Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FREI MARTÍN SARMIENTO
--No tempo de Plinio aínda habitaban alí pobos celtas ou célticos e pobos distintos dos enxebres,e diferénciaos Plinio dos pobos daquelas terras e dos romanos que tamén habitaban alí.
De todo isto temos mostras nos nomes dos pobos deste país.Encontramos o arciprestado de Céltegos e outros nomes idénticos cos pobos dos antigos celtas en Francia.O nome de Bergantiños debe a súa orixe ós brigantinos que o ocuparon.
De todo o dito concluímos que houbo un tempo no que habitaban en Galicia diferentes nacións e que por tanto se falaban distintas linguas.Os antigos eran gregos e os celtas e cada un por un territorio.Pero os romanos aproveitáronse moito de Galicia e estiveron moitos anos é por iso que sucedeu o que pasou noutros lugares.
Como dominadores do territorio foron borrando as nacións que non eran romanas e desterrando as linguas que non eran latinas. Por outra parte,os suevos e os godos,que dominaron a Galicia,como eran bárbaros,non pensaron introducir a súa lingua e suprimir a romana,senón que se adaptaron a falala e escribila.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-07-2018 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal