Santiago nun discurso dixo "Brindo e dou gracias o meu querido pobo natal de Carballo que me proporcionou o maior pracer da miña vida,coa súa cariñosa felicitación.
Con motivo do centenario do nacemento en 1959 realizase unha homenaxe a Brañas.organizada polo Concello de Carballo,que presidia Gregorio Chillón de la Fuente.Asistiron entre outros o avogado carballés Manuel Pazos Abelenda e Angel Gonzalez Brañas sobriño seu.En febrero de 2005 colocase un monumento na rúa Coruña,diante da súa casa natal,polo escultor César Lombera,autor entre outras obras dos monumentos As Marias de Santiago ou a de Valle-Inclán na mesma cidade.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153222941218/estatua-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-11-2016 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Alfredo Brañas
" Os compañeiros da promoción do 1963 estamos orgullosos das nosas raices bergantiñás e da nosa vinculación con Carballo,onde estudamos e nos divertimos xuntos nunha etapa importante da nosa vida.E por iso sabemos honrar e respectar as persoas destacadas que no pasado lle derón gloria a esta terra por teren nela a súa orixe e por levaren a cabo unha obra importante que transcendeu estes limites territoriales.En tal sentido unha das personalidades máis sobranceiras e brillantes foi Alfredo Brañas,nado en Carballo e unha das figuras máis importantes do galeguismo no século XIX.Nacíu o 11 de xaneiro de 1859 en Carballo.Foi bautizado como Alfredo,José,Francisco,Higinio Brañas Menéndez.Seus pais, naturais da Coruña,eran Vicente María Brañas Valseca e Celestina Menéndez Vilas;tivo catro irmáns.Seu pai,dun matrimonio anterior tivera un fillo tamén escritor Gonzalo Brañas Sánchez ( A Coruña 1840-1903).Seus avós paternos eran Gonzalo Brañas e Juana Balseca de Valladolid;os avós maternos,eran Gregorio Menéndez,da Coruña,e Rita Vilas de Santiago,os padriños foron Enrique Piñeiro e a súa dona Josefa Borrell residentes en Carballo.Estuvo casado con Ramona Casulleras Galiana en 1885,non tiveron fillos,vivian en Santiago na rúa Azabacheria nº 5. Os dous anos en 1861,a súa familia trasladase a Cambados,onde o pai exerce de Registrador da Propiedade.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153213887813/alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (1) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-11-2016 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Don Elías cos seus alumnos do Colexio Leus
Compañeiros da nosa Promoción con Don Elías no patio do Colexio,Don Elías é o quinto de pé na fila traseira pola esquerda,pegado a parede do Colexio.Na mesma fila o terceiro pola esquerda de pé o noso compañeiro Peteiro,eo sexto ao lado do profesor Don Elías está Baños Fojo.
Por outra banda tamén de pé pola dereita ao lado da porta están Suances Prieto-Puga eo finado Jaime Dubra Pena colocados de primeiro e segundo no retrato.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153054381783/don-elías-con-os-seus-alumnos-da-leus align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Profesores - Publicado o 11-11-2016 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Reunión do 63 para a celebración do Aniversario.
UNHAS REUNIÓNS ESPALLADAS E UN ACTIVO BLOG É Ó FERMENTO DOS COMPOÑENTES DA PROMOCIÓN DO 63.
Na foto de dereita a esquerda están José Manuel Cameán,Peteiro Varela,Jesús Velo,José Carballido,Antonio Pacoret,Armán Barcia e José Antonio Viña Patiño.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153051894078/reunión-do-36-para-a-celebración-do-aniversario align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reunións - Publicado o 11-11-2016 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Reunión da Promoción do 1963
UNHAS REUNIÓNS ESPALLADAS É UN ACTIVO BLOG ACAPARA AOS COMPOÑENTES DA PROMOCIÓN DO 63.
No día de onte 11 novembro do 2O16, na Parrillada Pedra Queimada de San Cristobal,celebrouse unha xuntanza entre compañeiros de estudios do Colexio Leus para arranxar a festa do 50 Aniversario da Promoción do 63 que se levará a cabo no ano próximo ó máis seguro.
Pouca xente asistiu á xuntanza, intre os compoñentes da Promoción,soamente estaban Antonio Pacoret Balsa,José Antonio Viña Patiño,José Manuel Cameán Vázquez,José Carballido Villar,Armán Barcia,Peteiro Varela e Jesús Velo Reguera.
Acordouse invitar aos profesores e viúvas/os,dos mesmos,e poñelo en prensa a principios do ano próximo 2O17.http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153050868633/reunión-da-promoción align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 11-11-2016 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Fotografia da Srta. Angeles Mosquera.
Na foto a nosa Profesora de Francés ANGELES MOSQUERA ARIAS,sacada en Carballo nos anos sesenta,cando nos daba clase.A foto que vemos na paxina anterior está sacada estes anos,estamos a falar que pasarón 50 anos de unha foto a outra.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/152678867988/la-profesora-de-francés align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 03-11-2016 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal