Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CARDEAL PAYÁ Y RICO
O culto divino,desenvolvíase no medio de abusos que os bispos se atrevían a cortar por medo a reacción popular,e así,mesturábanse tradicións e costumes pagáns con ritos sagrados.
En materia canónica a situación era moito peor,os acontecementos políticos do século XIX que obligaron ao clero a comprometerse militarmente cos carlistas e os liberais durante o conflicto armado;ás tensións ideoloxicas;á supresión das órdes relixiosas;á desbandada dos exclaustrados etc.
--Durante a vida de Alfredo Brañas a Sé de Santiago estivo ocupada por catro prelados: GARCÍA CUESTA,PAYÁ Y RICO,GUISASOLA RODRÍGUEZ e MARTÍN HERRERA.Ningún deles era galego.
Miguel García Cuesta conseguiu de Isabel II o Mosteiro de San Martiño Pinario,que refixo e habilitou totalmente para seminario,tiña Brañas neses intres 14 anos,posiblemente foi García Cuesta o bispo que lle administrou a ALFREDO BRAÑAS O SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN.
Miguel Payá y Rico fundou o hospital de Conxo para enfermos mentais. Tras unha laboriosa exploración arqueoloxica conseguiu que se descubrira a furna cos restos do Apóstolo Santiago; En 1884 o Papa LEÓN XIII confirmaría a veracidade do dito achado e así Alfredo Brañas dedicaríalle a León XIII un artigo eloxioso na GACETA DE GALICIA(1897).Anteriormente Brañas dedicaríalle un eloxio fúnebre no seu artigo "EL CARDENAL PAYÁ HA MUERTO" tamen na GACETA DE GALICIA no ano 1891.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal