Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFONSO DANIEL MANUEL RODRÍGUEZ CASTELAO(1886-1950)
O AUTOGOBERNO DE GALICIA.
--O aspecto máis importante do proxecto político de calquera movemento nacionalista é obviamente o grao de autogoberno que se reclama para a nación propia e o tipo de articulación/separación respecto do Estado no que esa nación está incluida.Cando analizamos o referente de negación-oposición puidemos comprobar que o separatismo político era unha actitude case inexistente no galeguismo anterior a 1936,malia certos desafogos persoais e determinados amagos nalgúns artigos de prensa.Como era de esperar,isto leva á total inexistencia de propostas arredistas nos programas,agás nos dos pequenos grupos xa mencionados.Nisto o nacionalismo segue a pauta marcada na fase rexionalista por MANUEL MURGUÍA e ALFREDO BRAÑAS. E asi,Risco (1920) dirá :Que a arela non é separatista xa fica dito.As reivindicacións que nós añadimos ó programa meramente rexionalista dos nosos devanceiros,non atentan en nada a soberanía política do Estado español.E no peche desta época, Castelao remacharía no mesmo"Creemos que o separatismo é unha idea anacrónica.
--- Descartada a creación dun Estado galego totalmente soberano,como se pretende exercitar o dereito da nación galega a autogobernarse.A influencia do pensamento federalista sobre o galeguismo,actuante na fase rexionalista,ponse claramente de manifiesto dende os primeiros momentos da nova fase.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 02-08-2018 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal