Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PEDRO ANTONIO DE ALARCÓN Y ARIZA (1833-1891)
BRAÑAS XORNALISTA,UN LABOR DESCOÑECIDO.

A faceta xornalística na vida e obra de Alfredo Brañas é a máis completa e extensa pero ó mesmo tempo a máis descoñecida e menos considerada,foi un gran xornalista de vocación e dedicación.
--A dispersión dalgunhas coleccións e a non conservación doutras moitas impídenos agora dispoñer das fontes suficientes para completa-la recuperación e reconstrucción dunha parte da súa producción intelectual cen anos despois do seu pasamento.
--O mercores 21 de febreiro de 1900 falecía ás once e media da mañá,na súa casa da Rùa Azabacheria,número 5,de Santiago de Compostela,ós 41 anos de idade recén estreados. Foi enterrado no cemiterio da NOSA SEÑORA DO ROSARIO e en 1905 os seus restos foron trasladados a un mausoleo custeado por subscripción popular en SAN DOMINGOS DE BONAVAL,onde repousan preto dos de Rosalía de Castro e doutros galegos ilustres.
--A súa primeira actividade xornalísta continuada comeza en Madrid en 1880 e principios de 1881,no xornal canovista "LA POLITICA" fundado en 1863 por PEDRO ANTONIO DE ALARCÓN.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal