Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IRMANDADES DA FALA -GRUPO NÓS
O 18 de maio do ano 1916,fúndase no local da Real Academia Galega a primeira IRMANDADE DA FALA,(con ANTÓN VILAR PONTE á cabeza)constituída por CARRÉ ALDAO,LUGRÍS FREIRE e FRANCISCO TETTAMANCY,entre outros rexionalistas,ca tarefa de extender o galego que foi levada a cabo pola xeneración dos homes que crearon as IRMANDADES DA FALA;que foi unha organización galega de ideoloxía nacionalista activa entre os anos 1916 e 1931,que desenrolou actividades políticas e culturais en Galiza.
Políticamente representou a superación do rexionalismo como ideoloxía reivindicativa, e adoptando o nacionalismo como a única via posible para o desenrolo da identidade de Galicia. E culturalmente asumiron por primeira ves o monolinguismo en gallego e iniciaron a normalización do mesmo. No ano 1916 uns cuantos homes de letras,reclamaron a necesidade de crear unha "LIGA DE AMIGOS DO IDIOMA GALEGO".

-- "GRUPO NÓS" é un conxunto de escritores e literatos galegos,coetáneos das Irmandades da Fala,chamado GRUPO NÓS polo título da revista que publicaron(NÓS),estaba composto o grupo entre outros por VICENTE RISCO,RAMÓN OTERO PEDRAYO,CASTELAO,ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ e FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS. En 1920 salía en Ourense o primeiro número da Revista NÓS(Boletín mensual cultural Galego)neste intre é a entrada da cultura galega na modernidade.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-07-2018 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal