Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FREI MARTÍN SARMIENTO
--Disto conclúo que as linguas que se falan e se escriben non conservan tan ben as súas primitivas raíces como as linguas que só se falan;e sendo puras raíces latinas as primitivas da lingua galega,non se debe extrañar que os galegos falen un idioma que parece latín,sería por tanto tempo perdido querer sinalarlle á lingua galega unha orixe máis antiga que a latina.Non se pode negar que antes de que a lingua latina se apoderase do territorio galego estes falarían distintas linguas. Antes de que os romanos se fixesen co territorio galego non se gobernaba o país por medio de monarcas ou reis.Estaba repartido entre diferentes pobos o poder e cada poboación gobernábase por si mesma,e non se sabe se en Galiza se utilizaba a escritura.
Deixando a parte os primeiros poboadores de Galicia que viñeron do Oriente,os fenicios e os cartaxineses,que sen dúbida aportaron moito hai que sacarlle dúas famosas nacións que viñeron a Galicia e se instalaron nela.Trátase dos gregos e dos celtas.Dos gregos non temos moitos restos exceptuando algún monte,río ou lugar.Dos celtas temos moitas noticias.Estes entraron por Cataluña e Aragón pasaron por Andalucía ata Portugal,e desde alí camiñando sempre ó norte entraron en Galicia e chegaron ata as Mariñas de Betanzos,asentáronse alí e nos arredores de Finisterra,e foron ata ó que hoxe se coñece co nome de Bergantiños e asentáronse alí.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-07-2018 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal