Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JOSÉ MARÍA FENOLLERA E IBAÑEZ
Retrato o óleo de Xosé María Fenollera.
É moi coñecido o retrato ó óleo que de Alfredo Brañas Menéndez fixo Xosé María Fenollera,un longo e largo cadro,un óleo sobre lenzo,apaisado,que medía seis centimetros máis do metro de alto e metro e medio de largo. O cadro non pasara do estudo familiar no que o tiña súa irmá;dou conta del,sen embargo PAULINO PEDRAT nunha das visitas que lle fixo a MAGDALENA BRAÑAS,a irmá máis nova de Alfredo,falou con ela baixo o cadro de Brañas,en Vilagarcia de Arousa.
A máis dun faloulle don Paulino do cadro de Brañas pintado por Fenollera,e ata tal punto que o 25 de decembro de 1958 recibía unha carta de DIONISIO GAMALLO FIERROS,dende Gijón,na que lle explicaba o seu desexo de dar unha conferencia sobre Brañas,de quen dicía ter suficiente documentación. Magdalena Brañas tiña unha reproducción fotográfica do retrato na súa casa frente a Banca de Olimpio Pérez en Santiago de Alfredo sentado na silla mecedora,en unha galería ou solana,ten moito da época e está ben entonado de color.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal