Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BALDOMERO CORES TRASMONTE
A reacción oficial ante os artigos de "EL CORREO ESPAÑOL" escritos por Alfredo Brañas.Dende as filas liberais,a reacción non se fixo esperar dende dous puntos de vista distintos. Dende a perspectiva oficial,o ministro de Fomento remitíulle ó rector da Universidade de Santiago un exemplar do artigo "LABOREMUS" anunciándolle,coa data do 2 de decembro de 1898,que se daba traslado del ó Fiscal do Tribunal Supremo:
Excmo Sr :
Recibe la Real Orden expedida por ese Ministerio con fecha 30 de noviembre último,remitiendo un ejemplar del periódico "EL CORREO ESPAÑOL",correspondiente al día 21,en el que se inserta un artículo dedicado a Don Carlos de Borbón,bajo el epígrafe "LABOREMUS" y firmado "Alfredo Brañas,Catedrático de Economía y Hacienda Pública de la Universidad Compostelana.
PERIODISMO DE BRAÑAS EN LINGUA GALEGA
--Brañas utilizou o galego e o castelán na súa expresión literaria. Numerosos poemas escritos en galego tiveron cabida nas páxinas dos periódicos do seu tempo,sobre todo en Santiago.Sen embargo,son moi poucos,por non dicir ningún,os artigos nos que fai uso do galego na súa prosa e,dun xeito especial,na súa lingua periodistica. Lembraba os casos de Grecia e Roma,que escomenzaron a súa andaina literaria pola poesía,antes de alcanzaren a plenitude literaria coa prosa.Alfredo Brañas afirmaba que si os rexionalistas afirmamos a integridade política nacional,claro está que debemos admitir como paralelos e complementarios os dous idiomas:o castelán e o galego. Sabía da existencia de prosa galega anterior á de Barcia Caballero,pois abondáballe a achega de Rosalía,a quen coñecia con todo detalle. E coñecia o periódico de Lamas Carvajal,escrito todo en galego,comenta referindose á prensa ourensá que alí naceu o primeiro periódico escrito en galego que se chamaba " O TIO MARCOS DA PORTELA ".
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal