Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CAPITANIA XERÁL DA CORUÑA
A xunta de Defensa de Galicia creada en 1893 na Coruña para loitar contra a supresión da Capitanía Xeral ubicada nesta cidade dende 1480 esténdese e volta a ser unha oportunidade aglutinadora que cingue a tódolos rexionalistas,ocupados uns e outros en diversas formulacións teóricas.
Como se anticipara en 1889 a través da formulación de EL REGIONALISMO,en setembro de 1893 volta a propoñer inspirándose nas BASES DE MANRESA(1892) e coincidindo coa visita a Galicia do catalanista ALSINA,a celebración dunha asamblea para redactar unha Constitución Rexionalista Galega. Os intentos de creación dunha Academia Galega-idea lanzada por Pereira en el Regional en 1887 e reactivada por A MONTEIRA en 1890,motivan de novo á Xunta de Defensa,perosen resultados prácticos.
Cando a prensa carlista (EL PENSAMIENTO GALAICO DE SANTIAGO,EL ECO DE VIVEIRO, LA INTEGRIDAD DE TUI)se pronuncia a favor das Ligas,a condición de que se marxine ós liberais.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal