Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ( OS XOGOS FRORÁIS TUY)
Dentro da línea de celebración de Xogos Froráis do século XIX(os primeiros foron os da Cruña,en 1861).
-- O día 24 de xunio de 1891 tiveron lugar os de Tuy,organizados pola " ASOCIACIÓN REGIONALISTA GALLEGA". Esta entidade,da que formaban parte entre outros MANUEL MURGUÍA,ALFREDO BRAÑAS,AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA e SALVADOR CABEZA DE LEÓN,decidíu que os ditos xogos tiveran carácter estrictamente galego e que se celebraran anualmente na localidade que fora designada por sorteo.Corresponderon os primeiros e únicos a TUY,e foi efectivamente ésta a primeira vez que unha festa deste tipo tivo carácter galego:o galego foi a lingua oficial dos xogos,en galego estaban escritos os poemas premiados e en galego se pronunciaron tódolos discursos:o do bispo LAGO GONZÁLEZ,o de MURGUÍA como presidente,o de CABEZA DE LEÓN como secretario e o de ALFREDO BRAÑAS como manteñedor.
Como se poderá comprobar,a produción en galego de Murguía e Alfredo Brañas é escasísima.Escribiron a cáseque totalidade da súa obra en castelán.E si ben non ignoraban a lingua do seu pobo que exaltaban e cuio uso literario promoveron,como escritores prescindiron dela prácticamente. A explicación de contradición semellante haberá que buscala no feito de que no século XIX o galego foi fundamentalmente unha lingua lírica,e as súas obras son científicas e didácticas.
--Alfredo Brañas eloxia os Xogos Froraes gallegos,chamados como noutros países,a fortalecer o caráuter popular,a facer revivir as antigas libertades,a conservar as costumes.etc
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-07-2018 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal