Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PAPA LEÓN XIII
A Santa Sé opúxose,dende o principio,á mencionada minitolerancia e así o secretario de Estado de Pio IX,non cesaba de manifestarlle ó embaixador de España . As relacións entre España e a Santa Sé estabilizáronse unha vez superada a crise do artigo de 1876,e polo demais,o pontificado de Pio IX concluía ó cabo de tres anos. A calma prevaleceu ó longo do novo pontificado de LEÓN XIII(1879-1903).
O pontificado de LEÓN XIII nas súas relacións con España estivo caracterizado,dende o seu abrente ata o seu ocaso,por unha intensa actividade persoal do Papa a prol da unidade do espiscopado,do clero e dos católicos.A actividade dos sacerdotes en lineas xerais era moi pobre. Descoidábanse a predicación e os sermóns,no canto de edificar,escandalizaban o pobo porque eran pezas oratorias carentes de sólida doutrina teolóxica,cargadas de contidos políticos e de adulacións inútiles e prexudiciais.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal