Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PAULINO PEDRET CASADO

Pouco despois o sobriño ÁNGEL GONZÁLEZ BRAÑAS puxo á miña disposición (Paulino) o cadro,para ambientar o salón de actos do Círculo Mercantíl Obreiro. Durante o resto do tempo,ata a exposición anual que se celebraba polas festas do Apóstolo no Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos,estivo na miña casa,ainda que non quixen acepta-la súa doazón;mais,unha vez levado á citada institución,pareceunos a ambos que o sitio máis axeitado para telo era aquela,polo que xa non se moveu de San Roque,pasando a formar parte da galería do centro.Sera reproducido na Gran Enciclopedia Gallega,e de aí pasou a ser moi coñecido (nomeado por moitos como o cadro viaxeiro).
Fenollera quedou incorporado ao arte galego,como tamén quedaron incorporados ao noso mobiliario esos muebles curvados,de fabricación valenciana,que arranxan a estancia de Brañas,artesania valenciana a da mecedora seguramente lendo EL LIBREDÓN,ainda que xa desaparecera moitos anos antes.En canto á data na que se fixo a obra,poder se cara ós anos noventa e algo,máis ben cara finais do século,porque o rostro parece indicalo. O pintor representa a Brañas no cadro nun momento da súa xornada normal,en etapa de vacacións,tendo en conta que se desenvolve nunha casa de Vilagarcía de Arousa,onde veraneaba o polígrafo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal