Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANOLITO CASULLERAS(pintado por JOSÉ Mª FENOLLERA
A familia Casulleras,ben arraigada en Galicia,tanto que dona Ramona (Ramonita)Casulleras casou co pai do rexionalismo galego,ALFREDO BRAÑAS.Parece que esta familia lle abriu moitas portas a JOSÉ MARÍA FENOLLERA en Santiago xa que o introduciron na sociedade compostelá e no Casino de Caballeros,onde se relacionará con persoas moi importantes da vida cultural e politica de Galicia.
O retrato do sobriño de Ramona Casulleras e Alfredo Brañas MANOLITO CASULLERAS(32),é a xuízo dos criticos unha das mellores obras do pintor no que a retratos se refiere.Aparece o neno de medio corpo,vestido de mariñeiro,con camisa a raias brancas e azuis,con chaqueta azul mariño,gran colo de lapelas brancas e azuis.Tocado cunha ampla boina branca,o que contrasta moi vistosamente co fondo escuro e liso,sen adornos secundarios.A expresión da cara,a fixación da mirada nun punto indeterminado e a luz que recibe do seu lado esquerdo son dun verdadeiro mestre e,contrastando coa clara cute,o artista permítese a ousadía de lle pór un carmín nos labios,facendo diso,na época,un detalle ben orixinal e de gran efectividade colorista.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-11-2018 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal