Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NANI GARCÍA TRÍO no Pazo da Cultura en Carballo

Nani García,un dos grandes do jazz e da música contemporanea de Galicia,realizou un inesquecible Concerto acompañado do seu trio.Esta formación,curtida nos escenarios e nos festivais de jazz internacionais máis relevantes,volta reinventada,sen esquecer as súas orixes jazzisticas,que tantos éxitos lle procurou.
-Interpretou música de composición propia cun novo concepto que, o mesmo Nani García,denomina "indie jazz ".
Nani García é unha das figuras máis destacadas da música galega e internacional como compositor,intérprete,arranxista e productor de todo tipo de xéneros de vangarda.
Co seu trío, composto por Nani García (piano),Simón García(contrabajo) e Miguel Cabana(bateria),ofreceu no Pazo da Cultura de Carballo o venres día 1 de febreiro un Concerto na que primou a composición propia con un novo concepto que o propio artista denomina "indie jazz".
Retornara a Carballo o día 11 de maio deste ano 2019 para presentar xunto a Miro Casabella eo grupo Xocaloma a obra de Alfredo Brañas (LEMBRANZAS-A VISPORA DE SAN XOAN),obra que lle puxo música MIRO CASABELLA.
ESTE CONCERTO SERÁ ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN PADROADO ALFREDO BRAÑAS DE CARBALLO EN COLABORACIÓN CO CONCELLO.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-02-2019 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal