Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONDE DE CASA SEDANO
A labor xornalista de Alfredo Brañas foi breve porque o periódico desaparece a finais de febreiro de 1881,polas desavenencias xurdidas entre os propietarios do xornal.o Marqués de Villamantilla e o Conde de Casa Sedano,que nese intre era o director. Brañas regresa a Galiza,acompañado doutro compostelán co que se fixera amigo en Madrid,JUAN BARCIA CABALLERO,que o chama maís tarde para participar nos proxectos xornalisticos composteláns do Cardeal PAYÁ Y RICO,que rexía o Arcebispado dende o ano 1875.Payá y Rico foi o que promoveu as obras de excavación no interior da Catedral que propiciaron a aparición dos restos humanos que a bula do Papa León XIII de 1884 recoñecen como auténticos do Apóstolo Santiago o Maior e dos seus dous discípulos Atanasio e Teodoro,poñendo fín desde o catolicismo ás distintas atribucións historicas sobre eses enterramentos. O arcebispo,que ostentaba o privilexio de Capelán Real e bautizou ó novo Rei ALFONSO XIII.Así Brañas é chamado para integrarse na redacción dos xornaís EL PORVENIR e EL LIBREDÓN,onde chega a ostentar a dirección. Ámbolos xornais naceron e viviron ó amparo do Pazo episcopal e,polo tanto,para a defensa das ideas e das causas católicas dese tempo. A partir dese momento Brañas cásase ,cousa que sucede no ano 1885.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal