Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JUAN VÁZQUEZ DE MELLA Y FANJUL(1861-1928) CONDE DE MONTERROSO
É notoria a importancia de ALFREDO BRAÑAS na historia do galeguismo,e mesmo na do conxunto dos rexionalismos da España da Restauración.
--Coincidindo coa mudanza do provincialismo en rexionalismo,e da irrupción do pensamento tradicionalista. É a figura maior deste feito foi,sen dúbida,Alfredo Brañas Menéndez(1859-1900) ó que secundan outros como Salvador Cabeza de León(1864-1934)ou Juan Barcia Caballero(1852-1926)
---Este rexionalismo tradicionalista,é o ingrediente novo do galeguismo.Trala prematura morte de Alfredo Brañas en 1900,o galeguismo tradicionalista eclípsase durante uns anos para rexurdir na época de Solidariedade(1907-1912) da man do neocarlismo de JUAN VÁZQUEZ DE MELLA E FANJUL(1861-1928)e recuperar todo o seu vigor en 1916-1918). A figura de Alfredo Brañas foise axigantando despois da súa morte ata o punto de que moitos nacionalistas posteriores,incluso os de actitudes esquerdistas incompatibles co ideario brañián,chegaron a consideralo o seu precursor máis importante,mesmo por riba de MANUEL MURGUÍA.
--Alfredo Brañas incorpórase ó rexionalismo procedente dos ambientes católicos máis conservadores de Santiago.Polo tanto,a súa ideoloxia configúrase como unha adaptación do catolicismo tradicionalista ó galeguismo,o que ademáis non lle impide evoluir politicamente cara ó neocarlismo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 09-07-2018 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal