Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LIBRO DE GALEUZCA
-O 24 de xullo chegaron a Pontevedra os vascos e cataláns.Houbo visita ó Concello,discursos na sede do PG,vermouth no Casino,xantar no Palace e excursión á illa da Toxa.E na xornada seguinte,día grande de Galiza e do nacionalismo,fíxose en Compostela unha procesión cívica,actos de homenaxe a ROSALIA e ALFREDO BRAÑAS no monumento da Alameda e no panteón de Bonaval,e o máis importante: a sinatura da acta fundacional de GALEUZCA,escrita en galego por ALEXANDRE BÓVEDA e que mantivo en secreto. Os asinantes foron o Partido Nacionalista Vasco (Manuel Irujo),Acció Catalana Republicana ( Pau Vila),Unió Democrática de Catalunya(Pich Salarich),Palestra (Batista i Roca),Partido Galeguista(Bóveda)e Ultreya(Álvaro das Casas).Unha semana despois sumáronse ó pacto en Bilbao Acción Nacionalista Vasca (Perea),Esquerra Republicana de Catalunya(Josep Riera)e Lliga Catalana(Estelrich).
--Deste modo,a diferenza do ocorrido coa Triple Alianza de 1923,o pacto abranguía a todas as organizacións nacionalistas importantes das tres nacións,pois só ficaron fóra dúas pequenas formacións independentistas catalás:o Partit Nacionalista Catalá e Nosaltres Sols.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-08-2018 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal