Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BIOGRAFÍAS DE ALFREDO BRAÑAS
(Original manuscrito en col.Familia Glez.Brañas Barreiro)
--------------ALFREDO BRAÑAS
.... por
------------- EMILIO P.HIDALGO
---(Centro Gallego de Buenos Aires)

1859 ¡Lembrade,Galegos,lembrade! 1900
¡ Once de Xaneiro de 1859 !...Vila de Carballo,na provinza da Cruña...¿Sabedes,meus irmáns,canto de bon di ós curazons d´aquiles,que "bos e xenerosos" souperon sempre sentir a Nosa Galiza,i a Patria amada !No mais fondo curruncho da sua i.alma? Eu,galego,mesmo que todos vos,ben sei que isa data,e isa feiticeira vila,lembrarvos da nascenza d´unha das mais grandeiras figuras espiritoales da Terriña :ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ.
--Foi iste protoquieiro,un dos homes que máis loitou por facer da Nosa Galiza unha nova Irlanda nas terras d´España.¿ Non lembrades o seu mainifico poema cuias estrofas remata sempre co istas verbas ?" ¡Ergue labrego!..... Erguete e anda.-Coma en Irlanda ! ¡Coma en Irlanda! Non vos ouves as queixas da Terriña? ¡ Ela é a que manda! ¡Probe naiciña! ¡Erguete e anda! ¡Coma en Irlanda!¡Como en Irlanda!. "Foi o Pai d´autonomia da Terra e loitou toda a sua vida por facere esprendida realidade isto seu patrioteiro dexeso.Todos nós irmáns,temos o deber de darlle ó esprito do Mestre BRAÑAS a lediza d´ollar,dende o Alén,coma framexa no ár,ceiba e alteirosa,a bandeira da Nosa Galiza xunta co´as das demais terras d´España.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-10-2018 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal