Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A HORA FINAL DE ALFREDO BRAÑAS

A Gaceta de Galicia fundada por Manuel Bibiano Fernández Redondo,era o diario máis vello de Compostela,onde Brañas ensaiou diversos xéneros periodísticos; publicou poemas e contos e fixo crítica literaria dos libros dos seus correlixionarios rexionalistas. A Gaceta de Galicia fixo unha descrición detallada do proceso gripal que o levou á morte.O periódico dera conta do primeiro momento no que Brañas se sentiu obrigado a gardar cama,por efecto dunha indisposición xeral,propia da estación que atravesaba.Nas mans do seu médico de cabeceira Xoán Barcia Caballero,mellorou moito,aínda que non dun xeito absoluto,e unha tarde notou un malestar xeral en todo o corpo,un cansazo e unha fatiga,e asi llo anunciou aos compañeiros que aínda non estaba de todo ben,e regresou para a súa casa,para volver ó seu leito,do que xa non se levantaría.Reunidos os doutores que o asistían,empezaron a temer pola súa vida.Comenzou a ser alimentado só con leite,e notábaselle un grande abatemento,moita debilidade de forzas,e,sobre todo bastante delirio.Agravouse tanto a súa doenza nun determinado momento,que tivo que anticipalo viático,dando con isto motivo para que moita xente se decatase de que a situación era moi grave,nun proceso que todo o mundo seguía moi atento en Santiago.
Despois de recibilo viático,aínda se agravou máis o estado de BRAÑAS.Os doutores,xa como recurso derradeiro,acordaron darlle un baño,pero naquel momento non o había,e chovía a cachón,mais non foi óbice para que se buscase noutra parte,saíndo familiares e amigos a procurar aquel baño de zinc que se prescribira facultativamente. Con solícito cuidado fue introducido el paciente en el liquido elemento,que estaba a temperatura adecuada,din os relatores. Ante o temor de que sobreviñese un ataque de colapso,dous médicos tiñan preparada a xiringa,pra lle dar inxeccións de cafeina,mentres outro observaba nas tempas o movemento do sangue.Notouse algunha melloría,a medida que se aplicaban os baños,mais non tardou en se agrava-la situación.O enfermo volveu ser víctima de ataques febrís e a naturaleza vencida polo sufrimento,foi perdendo vizo, ó se face-lo día 21 de enfermedade,data fatal,que os médicos esperaban con medo,todo isto son ás palabras dos relatores da súa morte
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 31-03-2020 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0