Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EMOTIVO ADEUS A BALDOMERO CORES EN CEE
Ofrenda floral dos seus paisanos de Cee no porto da villa no emotivo adeus a BALDOMERO CORES TRASMONTE.
Alfredo Brañas Menéndez tiña abertas a portas no " CORREO ESPAÑOL",por estar dirixido polo seu grande amigo JUÁN VÁZQUEZ DE MELLA,existiu sempre unha estreita amizade,o paladín carlista fixo publicamente gabanzas de Brañas,e moitas veces saíu dos seus labios no Parlamento o nome do noso polígrafo.Resalta a frase pronunciada na Coruña na velada en honor a Rosalía Castro,celebrado en setembro de 1916,na que dí Juán Vázquez:"En el transcurso de mi vida no sentí nunca emoción tan grande como la que me domina en este momento,en que viene a mi memoria la vida de estudiante en la universidad compostelana,donde luché a favor del regionalismo,siguiendo la acertada dirección de Alfredo Brañas,Murguía,Barcia y otros.Alfredo Brañas insitia en que o rexionalismo debía triunfar pola evolución.Asi o destacou moi claramente no "QUEREMOS" 15 do discurso académico,no que precisaba que o rexionalismo en España é asemade monárquico e poliárquico,e que tanto lle ten que sexa a dinastia reinante ou outra española a que acepte a súas conclusións,ou que faga unha república ou unha monarquía electiva,porque "el regionalismo no toca a la forma sino al fondo de la gobernación de los Estados".
Concretando que o poder central debe ter sempre as mesmas atribucións,chámase monarca,emperador,presidente,xefe do Estado ou quen o exerza.
O risco dos seus artigos publicados estaba en que,pola dedicatoria e pola mensaxe final que podía deducirse considerábase a Brañas como defensor do carlismo,por moito que tratase de se opor a esa adscrición.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-06-2018 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal