Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VICENTE RISCO Y AGUERO(Estudioso de ALFREDO BRAÑAS)
Valonrasen negativamente as consecuencias para Galicia das loitas políticas e da acción do Estado decimonónico. Por outra banda,todos coinciden tamén en considerar que o alzamento de 1846 parteiro do galeguismo,era a consecuencia inevitable da existencia obxectiva da nación,que acorda como unha forza telúrica en canto as condicións son minimamente favorables.Para eles,os defensores do monte Medulio (contra os romanos),os irmandiños do século XV e os fusilados de Carral son elos dunha mesma cadea que xa ninguén poderá interromper.Polo mesmo,a partire de 1846,a historia do galeguismo e a historia da Galicia son esencialmente a mesma historia,o que non obsta para que,coa honrosa excepción de VICENTE RISCO Y AGUERO que polo menos se esforzou por estudar ben a MANUEL MURGUÍA e ALFREDO BRAÑAS,fagan gala dunha notoria ignorancia da obra dos seus predecesores.E nisto o primeiro posto corresponde sen dúbida a R. Villar Ponte,seguido moi de preto polo seu irmán Antón. O propio Daniel Castelao ignora en Sempre en Galiza o fundamental da contribución teórica de Murguía e,facéndose eco da actitude maioritaria nos anos vinte e trinta,atribúe todo o mérito nese eido a ALFREDO BRAÑAS, a quen presenta case como un progresista.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-08-2018 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal