Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

REAL ACADEMIA GALEGA na CORUÑA
O seminario rexionalista A MONTEIRA,editado integramente en galego en Lugo,publicaba en agosto de 1890: ¿Non sería ben que os entusiastas da nosa lingua pensasen e determinasen entre eles unha ducia dos máis entendidos para formar así unha ACADEMIA DA LINGUA GALEGA ?.
A historía do noso primeiro xornalismo ó de heroes e pioneiros; comenza coa desaparición dalgúns xornais coa cadea do impresor Sebatián de Iguereta e Antonio Fandiño é condenado a traballos forzados no Canal de Castilla,onde morreu en 1831.
-Durante o reinado de Isabel II entrase na etapa conservadora que vai dende 1845 a 1854.A rebelión xorde en Galicia,en 1846,protagonizada polo levantamento militar encabezado dendo Lugo polo coronel MIGUEL SOLÍS e CUETOS,que remataría fusilado en Carral,tras ser vencido polo xeneral Concha na batalla de Cacheiras,despois de 24 días de sublevación.Unha revolta alentada por un pequeno grupo de intelectuais e universitarios,entre os que se atopaba Antolín Faraldo. A personalidade de Brañas para Xavier Castro,"está integrada dunha enorme carga de contradiccións e rodeada dun proceso persoal e literario difícil de interpretar.Aínda así,admitindo que estamos diante dun Brañas que por veces semella mudar noutros,que é un católico convencido á vez que intelectual e galeguista,núcleo dunhas teorías e dunha concepción chamada rexionalismo,debemos considera-la riqueza deste carballés,comprometido coa Terra,coma un dos alicerces máis representativos do que,co tempo,sería o movemento nacionalista.
Para Ramón Piñeiro,na vida e na obra de Brañas están presentes sempre dous ideais:o relixioso e o galeguista. Brañas foi animador do Ateneo León XIII e da Xuventude Católica,colaborou no Manicomio de Conxo e no Hospital de San Roque.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal