Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS (Actividade xornalísta)
A actividade xornalísta de Brañas é constante entre os anos 1880 a 1887 a súa dedicación é practicamente en exclusiva,e dende esa fecha a 1892 a súa dedicación é complementada coa formación e enseñanza na Universidade,e a partir de ese ano de 1892 ata fin dos seus días,proxectase no exterior fundamentalmente en Cataluña,onde acada gran sona e consideración tanto política como intélectualmente.
-Colaborou con ásiduidade en tres ducias de publicacións e hai localizados actualmente arredor de 100 artigos de prensa asinados co seu nome,sen contar aqueles que forman parte das súas obras publicadas en formato de libro.
--Alfredo Brañas dominaba con vocación e oficio as técnicas de comunicación escrito e oral-era un gran orador. Aporta para Galiza unha obra intelectual (EL REGIONALISMO,1889)de profundo calado político que os seus contemporáneos dentro e fóra de Galiza,especialmente en Cataluña,recibiron coa máxima consideración.
Nos rexionalistas as tres grandes preocupacións políticas coincidentes son as denuncias contra o centralismo,o caciquismo e o cunerismo. Las diferencias ideolóxicas de fondo de cada un dos tres grupos dese galeguismo da Restauración: os "tradicionalistas" católicos conservadores do compostelán Alfredo Brañas,moi próximos ó estamento relixioso e o "carlismo" reconvertido de Vázquez de Mella; os "liberais" continuadores do provincialismo aglutinados arredor de Murguía, e do círculo coruñés;e os de bandeira radicalista democrática e republicana(homes da masonería galega) e formulación federalista,que lideraba o lugués AURELIANO J. PEREIRA. O clericalismo dos primeiros e o anticlericalismo dos outros,máis moderado e suave nos segundos e radical nos terceiros,abondaba tamén para os receos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal