Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OUTROS DIXERON DE BRAÑAS
------------GALICIA-GALICIA

A ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ

Non fixeron falta riadas
nin trebós,nin arroyadas
pra vos por com´a Consuegra
aldeiñas encantadas
que nas chouzas destelladas
tendes presa a peste negra.
Non cairon as tuas frores
entr´os tristes esprandores
d´os relámpagos,n´a corrente;
nin marcharon os teus cores
o bruar,amenazadores,
os resollos d´o torrente.
Rexas garras t´apreixaron,
roxos ventos envolcaron
e teu trono secular;
ruis Herodes t´encrávaron
ruis xudios té mataron
¿non te pensas ti vengar ?
Pra vengarte d´ese encono
d´os verdugos,sai d´o sono
y-o que fuches volve ser;
faite grande e rub´o trono,
xa que tés n-o teu abono
teu mirifico valer
D´os teus montes as cascadas
forzas danche ben sobradas
pra que rodes o motor;
y-as tuas campas soleadas
teñas sempre cerradas
pol-o fumo d´o vapor.

------------------ALBERTO GARCÍA FERRIRO
---------1892-----(na fotografía)

Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 21-10-2018 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal