Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DISENSIÓNS ENTRE ALFREDO BRAÑAS E MANUEL MURGUÍA

A Revista LA PATRIA GALLEGA,xorde a raíz dos Xogos Florais de 1891,durante os que se presenta en sociedade a ASOCIACIÓN REXIONALISTA GALEGA, que estaba presidida por Manuel Murguía,con ALFREDO BRAÑAS,e SALVADOR CABEZA DE LEÓN como vicepresidentes que ademáis de colaboradores,acompañabanos CURROS ENRIQUEZ,EDUARDO PONDAL,BARCIA CABALLERO,VÁZQUEZ DE MELLA,GALO SALINAS e PAZ NOVOA. Publícase os dias 15 e 30 de cada mes, a partir do 30 de marzo do ano 1891, era bilingue, e constaba de 12 páxinas de texto e de catro de anuncios que serven á vez de contracubertas. Organo de expresión da Asociación Rexionalista Galega,fundada en 1890 e presidida por Murguía. Cesa a publicación desta revista o 15 enero de 1892,despois da publicación de quince números. O número 12 da Revista,dous antes da súa desaparición, que sae en decembro aínda que con data do 15 de novembro,recollendo nas súas páxinas un breve comunicado asinado por Brañas,Cabeza de León e Tarrío,no que anuncian o abandono da redacción. O comunicado dirixido a Murguía como director da revista, di o seguinte: Muy respetable y querido amigo: graves y urgentes ocupaciones nos impiden continuar formando parte de la redacción de la Patria Gallega contra toda nuestra voluntad y buen deseo. Sirvase V. pues,relevarnos de todo compromiso por ahora que mucho se lo agradecerán estos sus amigos y correligionarios que le quieren de veras y son suyos afectisimos.- José Tarrío, Salvador Cabeza de León, ALFREDO BRAÑAS. Santiago 12 de Diciembre de 1891.
Marcharon sen polémica e sen facer ruido,aínda que a Gaceta de Galicia do 27-decembro 1891 comentaba que a disensión era " por no poder resistir los inconvenientes de su director, Murguía.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 29-03-2020 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal