Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ROSALÍA DE CASTRO
Impacto de Rosalía na obra de Brañas.

-Hai mostras evidentes do cariño que profesaba Alfredo Brañas,pola obra da gran poeta de Galicia,varios dos seus poemas en galego están adicados á Rosalía que á chama "reiseñor dos eidos de Iria". No ano 1891 publica na PATRIA GALEGA,un poema chamado "A boa memoria de doña Rosalía de Castro de Murguía",no que,entre outras cousas di:
--" Dende qu.o pé d.os olivos
d.Adina enterrar che vin
eu non sey porque me lembro
d.a miña patria infelis..."
--Foi decisivo a intervención de Alfredo Brañas no traslado dos restos de Rosalía dende o cemiterio da Adina ó mausoleo de San Domingos,o 25 de maio de 1891,asinando na acta de inhumación dos restos,xunto con Ramiro Rueda,Xoaquín Díaz de Rábago e Salvador Cabeza de León.
---Na sua intervención pública no acto o 30 maio de 1899 na que se coloca a coroa enviada polos galegos residentes en Bos Aires,sobre o mausoleo da cantora. Brañas comenza un discurso no que lembra o que pronunciara o día 24 de xuño de 1891 en Tui: "Vay a facer axiña uns dez anos,pouco máis ou menos,que por ves primeira falei na lengua rexional,foy n.os Xogos Frorais de Tuy;e relembrome que nin o meu discurso nin todo canti ali se dixo e leeu,causou extrañeza nin dou motivo a menor queixa. Brañas era un magnifico recitador,e en varias ocasións recitou publicamente poemas de Rosalía de Castro. Cando empezou a escribir en galego,fidelidade que manterá ata os derradeiros días. Dicia Brañas que se repetía no século XIX "o mesmo fenómeno que nos primeiros tempos de Grecia e Roma:empezamos pola poesia.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal