Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XOÁN VÁZQUEZ DE MELLA Y FANJUL
As reformas administrativas defendidas por Alfredo Brañas nos seus traballos xerais e nos seus modelos articulados son:
1º Supresión de todas las provincias administrativas españolas,dos seus gobernos vivís e deputacións provinciais que son as Bases I e II da Organización do Reino de Galicia. Na división territorial de España debe existir unha "Provincia de Galicia",entre unha lista de provincias que son practicamente rexións españolas,en número de dezasete. Ao frente das dezasete provincias haberá outros tantos gobernadores e,en cada nova provincia rexional,unha deputación única,dividíndose a provincia(única)en concellos ou municipios superiores,"cuantas fuesen sus antiguas ciudades,comarcas u otras divisiones naturales e históricas de la región.
¿Por que publicou tan polémicos artigos Alfredo Brañas no Correo Español sabendo que non ía ser entendido desde a súa propia lóxica e,moito menos,no momento no que se producía?.O desastre colonial creara en moitos sectores antiliberais un desexo de cambio político,dominado polo que consideraba un xogo inútil do parlamentarismo,o seu amigo Xoán Vázquez de Mella viña insistindo nas responsabilidades pola catástrofe colonial,pola perda das colonias,ante a indiferencia e a impasibilidade dos politicos en quenda. O rexeneracionismo calara tamén fondamente e as súas ideas de cambio non rebordaban o sistema liberal establecido. No primeiro artigo de Brañas parece advertirse esta linguaxe,como cando fala de que"los regionalistas,compostelanos ven próxima la renovación política de España e amosan o seu desexo de "reconstruir a España sobre la base de la autonomia administrativa regional". Son modelos elaborados para unha hipotética gobernación do Estado descentralizado e antiparlamentario,como vía posible para substituí-lo daquela vixente Estado Liberal centralista e parlamentarista,acosado desde flancos moi diversos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-06-2018 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal