Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANTOLÍN FARALDO ASOREY (1823-1853)
Antolín Faraldo Asorey foi un dos pais do movemento provincialista galego da primeira metade do século XIX. Foi escritor e periodista galego,participou no levantamento de 1846,cando asumiu a secretaría da Xunta Superior do Reino de Galicia.Ao día de hoxe ainda se está na procura de traslado dos seus restos mortales de Granada ao seu pobo natal Betanzos.
--Na foto o castillo do Porto(Portugal)no exilio en maio de 1846 onde ficaron os exiliados procedentes de Galicia,logo do fracaso da Revolución galega de abríl de 1846.
--Vicente Risco foi o único dirixente das Irmandades que toma en serio a necesidade de estudar a herdanza ideolóxica do galeguismo para adaptala ós novos tempos e tamén para,combinándoa co que el aporta,harmonizar as súas contradicións nunha síntese superior.E así,tomará de Murguía o organicismo e o historicismo,pero non o liberalismo progresista de base;levará ó seu pleno desenvolvemento o concepto de Galicia que Murguía deixara nos lindeiros do auténtico nacionalismo;e algo despois,tomará de ALFREDO BRAÑAS o tradicionalismo corporativista,antiliberal e antiobreiro pero desvencellándoo totalmente daquela fidelidade,no fondo españolista,ó neocarlismo,que Risco ve con razón como o grande obstáculo que impedira a ALFREDO BRAÑAS asumir un verdadeiro galeguismo,como analiza lucidamente nun artigo:" ALFREDO BRAÑAS quédase á mitá do camiño,en contradición moitas veces coa súa propia doutriña.Por eso todo o moderno nacionalismo galego,deriva mais de ANTOLIN FARALDO ASOREY que de ALFREDO BRAÑAS.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 04-08-2018 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal