Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BALDOMERO CORES TRASMONTE
Fotografía de Baldomero Cores Trasmonte,durante unha conferencia sobre a figura de VALLE-INCLÁN.
-- Non é posible dun xeito rigoroso asegurar cándo comenza Alfredo Brañas a escribir na lingua galega. O 24 de agosto de 1884,no celebrado no Teatro Principal da Coruña,foi premiado con cen exemplares impresos,polo seu poema O ABELLÓN,presentado baixo o lema de " ¡ PAZ OS MORTOS !". O 9 de agosto de 1886 recibe unha rosa de prata e ouro no Certamen Galego Literario coa citada A VISPORA DE SAN XUAN,poesia de costumes galegas,onde se relatan aspectos do Cambados da súa nenez. Poemas como AIRE GALEGO ,con música de Chaves, ¡ Como en Irlanda!,a súa máis coñecida composición, BRINDIS A MARUXIÑA,unha comenzada edición en galego de "LAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA DEL REI don ALFONSO el SABIO (en galego).
O 12 de xuño de 1887,no magno banquete en honor a Montero Rios,de unhas décimas en galego adicadas o hábil estadista compostelán.

¡ Con Dios queda e con el vai!...
Máis non esquezas os doores
da terra dos teus amores
onde descansa a sua nai.
Terra que xusticia fai
e fixo sempre a tua cencia,
terra que garda en presencia
a escola compostelana
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal