Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VICENTE RISCO Y AGUERO (1884-1963)
Vicente Risco,foi escritor e político de ideoloxía galleguista e conservadora,membro da xeneración NÓS.
---As críticas ó sistema fiscal son tamén tan vellas como o galeguismo.Mais agora os nacionalistas quitan unha gama moito máis grande de consecuencias negativas ó relacionaren esta cuestión co sometemento nacional.Todos coinciden en que o Estado explota a Galicia vía impostos e que,ademais,o sistema de reparto do de consumos é,amén de inxusto factor,xunto coas contribucións,de miseria engadida para a maioría dos labregos,un dos máis rexos piares do edificio caciquil que,á súa vez,constitúe instrumento maior da dominación políticaa de Galicia. VICENTE RISCO Y AGUERO,logo de rexeitar por falso que o Estado gaste en Galicia máis do que recada,acusa ó sistema fiscal de "agobiante" e de arma caciquil de primer orden: se rebajan las cuotas a los amigos y se recargaban a los enemigos.E ó cabo:Galicia paga y se despuebla. Na mesma liña,ALEXANDRE BÓVEDA demostra con cifras a servidumbre tributaria de Galicia e a veracidade desta cita que fai de ALFREDO BRAÑAS: " Galicia é unha rexión explotada polo centralismo; Galicia é unha terra de bendición que con escasa industria ,ruins cultivos e pior comercio,suministra noustante máis diñeiro que o que se lle devolve.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-08-2018 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal