Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LIGA GALLEGA DA CORUÑA
Fotografía de Manuel Murguía.
- Na primavera de 1897 algúns integrantes da Cova Céltica deciden que cómpre saír da inoperancia.Convócase unha reunión para o día 30 de abríl.Como pode verse na relación de asistentes,hai unha continuidade básica respecto do núcleo da Cova. Non obstante,observamos algunhas novidades de interese.En primeiro lugar,non está MURGUÍA.Isto podería deberse a que fose el o remitente da convocatoria,pero non é así,porque tampouco figurará como asistente nas actas das reunións seguintes,nin será membro efectivo de ningún órgano directivo. Por primeira vez en catro décadas,Murguía non está na primeira liña.Dada a ausencia de discrepancias de fondo neste momento no galeguismo coruñés,temos que deducir que foi el quen,con 64 anos,decidiu retirarse ó papel de mentor en segundo plano e dedicarse case en exclusiva á erudición e ó labor cultural.Este é o indicio maior do relevo xeracional máis amplo que culmina neste momento no rexionalismo.Tampouco aparecen outros destacados da Cova Céltica como EDUARDO PONDAL ou ó párroco RAMÓN BERNÁRDEZ GONZÁLEZ.
--En cambio,consolídase o pequeno grupo dirixente forxado nos primeiros anos noventa(os Carré,Golpe,Salinas,Insúa) e incorpóranse outros novos que terán un gran protagonismo na primeira década do século XX e farán de ponte na transición ó nacionalismo:MANUEL LUGRÍS,os irmáns VAAMONDE,MANUEL BANET,etc.En todo caso,parece claro que as convulsións da Xunta de Defensa provocaron unha fonda renovación no rexionalismo da Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 28-07-2018 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal