Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888-1976)
Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo,escritor e político,vinculado ideoloxicamente ao galeguismo conservador.
--Castelao pretende só xustificar o seu modelo de desenvolvemento agrario,equilibrado e igualitario,aducindo o que estima bo e conservable na tradición,sen que en realidade isto implique nel unha vinculación excluínte da definición nacional de Galicia cun tipo de estructura.
--Non é o caso dos tradicionalistas.Xa vimos a súa hostilidade ó capitalismo,á sociedade urbana,a todo o que implicase superación da vella Galicia.E vimos tamén os esforzos de Vicente Risco e OTERO PEDRAYO por introduciren a sociedade tradicional e o catolicismo integrista entre os elementos constitutivos da nación galega co fin de acoirazar conceptualmente a súa política de dereitas.Xa detectamos en Vicente Risco unha visión idílica,e radicalmente falsa,do campo galego en tempo presente coa única misión de definir a nación en clave excluintemente tradicionalista.RAMON OTERO PEDRAYO farao dun modo moito máis diáfano con palabras que parecen quitadas dun texto de ALFREDO BRAÑAS de medio século antes.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-08-2018 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal