Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PAZO DE BENDAÑA na PRAZA DO TOURAL
Pazo de Bendaña,onde na antiguidade pertencia ao CÍRCULO MERCANTÍL OBREIRO,de Santiago de Compostela,onde en tempos de Alfredo Brañas estaba máis activo con cafetería sala de xogos e salón de baile,que se organizaba de vez en cando.Mandado construir polos marqueses de Bendaña a mediados do século XVIII, destacando na cornisa do edificio a figura de Hercules (Atlas).
Alfredo Brañas canso,xa seguramente dos esforzos de integración,dedícase con intensidade neses últimos cinco anos do século e da súa vida á docencia,á organización do Ateneo León XIII e do CÍRCULO CATÓLICO DE OBREROS(Edificio da foto)de Santiago,a impartir conferencias e a colaborar coa prensa de Cataluña e Madríd,onde recibe aprecio e boa acollida. Unida a prensa galega,non para facer política senon para defendela,os intereses da rexión,dende o pobo a os concellos e para iso nada mellor que a prensa e os periodistas encargados de recoller a opinión do pobo para trasmitila ao concello,calculamos nese tempo en corenta o número dos xornais rexionales.Non podemos esquecer a aparición do primeiro xornal galego EL CATÓN COMPOSTELANO(1800). A prensa xogou un papel importante no século XIX como plataforma de creación e propagación e afírmación da personalidade galega da nosa lingua e cultura. Se hai cen anos Alfredo Brañas albiscaba con clarividencia e esperanza o futuro da nosa terra,e entendia no século XIX a Prensa como un instrumento para a unión de tódolos galegos,hoxe en día proclamaría a urxente necesidade de estar e intervenir en INTERNET a través da nosa lingua e cultura para non quedar illados do proceso de globalización.Alfredo Brañas alzaría tamén agora,sen dúbida,a voz do galeguismo diante da globalización.
Quizais pola importantisima herdanza dos nosos devanceiros,de Brañas e Murguía,poidamos dicir hoxe que o galeguismo tamén ten futuro en Internet na globalización.Case 600 millóns de persoas no mundo enteiro falan o español e o portugués,frente a 630 millóns anglófonos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal