Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O TIO MARCOS DA PORTELA
Tanto Muguía como Lamas Carvajal teñen publicado abondosas páxinas sobre o xornalismo,o seu papel para Galicia e os profesionais que a tal menester se adican. As opinións de Murguía e Lamas non son,precisamente,coincidentes,senón ás veces todo o contrario.
Lamas Carvajal crea tamén en 1876 " O TIO MARCOS DA PORTELA",(na foto);folla periódica popular distribuida con éxito espectacular polas feiras,festas e romarias galegas,que o leva en 1888 á publicación de "O CATECISMO DO LABREGO",auténtico best-seller da literatura galega.
A morte do patriarca dos Brañas(Vicente-María)deixa a familia en dificultades,con Alfredo sen remata-la carreira,a súa viúva e catro irmás. Para remata-la carreira de Dereito,Alfredo Brañas recibe o apoio da Duquesa de Medina de las Torres,que era nai dun compañeiro de Facultade. Esas dificultades económicas da familia abrigan a Brañas a pensar de novo na emigración,pero esta vez cara a Madrid,a onde chega en 1880,"alí viuse obligado a baixarse ós oficios máis homildes;tres reás diarios gañou primeiro repartindo entregas.¡verdadeiramente asombra,como con tal miseria puido vivir,como o seu corpo,non afeito a privacións tales,perdeu a salú i a súa ialma o tempré.Logo empezou a publicar artigos no xornal "LA POLITICA"e logo entrou a formar parte da súa redacción.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-06-2018 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal