Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
--Os sublevados,antes de entregarse ó xeneral Manuel Concha Gutierre,despois da derrota de Cacheiras,refuxiáronse no Pazo Arcebispal ata que se entregaron. Uns foron fusilados en Carral e outros fuxiron a Portugal. Os Xogos Florais,de importancia decisiva para o rexurdimento literario e de influencia para o xornalismo polo material informatico e creativo que achegan,registran o seu máximo explendor na segunda metade do século XIX,aínda que en Cataluña a súa exaltación se reactiva a partir de 1859 a través de LA VIOLETA DE ORO,que promove a RENAIXENCA,na que escribiría Brañas a partir de finais da década dos 90.Este movemento cultural ten tamén moita trascendencia en Galicia.
Fracasada a experiencia militar e política do levantamento do 46,os pregaleguistas teñen que toma-la literatura e a prensa como plataforma de actuación. As ideas rexionalistas de Murguía e Brañas comenza a calar no espectro sociopolítico. Brañas publica en 1889 EL REGIONALISMO mentres Murguía e outros escritores contestan desde a prensa ós ataques que contra o rexionalismo,e mesmo contra o idioma galego,espallan autores como NUÑEZ DE ARCE,JUAN VALERA ou SÁNCHEZ MOGUEL.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-06-2018 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal