Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AURELIO AGUIRRE GALARRAGA (1833-1858)
Aurelio Aguirre Galarraga,foi poeta,comprometido con Galicia e coas clases desfavorecidas,participando como miliciano no levantamento de 1854 e no banquete de Conxo en 1856.Mantivo amistade con Rosalía,Murguía e Pondal
---No ronsel inmediato dos sucesos de 1846,moitos dos fuxidos persiten nas súas accións antimoderadas.O propio AURELIO FARALDO,segundo nos conta Murguía,dirixe en Madríd LA EUROPA,voceiro das ideas democráticas.
--A maioría dos mozos agrupados no Liceo de la Juventud participaron activamente no movemento progresista de 1854.Segundo A.Vicenti,"se convertiron en milicianos nacionales todos aquellos poetas"e esta vez para vencer,aínda que non por moito tempo.As maiores libertades do bienio 1854-56 provocaron,como xa vimos,un rebrote das publicacións progresistas-provincialistas e fixeron renacer nos galeguistas esperanzas e progreso e soños de libertade.Murguía proclamaba dende EL DEFENSOR DE GALICIA"La hora de la regeneración de Galicia ha sonado ya.¡No desmayemos en el camino;si el pasado ha sido de otros,el porvenir es nuestro!" E. Vicetto,nunha carta a Murguía de 5 de agosto do mesmo ano escribía,co seu estilo grandilocuente: "Del fuego santo de nuestras inspiraciones surjan las primeras chispas de la Galicia revolucionaria..de la Galicia libre.
---Pero a manifestación máis espectular neste sentido é probablemente o famoso Banquete de Conxo de 2 de marzo de 1856,acto puramente demócrata de confraternización entre estudantes desa tendencia e obreiros e artesáns composteláns,que algúns veñen incluíndo entre as grandes efemérides do galeguismo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-08-2018 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal