Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POEMAS EN GALLEGO(A VISPORA DE SAN XUAN) 1
A VISPORA DE SAN XUAN
(Poesia de costumes galegas)
Premiada con rosa de prata e ouro
Certáme gallego Literario que se celebrou
en Pontevedra no día 9 de Agosto de 1886.

Leutor,si fores gallego
escuso decirte xa
que vou facer a hestoria
da costume popular
que se refiere ós barullos
da Vispora de San Xuan.
Vou cantar ese idilio
deste feiticeiro chan
que nos fai soñar cos ceos
i-o mesmo tempo lembrar
os dóces anos da infancia
que non s´esquencen xamáis
¡ Que noite,que noite aquela,
xa na montana ou no val
xa nas frolestas umbrial,
xa na veiriña do mar!...
¡Que cheiros de tantas castes
nas brisas envoltos van!...
¡Cómo arrecenden os prados
i os grilos s´oien cantar!
¡Que armunias antr´o millo!...
¡I aló detrás do pinal
cómo repiten os ecos
as griterias dós cáns!...
¡Cómo cantan as rapazas
¡Os mozos qu´atruxos dan!...
¿Que pasa nesta terriña?
¿Que pasa?..¡Qu´ha de pasar!..
qu´esta noite tan garrida
esta noite é a noite de San Xuan,
a noite das venturas,
do lume,do rebuldar,
dos aquelarres das bruxas,
dos escomenzos do vrán,
das misteriosas consellas,
das verbenas pra bailar,
das parrandas pola vila
i,en fín,desa festa ideal
en que s´encerran os usos
do pobo de miña nai,
libre e solto noutros tempos,
triste escravo no autual,
¡pobo que dá nesta noite
un berro de libertá!...
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-10-2018 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
POESIAS EN GALLEGO(A VISPORA DE SAN XUAN) 2
-------------AUGA DE ROSAS
Cando o sol pola tarde s´agacha
¡ I os seus raios morréndose van,
os rapaces xa guindan a sacha
e van coas meniñas
buscalas herbiñas
do mes de San Xuan.
Pois mañan as rapazas xeitosas
moi cedo se queren lavar
mans e cara con auga de rosas
qu´un ano pasaron
e non se lavaron
con auga de azahar.
Envolveitas xa tran nos mandiles
en un feixe de lindo verdor
mil herbiñas,dos ricos pensiles
as mais cobizosas
i as frores cheirosas
de vario coor.
Traen menta,herba-dona abelleira,
fiuncho,lesta herba-luisa o romeu,
manzanilla qu´esmalta a pradeira
¡a herba doncella
con moita d´abella
que se recolleu.
Cada moza xa trae o seu feixe
que acomoda nún gran barreñón,
e dimpois,sin qu´a nadie llo deixe,
con limpa auga cheo
de noite ó sereo
alí na horta pón.
Ainda apenas o día crarexa
xa as rapazas peinándose están;
e xunta elas miuda parexa
con froles se luxa
e n´auga patuxa
do mes de San Xuan.
Elas levan perfumes campestres
na cabeza,na roupa,nos pés
cal si viran dos eidos celestres
ou todalas meigas
dos agros i as veigas
saliran á ves.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-10-2018 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
POESIAS EN GALLEGO(A VISPORA DE SAN XUAN) 3
Os meniños en coiro asperaban
ver ó sol fandango beilar,
e por unha peneira axexaban,
e non se movian
pois cáxaque vian
a lus xa tembrar
I,hastra Pepe,que foi con Benito,
do faiado á mirálo tamén,
asegura,(e que valla o seu dito)
qu´alí pra un lado
do escuro faiado
o sol bailou ben.
Orgullosa a rapaza de velo
ás mociñas d´aldea o contóu,
i ó botarlle élas auga no pelo
con froles cheírosas,
en auga de rosas
tamén se bañóu.
--III--
--Os lumes ¡ os baños
A noite vense enriba.Doce brisa
marmullando antr´os albres semellaba
un coro oculto de invisibles silfos
qué nas follas cantaban.
As estrelas locían a millares
no espacio azul i alguhas rebulian
cal si foran as luces da compaña
Óra mortas ou vivas
Car´o levante oíase moi lonxe
nas feraces comarca terra adentro
lindos cantares,berros i aturuxos
e chifres e pandeiros.
I a través d´aquel aire transparente
ó respandror inmenso das fogatas
rosada franxa no hourizonte tende
dunha banda á outra banda.
Car´o poniente viase mainiña
a soave ria que se move apenas
e quizáis antr´a seba i as correolas
durmían as nercidas.
De ves en cando a voz dun mariñeiro
espertaba nos cons os viluricos
solpor iba de dornas e gamelas
pasaban dando chios.

Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-10-2018 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
POESIAS EN GALLEGO(A VISPORA DE SAN XUAN) 4
E na terra e no mar en esa noite
misterioso pracer se respiraba,
e fuxian as bruxas polos aires
co lume escorrentadas.
¡ Que noite tan hermosa! Xa os rapaces
fixeron os montons diante das portas
con garabullos,toxos e loureiros,
pra escomenzár a troula.
A un lado da casa están os vellos
asentados nuns bancos en ringleira
as rapazas cos mozos i os pequenos
porparando a cachela.
Eiquí cantan,aló berran e loitan
I os meniños en faldras de camisa
reventan a chiar,naide s´entenden
naquela toleria.
Alcéndense a foqueira con faiscas
i o punto unha tremenda labarada
cintileando chispas,salta e rube
e triscando s´espalla.
¡Viva,viva!...din todos á porfía
brincando por enriba da fogueira,
uns detrás d´outros sin coidar qu´o lume
lles queimase nas pernas.
-¡Bota maís leña,Xan,dicia un vello
abrindo uns ollos mesmo de pracer...
-Alá vai,ese toxo e dous loureiros..
-¡Tira á un lado.Manoel!
-¡ Qué ben arde!...
-Pois todo é necesario
qu´as bruxas esta noite teñen xunta
co gallo d´acabar cos nosos gandos
polo mal da pezuña.
Estando nesto,un vello moi leido
fixo o hestoria d´en como os sursum cordas
revoan esta noite polas calles
i están cabo das portas
Dixo qu´as meigas levan certo inguento
que lle botan ós homes i as mulleres
i os meniños que morren do enganido
os catro ou cinco meses
Qu´as rapazas qu´están namoricadas
vólvense fracas,si non van á queima
que é siñal de qu´un bruxo entrou no corpo
da garrida doncella.
E por tiralo,dimpois afora custa
ir ó convento de Balvís correndo,
no San Pedro de Abríl,i alí na misa
botar o diaño a berros.
E ademáis aquél vello aseguraba
qu´as bruxas se lavaban nas fontiñas,
e na iauga de rosas dos caldeiros
deixaban a malicia.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-10-2018 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
POESIAS EN GALLEGO(A VISPORA DE SAN XUAN)5
Mentres tanto os rapaces non cansaban
de brincar polos lumes, i as mociñas
a carón dos seus noivos,parolaban
coas duas mans collidas.
Eran as once e media e xa a fogueira
converteuse en montón d´ardentes brasas,
qu´os rapaces con paus esparexían
por enfrente da casa.
Polas cinzas do lume así dispostas
todolos bois d´aquel lugar pasaron
pois ó pasar curabánse nun verbo
s´estaban embruxados.
Soan as doce e na ribeira vense
as xentes que se van tomar o baño,
par´o corpo librar polo ano adiante
de figas e meigallos.
o frio corta coma unha navalla
pero os homes xa están en calsoncillos
i as nenas con sábas,levando o pelo
posto en dous periquitos.
Eles quedan no mar medio baldados
¡elas có friáxe baten as queixadas,
somellando ó sair todos envoltos
un romax de pantasmas.
Mais nada importa qu´unha reuma collan
e queden xordos,mancos ou tollentos...
¡qu´o baño de San Xuan espanta as bruxas
hastra dos cimenteiros !...

------------IV----DE TROULA

Hai en moitos pobos
un certo costume
de andar esta noite
bulrando os veciños
que dormen en paz;
ou ben estragando
paseios e calles
con mil falcatrúas
que vou á contar.
Na vila en qu´eu vivo
inda hai señoritos
que levan nun cazo
negruno con auga,
e con él se van
as casas dos ricos
i alí na fachada
lles pintan o mote
que tén algúns déles
ben posto en verdá...
Relémbrome agora
qu´a un tal Manzanilla
pintábanlle a cunca
que tiña un letreiro
qu´o daba a entender.
I un tal Raposiño
o bicho lle puñan
cun rabo moi largo
e tras das galiñas
botando a correr
A un xenio de demo
siñor Cinco tripas,
pintáronlle un home
que noutro cravaba
un fero puñal
I Anguéla María.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-10-2018 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
POESIAS EN GALLEGO(A VISPORA DE SAN XUAN) 6
á un Xan que falaba
con tal muletilla
i a outro con :
¡No tenemoz ná...
¡Careño...Puñales!
á un que así xuraba...
Pépé...pé...a un tatexo
¡a outro Habanero
que rico se fai...
I hastra nunha casa
d´antigua tertulia
pintaron "Colexio
de nenas vestales"
¡Que xa foi pintar!...
Os mozos arrincan
tamén nesa noite
os bancos de pedra
qu´estan nos paseios,
i os albres en frol
i estan ós martilos
das portas das casas,
ou poñen atrancos
que estorben abrilas
ó espuntal o sol.
Algúns mais ousados
dan ós seus amigos
mil gromas e levan
das casas as sillas,
almohadas,colchons;
ou trocan as cousas
de váreas moradas
que mete entre todos
os que son roubados
un barrello atrós.
I en tanto nas calles
s´alcontran parrandas,
i as xentes que veñen
de mirar as froles
qu´en noite felís
seus cálices lindos
abrian as doce,
e deles salian
soavisimos cheiros
d´ignoto máis.
------------------- ¡LEMBRANZAS!-------------
¿Quén pode esquencer de vello
os seus tempos de rapás?
¿Quen pode esquencer a noite
a noitiña de San Xuan
co seu séquito de bruxas,
fogueiras,baños no mar,
augas de rosas,parrandas,
troulas,bailes..,i ainda máis ?
¡ Si hastra vellos como somos
os fogos imos brincar!...
Cos lumes tornan os ollos
á vida patriarcal,
a aqueles tempos primeiros
de remota antiguedá
cando os fenícios viñeron,
según moitos,á este chan,
¡alcendian´as fogueiras
o mesmo que hoxe se fai
polas vilas i as aldeas
sempre na entrada do vrán.
I o celebrar tan antigas
costumes,rompo a soñar
cos pazos da Idade Media
e co rexime feudal
que prestaba os seus encantos
ás festiñas do San Xuan.
Destonces servos da gleba
eran nosos probes páis,
pero tiñan pró seus fillos
limpa roupa e branco pan;
e cando foron colonos
tiveron fortuna e pas
¡habia menos famentos,
e tiñan mais libertá;
e tempo andando os cultivos
deron millo a fartar
¡houbo casas de labregos
que na noite de San Xoan
queimaban carros de toxos
e logo daban de cear.
A imigración non levaba
tanto garrido rapás;
custaba o viño tres cartos
(hoxe duas pezas do can)
i anque habia tamén probes,
os probes non eran mais...
Todos cristianos enxebres
en cada peito leal
gardaban a fé que troca
en un edén cada lar.
E con ela i as costumes
-col a noite de San Xuan-
i outras non menos antigas
remataban de formar
o espiritu religioso
i o caraute rexional...
¡Ai! Que desgracia,Dios mio..
Hoxe é a noite de San Xuan
e non vin caxáque lumes
na aldea¿Por qué será?
¡Xa caio na conta!Estamos
d´eleuciós municipás
¡i os vellos buscan votos!
¡ I os mozos andan a paus!...
ESTA POESÍA FOI PREMIADA COA ROSA DE PRATA E OURO NO CERTÁMEN GALEGO LITERARIO CELEBRADO EN PONTEVEDRA O DÍA 9 AGOSTO DE 1886.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-10-2018 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
O´ABELLÓN

(Foi premiada cun accesit no Certamén de poesia celebrado na Coruña en 1884,publicado pola VOZ DE GALICIA e logo no TIO MARCOS d´a PORTELA).

--O´ABELLÓN .-Se llamaba así a un arcaico ritual funerario que hasta principios del siglo XX se llevaba a cabo en Galicia,en la zona de las Rias Baixas.
En 1884,ALFREDO BRAÑAS lo describe en una poesia de carácter satírico,destinado a ridiculizar y contribuir a la desaparición de esta tradición "impropia" de la modernidad.
Al parecer es el único testimonio que queda de esta ceremonia reflejado en la poesia de BRAÑAS. Según relata BRAÑAS en estas obras,después de terminados los tradicionales rezos de los velatorios,las lamentaciones repetitivas,y las exclamaciones exageradas de dolor por la muerte del ser querido,todos los presentes participaban en una especie de banquete fúnebre en el que se comian sardinas con pan y se bebia abundante aguardiente.
--Más tarde,cuando ya iba bien entrada la noche y el sueño y el cansancio empezaba a notarse toda la concurrencia se ponia en pié para dar comienzo el rito funerario que se conocia con el nombre de O´ABELLÓN,es decir el abejorro.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-10-2018 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
O´ABELLÓN (POEMAS EN GALLEGO) 1
POEMAS EN GALLEGO
-------------------------" O´ABELLÓN "
(ALFREDO BRAÑAS 1884)

Unha noite de inverno en que eu estaba
nun tallo xunto ó lume e que me quentaba
maus e pes,dito seia con perdón,
sintín petar con forza á miña porta,
e coidando houbese algunha liorta,
fun abrir cun fungueiro e cun tizón.
Desfechéi e topéime co fociño
de Alifonso,do fillo de Guriño,
que é por certo un garrido e bon rapás.
Viña calado e feito un churumicas
porque morrera a tía das Furrucas,
que ó amañecer lle dera un paratrás.
Falamos da difunta,que era boa,
e morreu sin caérselle unha moha,
e deixa algúns cartos e un cebón.
Dimpois que de este xeito parolamos,
dixo moito Alifonso:Agora vamos
a velada esta noite no Abellón.
Moitos cicais no seipan causemente
ó que chama abellón a nosa xente
das Rias no país encantador.
Como unha forma abonda para proba,
contaréiche o que vín en Vilanova,
un día do abellón,caro lector.
Tremando co friaxe,eu e Alifonso,
dempóis de marmullar dentro un responso,
botamos a correr hastra abafar,
e chegamos a casa da difunta,
onde estaba a familia toda xunta
con mantelos coberta ó pé do lar.
Crebaba o corazón en cen anacos
ver chorar ás sobriñas,os seus fracos
corpos de bimbia en forma de dolor
retorciánse loucos,e os seus berros
semellaban aqueles que os becerros
botan ó ir pra feira no calor.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-10-2018 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
O´ABELLÓN (POEMAS EN GALLEGO) 2
-¡ Adiós tia Sabela!... lle decian
a tempo que na casa as máns batian.
-¡ Adiós miña vidiña,adiós meu ben!...
¡Ai,adiós para sempre miña tia!
¡Xa se acaboú a tua romeria!...
Xa nunca peixe levarás pro tren!...
-¡Adiós tia Sabela Alvarez Ponte,
Cabuxa de mal nome;inda nantronte
con que noxo botácheme un carai!...
¡Que man te dabas a limpar sardiñas!
¡Xa que fuches de cabo á túas sobriñas,
dalle moitas mamorias a seu pai!.
Pouco a pouco viñeron moi calados
tíos,curmáns,parentes e achegados
e mesmo si fora en procesión ...
e nun cuarto que está cerca da morta,
a rempuxóns entraron pola porta,
as mociñas e os mozos do abellón.
Sentáronse no chan todos á roda;
O rapaz ca rapaza se acomoda,
cal si fora unha festa a escomenzar,
e por máis que cheirase a tia Sabela,
imprincipióu ás nove a larpadela
dimpóis que se acabara de rezar.
Primeiro unha garrafa de augardente
corréu de man en man,logo unha enchente
de sardiñas salgadas se tomóu;
e no prebe das mesmas.¡ cousa boa !
fixeron sopas con algunha broa
que enriba dos mantés se esnaquizou.
Os noivos xa picados ca bebida
apertaban a noiva esmorecida
en contra do seu peito con amor,
e alí loitando a xuventú se axunta,
entramentes no cuarto da difunta
¡ Soio habia un silencio aterrador!.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-10-2018 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
O´ABELLÓN (POEMAS EN GALLEGO ) 3
Houbo xogos de prendas a barullo
onde tantos manearon o bandullo,
que arrematóu algún por gomitar,
e as nenas xa mareadas da conciencia
impúñalles o xogo en penitencia
nas meixelas da morta ir a bicar.
Collidas pola man os concurrentes,
e fungando baixiño e entre os dentes,
foron da morta á triste habitación,
e voltando ó redor da defuntiña,
o vello,a vella,o mozo e a mociña
fungaban como funga un abellón.
¡Pobre de aquel que dese algunha fala
ou de bulir deixase pola sala!...
¡Siñal era de morte non fungar!...
As honras do abellón son tan precisas
como son para os cregos moitas misas
e o gando e o ligón para labrar.
O redor do cadavre da velliña
deron volta os mociños tan axiña,
que o piso emprincipióu a manear,
e co peso quizáis de tanta xente
afundironse as táboas de repente
e todos a un cortello foron dar.
-¡A de Deus! ¡A de Deus!algúns berraban
que boca abaixo dun puntón colgaban
ou caíran feridos contra o chan.
As rapazas erguianse doidas
e outras,coas pernas xa medio rompidas
chamaban polo cura e o sacristán.
Unha vella caia escarranchada
facéndose ó caer unha esmechada
no curuto da testa,e o mirar
que mesmo polo aire enriba dela
viña con caixa e tapa a tia Sabela,
quedóu morta no sitio sin falar.
Un mozo dende arriba caiu en baixo
envolto co a cabeza no refaixo
de unha rapaza linda coma un sol,
e feitos un novelo os dous collidos,
cando deron no chan esmorecidos,
ela caiu en duro e el en mol.
Os berros cando o piso se desfonda
oianse en tres leguas a redonda...
A xusticia nun verbo alí chegóu;
polo seu mando foron recollidos
a vella morta e os demáis feridos,
e todo asosegado se quedóu.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-10-2018 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal